Mostrando entradas con la etiqueta caderno de bitácora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta caderno de bitácora. Mostrar todas las entradas

2/5/10

Caderno de bitácora da excursión a Barcelona

Día 1:
O pasado venres 19 de marzo os alumnos de 4º da ESO saímos, xunto con Álex e Luis, cara Barcelona, cheos de ilusión e ganas de pasalo ben.
Cando chegamos o albergue, no Passeig de Gracia, quedamos abraiados: futbolín na sala común, cíber, habitacións con vistas xeniais… Desfixemos as maletas e saímos dar una volta.
Baixamos polas Ramblas, gozando da alegría que se respiraba aquel venres pola noite, e admirando a tódolos artistas que alí estaban. Chegamos ata o Maremagnum, onde ceamos e tivemos tempo libre. Logo, voltamos ó albergue.

Día 2:
Á mañá seguinte, despois de moi poucas horas de sono, saímos cara ó MNAC (Museo Nacional de Arte de Cataluña), no que tivemos una visita guiada, e ó rematar, fomos comer algo, e pola tarde visitamos a Sagrada Familia, na que algún subimos ata arriba, e logo tivemos algo de tempo libre.
Despois de cear voltamos ó albergue, onde continuamos divertíndonos.



Día 3:
Despois dunha noite algo máis tranquila, a mañá do domingo fomos visitar a Pedrera, que nos sorprendeu polo seu luxo, e despois de andar un pouco máis por Barcelona fomos comer. Ó rematar, voltamos ó albergue a cambiarnos para ir ó Bosc Urbá, un recinto de tirolinas, redes e demais no que o pasamos xenial. Despois regresamos ó albergue, onde ceamos e, despois de moitas partidas ó futbolín e risas, coma o resto dos días, fomos ás habitacións.



Día 4:
O luns pola mañá fomos ao cine Imax a ver unha película en 3D: Wild Ocean 3D, na que algún aproveitou para durmir un rato. Logo comemos polo Maremagnum, onde tivemos tempo libre.
Logo visitamos o zoo, no que vimos un espectáculo xenial de delfíns, e logo miramos algúns dos outros animais (tigres, leóns mariños, elefantes…)
Cando nos botaron de alí, como aínda era cedo e non había ninguén que nos alugase unha barca no lago do parque, fomos ata Monjuic en funicular e teleférico, e alí vimos o castelo por fóra, e tamén os preciosos arredores. Ó baixar perdémonos, e despois de andar durante un bo rato, collemos o bus e fomos ata as Ramblas. Despois de cear, fomos ata ó albergue a preparar a festa de aniversario de Brais, na que o pasamos xenial.



Día 5:
Pola mañá fomos ó Parc Güel, que a todos nos pareceu moi bonito, e no que o pasamos ben escoitando ós músicos e paseando.
Despois fomos comer ao importante restaurante Les 4 Gats, e despois algún fomos dar unha volta por Barcelona en bici, na que o pasamos xenial, e logo tivemos tempo de compras polo barrio gótico antes de ir ver o musical de “Hoy no me puedo levantar” que a todos nos encantou e que nos resultou moi entretido.
Cando rematou o musical fomos cear, e logo de volta ó albergue.




Día 6:

Como último día en Barcelona, pola mañá fomos ó Museo das Ciencias, no que pasamos un moi bo rato, e logo tivemos tempo libre para comer, dar unha volta e facer as últimas compras polas Ramblas.
Pola tarde fomos á pista de xeo do Camp Nou, no que houbo risas, caídas e moita diversión.
Despois fomos comprar uns bocadillos e cara ó Camp Nou, preparados para ver o partido Barça-Osasuna.
Despois fomos para ó albergue, con ganas de pasalo xenial a última noite.

Día 7:
Desgraciadamente, o día da volta chegou demasiado pronto, aínda que iso significase que pasáramos uns días xeniais que nunca esqueceremos.
Pola mañá fixemos as nosas maletas e abandonamos o albergue para colle-lo tren que nos levou ao aeroporto de Barcelona, onde deixamos atrás a cidade que tan bos momentos nos fixo vivir.



Iria Pin

27/4/09

Olha que blog Maneiro!

Os nosos amigos de Pequesreboreda (pequesreboreda.wordpress.com) e NUESTRO ENTORNO NOS IDENTIFICA (nuestroentornonosidentifica.blogspot.com) acaban de agasallarnos co premio “OLHA QUE BLOG MANEIRO!, que significa algo así como Mira que blog tan orixinal e creativo. Así que queremos darlle as grazas aos nosos compañeiros por pensar en nós para este premio. Fainos moita ilusión!!!

O premio ten unha serie de normas que hai que seguir:

1. Exhibir a imaxe do premio “Olha que blog Maneiro!”

2. Poñer o nome do blog que cho deu

3. Indicar os teus 10 blog

4. Avisar aos implicados

5. Publicar as regras.

6. Comprobar que os blogs indicados sigan as regras.

En breve, publicaremos os nosos blogs.

27/1/09

Nace "o faladoiro"


Estamos de noraboa no Carrasco. Xa naceu o club de lectura "O faladoiro" e, xunto con el, o blog homónimo para o club e a biblioteca do Carrasco. Pasádevos por...

19/1/09

Caderno de Bitácora: IES María Soliño

Capítulo 4:

Boas a todos e a todas, que como nos dixo a profe de lingua, e obrigatorio dicilo, xD

Xa facía un tempo que non había Caderno de Bitácora non?

Pois hoxe volveu nun novo ano, si no 2009.

Hoxe non vou facer un repaso da actualidade no Soliño, senón máis ben

o que me gustaría sería preguntarvos a todos os que vos pasarádes que foi

para vos o ano 2008 como alumnos do IES Monte Carrasco.

