Mostrando entradas con la etiqueta cine. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cine. Mostrar todas las entradas

13/6/13

O vindeiro venres 14 de xuño ás 21 horas no Auditorio Municipal de Cangas terá lugar a estrea mundial da superprodución audiovisual: 

A LIGA DOS CHARNECOS EXTRAORDINARIOS 

  

Hollywood tembla coa competencia. 
Bollywood baila coas cancións.

12/4/12

"Vilamor":Soñabamos cun mundo mellor

Acabamos a 2ªavaliación co fabuloso recital poético de María Lado e Lucía Aldao, e hoxe comenzamos a 3ªavaliación coa presentación da película "Vilamor". Viñeron a visitarnos o director, Ignacio Vilar e os tres actores protagonistas: Sabela Arán, Rubén Riós e Xoel Yáñez. Estiveron encantadores, e acercáronnos un pouco máis ao mundo do cine. Esperamos que teñan moito éxito.
Hoxe estrénase a película ás 20h00 nos Cines Gran Vía en Vigo.



3/11/11

Simbad, no cine


Dende o pasado 28 de outubro pódese ver nas salas comerciais de toda Galiza a longametraxe Simbad, adaptación cinematográfica da obra de Álvaro Cunqueiro: Se o vello Simbad volvese ás illas.
A dirección e o guión da película son de Antón Dobao e entre os actores están Xosé Olveira Pico, Sara Casasnovas, Mariña Sampedro, Luís Castro Zahera e Antonio Duran Morris.



Para máis información, pinchade aquí

28/11/10

18 comidas.Unha película galega.

Un músico da rúa reencóntrase co amor da súa vida; un home cociña, cociña e cociña para a muller que nunca chega; unha cociñeira soña con ser cantante; unha moza quere, o que un home non dá, mentres un camareiro morre por ela; un macedonio está perdido por desamor en Santiago de Compostela; unha parella de anciáns que xa se dixo todo almorza, come e cea en silencio. Todas estas historias crúzanse ao longo dun día de ficción en 18 comidas, unha película de emocións servidas en torno a unha mesa, unha viaxe polos sentimentos na máis universal de todas as loitas: a de ser feliz.É un cruzamento constante de camiños ao longo de almorzos, comidas e ceas, cunha fronteira moi difusa entre a risa e o choro. Como a vida mesma.
Podes vela nos cines da Praza Elíptica de Vigo.

15/6/10

Estrea mundial "O Imperio contra Paca"

O vindeiro venres 18 de xuño, ás 19:30, estréanse no Auditorio de Cangas dúas superproducións audiovisuais do IES Monte Carrasco:

  • O documental, "Ronseis do salitre", sobre as mulleres da conserva e Massó, realizada no PRIN co alumnado de 1º da ESO polos profesores Rosa, Xaquín e Miguel.
  • A película "O Imperio contra Paca", realizado no Obradoiro de Iniciación ao Audiovisual co alumnado de 3º da ESO baixo a dirección de Miguel, coa colaboración de toda a comunidade educativa e Alféizar como colaboradores de excepción.

Aquí tedes o tráiler da película como aperitivo. Non faltedes!!!


12/5/10

La Ola (Die Welle)


Os alumnos de 4ºA viron hoxe a película alemana La Ola do director Dennis Gansel. Podedes ver a información da película na sú páxina oficial, en filmaffinity. A película está baseada en feitos reais e podedes atopar máis información e reflexións premendo aquí.





Agora toca reflexionar un pouco sobre a película, así que deixade os vosos comentarios. Para que vos inspiredes un pouco, deixo algunhas cuestións:

  • Que che pareceu máis interesante da película?
  • Sénteste identificado con algunha personaxe da película?
  • Comprendes por que algúns estudantes se unen a "A Ola"?
  • Que tiña de malo "A Ola"?
  • Tiña algunha cousa boa?
  • Cres que podería pasar algo parecido no mundo Occidental? E nalgún outro lugar do mundo?

19/6/09

Estrea "A última clase"



Hoxe pola tarde, ás 19:45, estréase no Auditorio de Cangas a película "A última clase" realizada polo alumnado de Obradoiro de Iniciación ao Audiovisual do IES Monte Carrasco, dirixida polo profesor Miguel Cameselle e coa participación e axuda de toda a comunidade educativa. Esperamos que vos guste. Como aperitivo, unhas fotos da rodaxe:

27/1/09

Nace "o faladoiro"


Estamos de noraboa no Carrasco. Xa naceu o club de lectura "O faladoiro" e, xunto con el, o blog homónimo para o club e a biblioteca do Carrasco. Pasádevos por...

