Culturgal 2013 from luz jares on Vimeo.
3/12/13
Culturgal 2013
O venres 29 de novembro o alumnado que forma parte do grupo do EDLG e mais o alumnado de 3º de ESO fomos ao Culturgal, a feira das industrias culturais de Galicia.
O alumnado de primeiro e segundo de ESO asistiu a un obradoiro de expresión escrita e mais a un faladoiro co escritor Marcos Calveiro sobre a súa novela: Todos somos, publicada pola Editorial Xerais.
O alumnado de terceiro de ESO asistiu a dous faladoiros literarios: un a cargo de Sabela González sobre o libro Bágoa de Lúa, primeiro volume da triloxía As crónicas de Landereina, publicado por Galaxia, e o outro a cargo de Manuel Lourenzo González sobre o libro Flor de Area, publicado por Xerais.
O alumnado agasallou aos autores con senllos traballos nos que ilustraron cada un dos libros e expresaron a súa opinión persoal.
Visitaron a feira durante unha hora e puideron ver toda a produción audiovisual, literaria, gráfica, musical, etc, que se está a realizar en Galicia e en galego.
Culturgal 2013 from luz jares on Vimeo.
Seccións:
Culturgal 2013
25/11/13
23/11/13
14/11/13
Sés: Tempestades de sal
Preparando o 25 de novembro: día contra a violencia de xénero.
Seccións:
Música: contra a violencia de xénero.
12/11/13
28/10/13
23/10/13
13/10/13
Xa estamos de volta........
Xa empezou o curso é a verdadeque este ano retrasámonos, pero non é porque vos olvidamos, nin que imos deixar de pór cousas no blog, senon que nos estamos reunindo para organizar as actividades, temos moitas.E hai sorpresas. Para empezar ben aí vos deixo un vídeo das pinturas de Leandro Lamas e música de Gaudi Gallego e Guillerme Fernández. Espero que vos guste.
Seccións:
Empeza o curso 2013-2014
26/6/13
13/6/13
O vindeiro venres 14 de xuño ás 21 horas no Auditorio Municipal de Cangas terá lugar a estrea mundial da superprodución audiovisual:
A LIGA DOS CHARNECOS EXTRAORDINARIOS
Hollywood tembla coa competencia.
Bollywood baila coas cancións.
Seccións:
audiovisual,
cine,
peli,
peli audiovisual
27/5/13
17/5/13
Día das Letras Galegas 2013

Seccións:
Letras galegas 2013
3/4/13
24/3/13
20/3/13
15/3/13
3/3/13
16/2/13
6/2/13
29/1/13
21/1/13
13/1/13
De volta
Xa estamos de volta. Estamos a preparar moitas actividades para este segundo trimestre.
En colaboración coa biblioteca, o departamento de debuxo e o de actividades complementarias conmeraremos o día da Paz, o entroido, o 14 de febreiro, o día internacional da mulller, a semana da prensa.
Espero que esteades atentos.
Este fin de semana tivo lugar a Décima Edición de Cantos Namaré onde actuaron Chico César(Brasil), Cheny Wa Gune (Mozambique), Rui Veloso(Portugal), Sés e Uxía (Galicia).
Foi unha festa da palabra e da lingua.
Seccións:
Música: Cantos Na Maré
Suscribirse a:
Entradas (Atom)