Mostrando entradas con la etiqueta lingua. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lingua. Mostrar todas las entradas

21/3/12

Un vídeo moi interesante










Moitas grazas Rosa!

15/2/12

O amor està na lingua

Un traballo excelente do IES As Barxas de Moaña.

Ámote from Seso Durán on Vimeo.


Grazas Rosa .

7/10/09

Comeza a camiñar o ENDL

O ENDL comeza o seu camiño convocando a todos alumnos a participar nel. Todo aquel que queira participar ao longo do curso na revista, no blog, no taller de teatro ou en calquera outra actividade deberá asistir á reunión infomativa que terá lugar no salón de actos o xoves 8 de outubro no 1º recreo.

XOVES 8 DE OUTUBRO

1º recreo

.
REUNIÓN ALUMNADO

do ENDL

(revista, blog, teatro e moito máis)

.
ANIMÉMONOS A PARTICIPAR!!!

17/10/08

www.chamateconxeito.com

Aturuxo para a Área de Normalización da Universidade de Vigo por esta nova ferramenta sinxela, útil e asemade divertida, non deixedes de xogar co simulador de nomes e apelidos.

5/5/08

Dicionario Visual Galego

Boas noticias, atopei dun buscador de fotografías do Flickr directamente con licenza compartida. Trátase dunha páxina creada por un particular, Peter Shanks, e vai moi ben. Chámase flickrCC, aquí vos deixo unha captura de pantalla.
Con todo, non estaría de máis lembrar que o principal obxectivo é crear propias entradas, ben sexa con fotografías propias ou con outras obras creativas feitas por vós.

18/2/08

Contos populares galegos



Título da exposición
Para este 2º trimestre, imos traballar os "contos populares galegos", a partires da obra de Maruxa Barrio e Henrique Harguindey, "Antoloxía do Conto Popular Galego" (Ed. Galaxia).

A partires do 11 de febreiro, poderedes atopar unha selección de contos desta obra polos corredores do instituto.

Estes mesmos contos, atoparédelos na páxina web do instituto, na sección biblioteca.

Propoñémosvos un "xogo de pistas". Darémosvos as preguntas e adiviñas para que as atopedes nos contos expostos.

O cuestionario podedes recollelo na biblioteca ou pedirllo a algún titor/a; entregarédelo na biblioteca nos recreos ou aos titores, antes do luns 10 de marzo.

Todo aquel que participe recibirá un Diploma Lector.

Antes das vacacións de Semana Santa, teremos unha charla-coloquio cos autores do libro: Maruxa e Henrique.



26/12/07

Imos contar un conto

Aí vos estamos tratando de darlle un pouco de vidilla á biblioteca do insti e tentado que a xente lea (enténdase por xente membros da comunidade escolar nun amplo senso, non só alumnado). Así que a alguén se lle ocorriu traballar este ano cos contos e repartir agasallos a quen participe (vedes, os agasallos si que son só para o alumnado, que inxusto!).

Como xa veriades no insti, esta andaina comeza con "Simbad o mariño", un dos moitos contos incluídos en "As mil e unha noites".

Aí vos deixo toda a información para que vos animedes a participar. Un saúdo de A Gaivota do Monte Carrasco.



OS CONTOS

Durante este curso, para dinamizar a biblioteca, queremos darvos a coñecer distintas obras literarias.

En concreto, imos traballar o xénero do “conto”.

Para fomentar a vosa participación, prometemos agasallos para todos os colaboradores nas actividades que vos propoñamos ao longo do curso:
  • Por cada actividade na que participedes, entregarásevos un Diploma Lector.
  • As actividades poden ser as que se propoñan desde a biblioteca ou desde calquera materia.
  • Ao final do curso, recibiredes un agasallo en función do número de diplomas.

CANTOS MÁIS DIPLOMAS MELLOR!




SIMBAD O MARIÑO


Para este 1º trimestre, queremos presentarvos un conto da literatura universal: “Simbad o Mariño”. Un conto que forma parte da obra anónima “As mil e unha noites”.


Podedes ver diversos exemplares do conto e da obra completa na exposición que estará do 17 ao 21 de decembro na entrada do centro.


O día 21, podedes solicitar un exemplar na biblioteca para ler durante o Nadal.


Tamén o podedes descargar na páxina web do centro:

http://centros.edu.xunta.es/iesmontecarrasco

na sección biblioteca.


Propoñémosvos tamén as seguintes actividades que vos puntuarán para o voso Diploma Lector:

  • Ler o conto de “Simbad o Mariño” e entregar un resumo / valoración crítica, á volta do Nadal.
  • Recoller lendas / historias relacionadas co mar, da vosa zona e dos vosos achegados (pais, avós, veciños,...)


Podedes entregalo en formato papel nos recreos na biblioteca ou a través do blog “A Gaivota” (
http://aghaivota.blogspot.com) , sección “Imos contar un conto”.