21/9/08

El niño del pijama de rayas (Película)

O próximo día 26 de setembro será o estreno en cines dun dos filmes máis esperados do ano, "El niño del pijama de rayas". Está película baseada na novela de John Boyne co mesmo título, estará dirixida por Marck Herman e protagonizada por Asa Butterfield (Bruno) un rapaz de nove anos que sen darse de conta vese metido dentro de un dos conflitos bélicos máis importantes da Historia. Por non fastidiar a película a ninguén non vou contar nada acerca do libro, aínda que foi o elixido para traballar o curso pasado polo ENDL do IES. A película foi estrenada no "Festival de cine de San Sebastian" causando moi boas sensacións.

Con esta entrada inténtase revivir un pouco este blog quizáis demasiado abandoado

PD: Non me botades nin do blog ehh!

Un saúdo!

HéctoR!^^

6/5/08

I Concurso de fotografía matemática

Ola a todo o mundo. O Departamento de Matemáticas organiza o...


I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
IES MONTE CARRASCO


PARTICIPANTES
Podemos participar TODOS. Todos quere dicir alumnos, profesores, PAS, nais e pais, ex-alumnos (e se non estás entre os anteriores, pregunta). Agora ben, só resultarán premiadas as obras dos alumnos matriculados no centro este ano.

TEMA
O tema das fotografías ten que estar relacionado co mundo das matemáticas: xeometría (simetrías, figuras, etc.), análise (funcións, ecuacións, etc.), probabilidade, aritmética (números, operacións, etc.). Hai un montón de exemplos sen máis que poñer “fotografía matemática” en google.

PRESENTACIÓN
As fotografías entregaranse a calquera membro do departamento de Matemáticas (Uxío e Álex). As fotografías deberán ir montadas nunha cartolina tamaño DIN A4 (tamaño folio) coa seguinte distribución: na parte superior debe ir o título, na parte central a fotografía e, na parte inferior, un breve texto do autor (explicación, interpretación, idea, ...). Na parte posterior da fotografía deberá figurar o nome do autor e a súa relación coa comunidade educativa do IES Monte Carrasco. Ademais deberase entregar a fotografía (con título e texto) en formato dixital (vía memoria USB, CD, correo electrónico a alancoia@edu.xunta.es).
Poderanse presentar un máximo de dous traballos por participante.

PRAZO
O prazo de presentación finaliza o venres 23 de maio.

XURADO
Estará formado polo profesorado do Dpto. de Matemáticas e un profesor do Dpto. de Tecnoloxía e valorará a orixinalidade e idoneidade do título, a calidade plástica e técnica da imaxe, o seu contido matemático e a explicación dada.

PREMIOS
Haberá tres premios: 1º premio (50 €), 2º premio (20 €), premio especial do público (10 €). Os premios serán cambiables por: material fotográfico, electrónico, libros, música ou películas. O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios.

AUTORÍA DAS IMAXES
As fotografías deben ser orixinais e en ningún caso se aceptarán fotos descargadas de Internet, nin escaneadas de ningún tipo de medio gráfico. Comprobarase minuciosamente a autoría das fotos (especialmente das premiadas), esixindo aos gañadores que demostren a súa autoría. Si se permiten fotomontaxes e retoques a partir de orixinais.


Déixovos un cantos enlaces para que vos inspiredes (algunhas feitas por alumnos de secundaria coma vós):
http://www.sectormatematica.cl/fotos.htm
http://www.iescarrenomiranda.com/matematicas/matefoto/index.htm
http://catedu.es/matematicas_mundo/FOTOGRAFIAS/fotografia.htm
http://iesandza.educa.aragon.es/Foto%20Matematica.htm
http://www.uam.es/otros/hojavol/hoja8/concurso08.html

13/4/08

PRADOLONGO


- O outro día viñeron ao noso instituto nada menos que os tres actores protagonistas, Rubén Riós(Martiño), Tamara Canosa (Raquel), Roberto Porto (Armando) e o director, Igancio Vila, da película de Pradolongo.

Fixeron unha parada na súa xira promocional da película que practicamente chega ata a porta da túa casa para que Pradolongo, feita con baixo presuposto, saia adiante coma calquera outra superprodución.

Con isto queren dar a coñecer que en Galicia tamén hai cine, e que aínda que sexan pequenas cousas, están aí, e non se valoran todo o que debían.Tentan tamén, que todo o mundo coñeza a Galicia rural, a nosa cultura, as nosas festas, a forma de vida, as relación ente nós. Dentro dese ámbito matizanna amizade dos tres protagonistas, como pasan o verán dos 18 anos sabendo que poida que se separen e todos os problemas que traerá o triángulo amoroso no que se venenvoltos os Martiño, Raquel e Armando.





Aquí vos deixamos as dúas páxinas web onde podedes atopar información sobre a película, sobre os personaxes e se queredes estar en contacto con elesdeixádelles algunha que outra mensaxe !

http://www.meupradolongo.com

http://www.pradolongo.net

Animádevos a pisar o cine anque sexa unha vez, para ver na gran pantalla, un cachiño da nosa terra !






Iris Rocamonde

Nieves Rey

Berta Fernández



9/3/08

Bande annonce:"Astérix aux jeux Olympiques"

Ce film fait partie de la Saga Astérix et Obélix. Il est sorti ce mois de janvier en France, vous avez la possibilité de le voir dans les cinémas. Il y a une grande quantité d'acteurs connus: Gérard Depardieu,Alain Delon, Michael Schumacher, Santiago Segura. C'est un film réalisé par Thomas Langmann et Frédéric Forestier.




Pérsépolis: Marjane Satrapi

Persépolis est une série de bande dessinée à caractère autobiographique et historique réalisée en noir et blanc par Marjane Satrapi (dessin et scénario). La série relate la vie de l’auteur, de son enfance en Iran à son entrée dans la vie adulte. Récit de l’évolution de l’Iran vue par les yeux d’une petite fille, Persépolis constitue un témoignage du quotidien de la période que connaît le pays lors de la Révolution iranienne en 1979-1980. Elle apporte un éclairage différent des récits historiques, éclairage dans lequel les événements sont vus de l’intérieur et vécus plutôt que rapportés.

En 2007, la série a été adaptée en un long métrage d’animation réalisé par Vincent Paronnaud et Marjane Satrapi qui obtient le prix du jury au Festival de Cannes 2007.



28/1/08

Full Metal Jacket (A Chaqueta Metálica)

Hoxe os de 3ºB traghámonos a infame película “Full Metal Jacket” (“A Chaqueta Metálica) do sobrevalorado director Stanley Kubrick. Así desidiu conmemorar o titor o día da Pas: paradoxal faselo cunha película bélica, na que a violensia non é pouca. En fin, que se lle vai faser. A entrada vai para dar algho máis de informasión da película “Full Metal Jacket”, do seu director Stanley Kubrick e alghunhas curiosidades. E tamén me ghustaría moito que quen a vira deixara aquí os seus comentarios, impresións, reflexións... Ai vai a miña.


“Born to kill” (“Nacido para matar”) resa o casco no cartel da película “A Chaqueta Metálica”. Quisais debería disir “Educated to kill” (“Educado para matar”). Está claro (creo eu) que as maiores vítimas da gherra son os sivís, tanto os mortos (tamén coñesidos polo eufemismo de “danos colaterais”) como os vivos que sofren o medo, as inclemensias, o desarraigho e o baleiro que queda cando os exércitos marchan (se é que o fan). Pero a veses as vítimas tamén están dentro dos exércitos, persoas enviadas a matar (imaxinade o que lle pode faser iso a unha alma humana) e a morrer (hai cousas moito peores) nunca se sabe ben porqué. E cando se sabe acostuma ser un absurdo, unha loucura, un capricho. Os responsables sempre miran dende fóra, dende arriba, sen dor, sen remordemento, sen alma nin corasón. Non ven que mandan aos seus ighais a matar aos seus ighais por algho que non é nada a carón dunha vida. Non ven cos ollos dos soldados que matan nin ven cos ollos dos fillos que morren. QUE INXUSTO!



Hoxe os de 3ºB tragámonos a infame película “Full Metal Jacket” (“A Chaqueta Metálica) do sobrevalorado director Stanley Kubrick. Así decidiu conmemorar o titor o día da Paz: paradoxal facelo cunha película bélica, na que a violencia non é pouca. En fin, que se lle vai facer. A entrada vai para dar algo máis de información da película “Full Metal Jacket”, do seu director Stanley Kubrick e algunhas curiosidades. E tamén me gustaría moito que quen a vira deixara aquí os seus comentarios, impresións, reflexións... Ai vai a miña.

“Born to kill” (“Nacido para matar”) reza o casco no cartel da película “A Chaqueta Metálica”. Quizais debería dicir “Educated to kill” (“Educado para matar”). Está claro (creo eu) que as maiores vítimas da guerra son os civís, tanto os mortos (tamén coñecidos polo eufemismo de “danos colaterais”) como os vivos que sofren o medo, as inclemencias, o desarraigo e o baleiro que queda cando os exércitos marchan. Pero a veces as vítimas tamén están dentro dos exércitos, persoas enviadas a matar (imaxinade o que lle pode facer iso a unha alma humana) e a morrer (hai cousas moito peores) nunca se sabe ben porqué. E cando se sabe acostuma ser un absurdo, unha loucura, un capricho. Os responsables sempre miran dende fóra, dende arriba, sen dor, sen remordemento, sen alma nin corazón. Non ven que mandan aos seus iguais a matar aos seus iguais por algo que non é naa a carón dunha vida. Non ven cos ollos dos soldados que matan nin ven cos ollos dos fillos que morren. QUE INXUSTO!

4/1/08

Bloody Sunday

Feliz ano a todo o mundo. Estaba agardando pola primeira entrada do ano no noso blog (confiaba en Pilar ou Adriana, por que será? :-P), pero está visto que aínda dura o empacho de marisco e a emoción de que traerán os reis magos. Eu empachado estou, pero o espírito consumista escapoume hai tempo, así que aí vai un video musical moi especial (creo que aínda non puxera ningún).

Non é que U2 sexa o meu grupo favorito nin moito menos (aínda que en concerto son impresionantes). É o que representa esta canción, a historia do que aconteceu o 30 de xaneiro de 1972 "Bloody Sunday" (Domingo Sanguento) en Derry, Irlanda, cando o exército inglés asasinou a 14 persoas (6 delas menores) durante unha manifestación pacifista en prol dos Dereito Civís. Eu coñecín a historia gracias á película homónima "Bloody Sunday" dirixida por Paul Greengrass (e chorei escoitando a canción de U2 ao final da peli). E estremecinme cando, tempo despois, visitei en Derry o lugar onde aconteceran os feitos.

En fin, o video mestura un directo da canción con imaxes da peli. Que vos preste!


Felis ano a todo o mundo. Estaba aghardando pola primeira entrada do ano no noso blogh (confiaba en Pilar ou Adriana, por que será? :-P), pero está visto que aínda dura o empacho de marisco e a emosión de que traerán os reis maghos. Eu empachado estou, pero o espírito consumista escapoume hai tempo, así que aí vai un video musical moi espesial (creo que aínda non puxera ninghún).


Non é que U2 sexa o meu ghrupo favorito nin moito menos (aínda que en conserto son impresionantes). É o que representa esta cansión, a historia do que aconteseu o 30 de xaneiro de 1972 "Bloody Sunday" (Domingo Sanguento) en Derry, Irlanda, cando o exército inghlés asasinou a 14 persoas (6 delas menores) durante unha manifestasión pasifista en prol dos Dereito Sivís. Eu coñesín a historia ghrasias á película homónima "Bloody Sunday" dirixida por Paul Greengrass (e chorei escoitando a cansión de U2 ao final da peli). E estremesinme cando, tempo despois, visitín en Derry o lughar onde aconteseran os feitos.

En fin, o video mestura un directo da cansión con imaxes da peli. Que vos preste!


22/11/07

Fernando Fernán Gómez, por sempre

De seguro para a maioría dos lectores deste blog o nome de Fernando Fernán Gómez non signifique demasiado, e a min enfádame, enfádame moito que co comportamento dos medios de comunicación sigan sen coñecer demasiado deste actor, director, escritor... recentemente falecido. Indígname que morra unha folclórica ou se separe unha infanta e aquí non se poida ver outra cousa na tele a todas as horas e morra Fernán Gómez e aquí non pasemos duns minutiños nos informativos. Está visto que a cultura non se leva, que pensar non se leva.
En todo caso, para os que non o saibades, Fernando Fernán Gómez, entre outras moitísimas cousas, protagonizou o filme La lengua de las mariposas, versión cinematográfica do libro galego A lingua das bolboretas de Manuel Rivas. Aquí vos queda un anaquiño do filme.