Para min foi a despedida dos mellores profesores e compañeiros que encontrei

polo de agora. Foi o ano no que finalicei a ESO ó fin, aínda que comecei co Bacharelato :S

Nese ano fixemos o viaxe de Fin de Curso, a Barna :D :D :D :D :D :D :D !!

En definitiva, e quitando as clases e os examnes, foi un gran ano ;)

Agora tócavos a vós alumnado do Carrasco (e que se digo alumnado non teño que decir

alumnado e alumanada?, xD )

Ata aquí este Caderno de Bitácora, todo isto e moito máis na próxima edición, que sabe dios

cando será :D

Saúdos!!!

30/10/08

Caderno de Bitácora: IES María Soliño

Capítulo 3

Outra semana aquí, contándovos (por certo, ai algúen ai??) como vai todo polo IES do lado.

Pois empezo porque hoxe, uns alumnos que van ir de excursión a Andorra prepararon no Ximnasio unha especie de "Tunel do Terror" e parece ser que foi moi divertido, aínda que eu non fun, jeje

Bueno, esta semana non pasaron moitas cousas por aquí, pero éche asi! Pois acabo de enterarme do da folga que espero que tamén se convoque no meu insti, e bueno, pois si que se bota de menos o Carrasco.

E por último dicir que parece que os profes do Carrasco non se pasaban dicindo que eramos un moi bo grupo xa que polo que nos contou a titora, aquí tamén estan moi contentos con nós, excepto unha persoa...tss!

Un saúdo e a seman que ven máis..e espero que millor porque se non... ;P



HéctoR!^^ =)

23/10/08

Caderno de Bitácora: IES María Soliño

Capítulo 2

Pois outra semana máis por aquí. Jajaja!

Que contar esta semana?

Pois que os do IES María Soliño imos ir de excursión tamén a London, jeje. A ver se con sorte con Rodeira! ^^

Pero naturalmente (e pra que o Álex non se pique) non será nin de cerca como a inesquecible e irrepetible excursión do ano pasado a Barcelona, a Cidade Condal, Barna, ou como queirades chamala. Fumos un grupo xenial, sen malo roios, cuns profes, todo ai que decilo, inmellorables. Por todo iso e moito máis o "Paso dos Cangheses" por Barna quedará sempre na nosa cabeza como un dos recordos máis bonitos. ^^

Bueno, deixando o tema excursións atrás tamén que gustaría que superades todos que onte o alumnos de Bacharelato fixemos unha folga co motivo do aumento das taxas para os Estudos Superiores.

Bueno, creo que xa chega por esta semana.

O xoves que ben, máis e mellor!

Un saúdo!

....do enviado especial no IES María Soliño (HéctoR!^^)

=)

22/10/08

caderno de bitácora: IES RODEIRA

Capítulo 2

Bueno.. estou aquí de novo, non hay moitas novidades a verdade, hoxe facemos folga asi que agradécense as horas de sono extra.. xD

Actualizo con un día de retraso porque onte olvideime :S

Bueno ao final a excursion a Londres pensase facer seguro, e o mais probable que sexa durante os carnavais, con sorte facemola conxunta co ies maría soliño : )
Despois haberá outra excursión que organizaremos pola nosa conta para a xente de clase, probablemnte a Madrid pero non é seguro.

Xa empezan os exámes, xa tardaban :S

Bueno non hay moito maís interesante que comentar asique xa vos contarei o próximoo martes.

Un besiño(K)

16/10/08

Caderno de Bitácora: IES Rodeira

Capítulo 1

Bueno eu son merii.. e tócame falar do Rodeira..

O instituto non está nada mal, moi boas instalacións bo programa e horarios etc, pero cando cheguei leveime unha desilusión ao saber que non se faría a excursión a Londres este ano, por algúns que o ano pasado fixeran das súas, pero convocaron mañá una reunión para os interesados no viaxe , asique o máis probable e que ao final se faga :) e tamén é posible que se poida a ir a Italia aida que non sabemos seguro que poda ir 1º de bacharelato, e ao igual que o ano pasado irase a León 3 días a facer diferentes deportes!
Polo demais tamén existe un equipo de normalización no que estou metida. : )

Bueno eu creo q para ser a primeira entrada.. chega non?

Bótase moito de menos o Carrasco.. a diferencia de profesorado é bestial. Espero poder achegarme algunha mañá por ahí ; )

bueno a partires de hoxe actualizarei os martes entón. Un besiñooo

Merii.

Caderno de Bitácora: IES María Soliño

Capítulo 1:

Bueno, vendo a actualización de Iris dinme de conta de que hoxe é xoves e do que iso significa. Pois a cousa está que fai uns día Álex propúxonos a min e a Merii facer unha especie de Caderno de Bitácora. Eu falarei sobre o que pasa no María Soliño e a rapasa está pois sobre Rodeira. Temos pensado que sexa algo semanal, eu faría entradas os xoves e ela os martes. A ver que pasa..

Bueno, pois non sei que podo contarvos no Soliño..

Por exemplo, que hoxe vin unha pancarta grande no tablón que dicía que se vai organizar unha excursion a Londres para os alumnos de Bacharelato. E escoitando no bus entereime que é probable que tamén se organice unha a Andorra.

Tamén comezaron xa unhas actividades que se fan nos recreos (fotolografía, danza, judo, parkour,...) e os torneos de fútbol e de balonmán.

Bueno, para ser a primeira vez eu creo que xa chega, a ver que nos conta Merii o martes que ben!

Un saúdo rapaces!!

HéctoR!^^