22/12/07

Felicita o nadal en galego

Envía este nadal postais en galego, sen pagar un euro, dunha forma ecolóxica e ademais son animadas con movemento e música. Desde AQUÍ envía as postais do teu nadal en galego.

27/11/07

Grupos consonánticos CC e CT

Os grupos cultos CC e CT simplifican en galego eliminando o primeiro elemento despois de i (ditado) e u (estrutura).

Pero hai unhas excepcións que son as seguintes:

MANTEÑEN ICC
adicción (dependencia) – convicción – dicción – drogadicción – evicción – ficción – fricción – friccionar - indicción - micción

MANTEÑEN UCC
liposucción – succión - succionar

MANTEÑEN ICT
adicto – adicta – amicto – anfictión – anfictionia – apodíctica – apodíctico – convicto – convicta – deíctico – deíctica – dicterio – drogadicto – drogadicta – edicto – ficticio – ficticia – flictena – ictericia – ictérico – ictérica - ictio- (prefixo grego 'peixe') – ictiocola – ictiófago – ictiófaga – ictiol – ictiólogo – ictióloga – ictioloxía – ictiolóxico – ictiolóxica – ictiosauro – ictiose – ictus – invicto – invicta – lictor – nictalope – nictalopía – nictaxináceas – nictitación – nictitante – nicturia – pictografía – pictográfico – pictográfica – pictograma – pictórico – pictórica – ricto - stricto sensu – tictac – veredicto – vindicta

MANTEÑEN UCT
dúctil – ductilidade – ducto – eructar – eructo – suctorios

18/11/07

Ferramentas

Como son un desastre e aínda non teño a listaxe con todos os enderezos (isto vai polos de terceiro), póñovos aquí os recursos lingüísticos dos que vos falara na clase.
Espero que lle sexan útiles a todo o mundo.

VOLGA – Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega da Real Academia Galega. Non é un dicionario, isto é, non trae definicións das palabras. Base de datos de busca de palabras, ollo, cando unha palabra aparece en vermello é que é incorrecta. Se non atopa a palabra probablemente tamén será incorrecta.

DICIONARIO DA RAG – Dicionario da Real Academia Galega. Trae as definicións das palabras, presenta un inconveniente bastante grave, non está actualizado á reforma ortográfica de 2003, pero para todo o demais vale igual.

CORRECTORES – Páxina do portal da Consellería con diferentes correctores que se poden descargar.

DICIONARIOS EN LIÑA – Artigo sobre dicionarios na rede de El Correo Gallego, ten enlaces bastante útiles.

PAQUETE DE INTERFACE EN GALEGO PARA OFFICE 2003

11/11/07

Krt m8

Hoxe lin isto de María Yáñez en Lingua de @mor:

"A verdade é que me fai moita graza: mentres nalgúns (poucos pero moi concorridos) sitios de internet a xente non fai máis que discutir sobre se é mellor usar a normativa oficial ou a reintegrada co portugués, no outro lado da galaxia interneteira, pero moito máis preto do que pensan, hai unha lexión de galegos nacidos nos 90 reinventando a maneira de escribir o noso idioma. Pódense ver en centos de fotologs e myspaces, e choutar dun a outro sen enterarse da misa á metade, que é do que se trata. Non podo evitar sentirme unha anciá cando intento descifrar oracións como as que seguen.

“eu ps xip!e ox encma ver a tnya aish xa fcia tmp k nn te via(dnd a fstuki d mmnta) e xa tiña gniñas!!”
“bkñs pa tos!!krvs m88!”

“wNoO Q aSiaS & Q oSqUerO a td0sS!!*”

“ps na o iwal k ye dixn a pi, k m alegr d k o psarads bn! o sbdo xa vos vin a ti e a sheila kndo viñsteis sludr k si k o tbais psndo bn jij e o dmngo k vos tokou andr kas rifas, peo s slo foi ata as 2 kdouvos noite e noite!! jj”

“bsuks wp”

Estes exemplos foron escritos hoxe mesmo por rapazas da miña aldea, que está na Terra Chá de Lugo, e que andan polos 16 anos. Pode que un 30 por cento da súa clase teña un fotolog, e esa porcentaxe repítese en maior ou menor medida en moitos máis institutos do rural, como tiven ocasión de comprobar nun par de visitas recentes a estes centros. Para que logo digan que non se escribe en galego, ou que a escrita pública en galego está reducida a uns cantos autores. Ou que só escriben en galego os profesores de instituto. Diso nada. Son os alumnos de instituto os que máis están a facer pola lingua ultimamente: usala, usala e usala, ata estragala, darlle a volta, quitarlle as vogais abertas ou pechadas. Sentila como algo útil para expresar calquera inquedanza da súa cabeciña adolescente. Non podo ver máis que futuro e esperanza cada vez que leo por aí un

“krt m8”.

A lingua galega morreu. Viva a lingua galega."

A verdade é que me intriga saber que pensades sobre o tema, ou simplemente saber se non pensades nada.