Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Paz. Mostrar todas las entradas

29/1/15

Día da Paz 30 de xaneiro 2015

O Día da Paz este ano será adicado a Malala, gañadora do premio Nobel da Paz en 2014 conxuntamente con Satyarthi. O alumnado de 1º ESO presentará unha breve biografía destas dúas personaxes. O alumnado de 2º ESO fará unha lectura dramatizada do discurso de Malala na ONU. Ademais teremos polos corredores do centro Paneis e Interpretacións en planos de cor do retrato de Malala.

28/1/14

Día da Paz 2014

Os Paraguas de Lamb pola Paz é un proxecto artístico mundial que implica a pintura e decoración de paraguas. Os participantes en este evento: alumnos, pais, artistas plásticos, etc, deseñaron artísticamente paraguas que representan os seus valores persoais de paz mundial, seguido dun desfile no barrio. Esta é unha manifestación do esforzo individual para levar paz ao redor do mundo onde vivimos. O paraguas é un símbolo de aceptación que inclúe a todos baixo a súa protección sen importar raza, idade, xénero ou cor. O simbolismo do paraguas é o seguinte: a tea representa a enerxía universal que conduce ás varillas que representan a forza de cada individuo. Cada varilla pode representar algo diferente para cada persoa como a familia, amigos, relixión, educación e máis. No IES Monte Carrasco pintar un paraguas foi unha experiencia que potenciou a expresión das nosas esperanzas e os nosos soños.

29/1/13

DÍA DA PAZ -XANEIRO 2013

27/1/12

Abrazamos a paz





25/1/11

SEMANA DA PAZ

Vía o Blog do IES Lagoa de Antela descubrimos estes interesantes videos: