29/2/08

Musique française

N'oublions pas que samedi 8 mars est "la journée internationale des femmes". Je vous laisse cette phrase pour que vous y réfléchissiez:

"Ne doutez jamais qu’un petit nombre de citoyens volontaires et réfléchis peut changer le monde ; en fait, cela se passe toujours ainsi."
Margaret Mead .


Rose- La liste


Paroles La liste

Aller à un concert
Repeindre ma chambre en vert
Boire de la vodka
Aller chez Ikea
Mettre un décolleté
Louer un meublé
Et puis tout massacrer
Pleurer pour un rien
Acheter un chien
Faire semblant d'avoir mal
Et mettre les voiles
Fumer beaucoup trop
Prendre le métro
Et te prendre en photo
Jeter tout par les fenêtres
T'aimer de tout mon être
Je ne suis bonne qu'à ça
Est ce que ça te déçoit ?
J'ai rien trouvé de mieux à faire
Et ça peut paraître bien ordinaire
Et c'est la liste des choses que je veux faire avec toi

Te faire mourir de rire
Aspirer tes soupirs
M'enfermer tout le jour
Ecrire des mots d'amour
Boire mon café noir
Me lever en retard
Pleurer sur un trottoir
Me serrer sur ton coeur
Pardonner tes erreurs
Jouer de la guitare
Danser sur un comptoir
Remplir un caddie
Avoir une petite fille
Et passer mon permis
Jeter tout par les fenêtres
T'aimer de tout mon être
Je ne suis bonne qu'à ça
Est ce que ça te déçoit ?
J'ai rien trouvé de mieux à faire
Et ça peut paraître bien ordinaire
Et c'est la liste des choses que je veux faire avec toi

ha ha
ha ya
ha ya
ha ha
Je sais je suis trop naïve
De dresser la liste non exhaustive
De toutes ces choses que je voudrais faire avec toi
T'embrasser partout
S'aimer quand on est saouls
Regarder les infos
Et fumer toujours trop
Eveiller tes soupçons
Te demander pardon
Et te traiter de con
Avoir un peu de spleen
Ecouter Janis Joplin
Te regarder dormir
Me regarder guérir
Faire du vélo à deux
Se dire qu'on est heureux
Emmerder les envieux.


Berry- Mademoiselle.
Jeune chanteuse française. Grand succès actuellement en France


Paroles de "mademoiselle"

Mademoiselle, j'ai des secrets,
Des choses que je sais que je tais
Un vieux bubblegum
Qui colle aux souliers comme un homme

Mademoiselle, j'ai des regrets,
Des trucs pas très chics que j'ai faits
Une odeur de rhum
Qui colle à la peau comme un homme

{Refrain, x2}
Je crains d'en savoir un peu trop
L'amour aura ma peau

Mademoiselle, j'ai des frissons
Je tremble pour un oui, pour un non
Un Smith & Wesson
Qui colle à la tête comme un homme

Mademoiselle, j'ai mes raisons
Une foule de questions, un prénom
Le filtre d'une Winston
Qui colle aux lèvres comme un homme

{au Refrain, x2}



















22/2/08

HarryPotter en galego NA BIBLIO DO COLE O LUNS

Desde onte nas librarías.
Editorial Galaxia.

21/2/08


Hoxe é xoves 21 de febreiro do ano 2008!!


Iso significa que por fin sae a venta o novo libro de Harry Potter que será o sétimo e derradeiro da saga. Eu non sei vos, pero ás seis e media la tarde de hoxe teño pensado estar na libraría para mercar o libro!!


O seu título é Harry Potter y las Reliquias de la Muerte!!


Que pasará no libro? Morrerá Harry? Morrerá Voldemort? Morrerá alguén?


Bueno, con isto xa é todo xa que o único que quería era informarvos da súa saída.


Veña, saúdos para todos!





HéctoR!^^

20/2/08

A pé de aula: tecnoloxía ou metodoloxía?




O papel das novas tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito escolar é un tema de actualidade que suscita tantos posicionamentos diferentes como maneiras temos de entender os conceptos de ensinar e aprender.

En boa medida, o debate céntrase en aspectos como o número de alumnos por ordenador, a distribución do insuficiente material sen criterio didáctico consensuado e axustado ás necesidades, a elección de software comercial ou libre, a informática como disciplina, a formación do profesorado nesta materia... Non son problemas menores pero creo que non son o problema.
Despois da dotación de medios tecnolóxicos á escola durante os últimos anos, cabe preguntarse si esa informatización está a supoñer unha mellora cualitativa do proceso de ensinanza-aprendizaxe ou simplemente nos quedamos na adquisición de coñecementos e destrezas como usuarios de recursos para seguir facendo case o mesmo que sen eles.
No decreto que regula as ensinanzas da educación secundaria na nosa comunidade fálase da necesidade de que estas tecnoloxías se incorporen como un recurso máis ó proceso de ensino e aprendizaxe para acadar unha competencia dixital que permita dispor de habilidades para buscar, obter e procesar a información para transformala en coñecemento. Con todo, a día de hoxe, bótanse en falta estratexias de coordinación para aproveitar e dar a coñecer os recursos xa existentes, a dotación de ordenadores suficientes en tódalas aulas e unha consideración especial, entre outras moitas cousas, na dotación e acceso a esta ferramenta polos alumnos e alumnas con necesidades específicas de apoio educativo, verdadeiros necesitados de competencia dixital e accesibilidade ós recursos. As tecnoloxías, ademais de aprender a utilizalas, son un instrumento fundamental da nosa práctica educativa que, coa incorporación progresiva de iniciativas pedagóxicas e cambios na metodoloxía, permítennos dar respostas axeitadas ás necesidades culturais dunha diversidade inmersa nun contexto social altamente tecnificado.

Neste sentido estanse a producir interesantes aportacións de moitos profesionais ó traballo de aula, nun intento de rentabilizar a tecnoloxía en beneficio da aprendizaxe, sobre de todo na do alumnado con necesidades educativas específicas. O software educativo e os programas de autor utilizados por moitos de nós para crear actividades "á medida", ofrecen moitas vantaxes como bos presentadores de asociacións e administradores de reforzos, permitíndonos motivar e axustarnos ás súas necesidades de aprendizaxe con tarefas, en especial ás de tipo memorístico, asociativo ou que requiren da práctica repetida para acadar axilidade e automatismos. Mais, si non responden a unha planificación coordinada do conxunto das tarefas, si non se integran no contexto no que se aplican e non interactúan con outros medios, dificilmente crearán melloras substanciais no xeito de procesar a información e na aprendizaxe. Constátase que as novas tecnoloxías empezan a formar parte da práctica educativa cando, despois dunha primeira fase de aprendizaxe do uso básico e de adaptación, chegamos a apropiarmos delas experimentando novas maneiras de traballar didacticamente facendo cousas que sen a tecnoloxía non serían posibles.
Lonxe de insistir na súa dispoñibilidade e o seu potencial, deberiamos incidir nas estratexias didácticas, nos materiais de aprendizaxe, nas capacidades de búsqueda planificada... É inútil seguir machucando certos conceptos dende metodoloxías obsoletas e pouco axustadas á realidade diversa que por obriga escolarizamos. A información e os recursos están na rede. Só temos que manexalos para que nos permitan ofertar materiais máis completos que á súa vez posibiliten achegamentos ós contidos: imaxes, sons, vídeos... fan que os alumnos/as con diferentes ritmos de aprendizaxe se acheguen ós mesmos dunha maneira máis significativa. Precisamos ir máis alá das puntuais, e non sempre ben consideradas, experiencias de aula dun reducido número de profesores/as entusiastas. O ordenador e un medio máis da aula que debe interactuar e convivir con outros medios para permitirmos acadar unha formación integral posibilitadora de novas aprendizaxes e capaz de dar respostas axeitadas ós retos dunha sociedade cada vez máis esixente e competitiva.
De seguro que coa prescritiva elaboración do Plan de integración das novas tecnoloxías e a sensibilidade, compromiso e xestión dos responsables desta materia na Administración e nos centros educativos, seremos quen de escolarizar a informática despois de informatizar a escola. Entre tod@s e en beneficio de tod@s.

Adico esta reflexión os alumnos e alumnas con necesidades especiais de apoio educativo e persoal, para que as novas tecnoloxias non lles supoñan un elemento máis de discriminación na fenda tecnolóxica e se convertan nunha ferramenta capaz de planificar e poñer en práctica as respostas educativas que precisan, tarefa para a que, sen dúdiba, contamos coa sensibilidade e apoio dos responsables desta materia no noso Centro. (Aquí vos deixo algo do que neste sentido estamos a facer na Aula de apoio pola atención á diversidade).

18/2/08

Contos populares galegos



Título da exposición
Para este 2º trimestre, imos traballar os "contos populares galegos", a partires da obra de Maruxa Barrio e Henrique Harguindey, "Antoloxía do Conto Popular Galego" (Ed. Galaxia).

A partires do 11 de febreiro, poderedes atopar unha selección de contos desta obra polos corredores do instituto.

Estes mesmos contos, atoparédelos na páxina web do instituto, na sección biblioteca.

Propoñémosvos un "xogo de pistas". Darémosvos as preguntas e adiviñas para que as atopedes nos contos expostos.

O cuestionario podedes recollelo na biblioteca ou pedirllo a algún titor/a; entregarédelo na biblioteca nos recreos ou aos titores, antes do luns 10 de marzo.

Todo aquel que participe recibirá un Diploma Lector.

Antes das vacacións de Semana Santa, teremos unha charla-coloquio cos autores do libro: Maruxa e Henrique.



14/2/08

San Valentín 2008

E o amor estendeuse por todo o edificio e ata @s que traballamos tivemos o noso corazonciño


Pero a cousa non quedou nas paredes, hai a quen o amor lle encheu o corpo todo


Aquí a máis namoradísima do insti, como vedes estaba tan emocionada que non podía parar nin para quitar a foto :D



E descubríronse algúns e algunhas rompecorazóns do insti.



Que calado o tiñan!!!!










E cómpre dicilo porque é de ben nacidos, ser agradecidos, e se non fose polos alumnos e alumnas de 3ºB nastideplasti, aquí algunhas das CULPABLES.


E isto foi todo este

o ano que vén MÁIS.
É que conste que

A MIN O SAN VALENTÍN, PLIN

13/2/08

Carteis contra a violencia de xénero

Como xa todos veriades na entrada do insti, xa temos cartel ghañador do concurso de carteis contra a violensia de xénero. O cartel ghañador foi o número 22 obra de Ana, Carmela e Tania, alumnas de 1º. Hai que ver o forte que chegharon este ano as novas fichaxes do Carrasco...


Montaxe cos carteis participartes rodeando ao cartel gañador do concurso de carteis contra a violencia de xénero




















Como xa todos veriades na entrada do insti, xa temos cartel gañador do concurso de carteis contra a violencia de xénero. O cartel gañador foi o número 22 obra de Ana, Carmela e Tania, alumnas de 1º. Hai que ver o forte que chegaron este ano as novas fichaxes do Carrasco...


Paisaxes íntimas

Esta é a miña contribución ao concurso-exposición organizado pola asociación A carón do mar. Espero que aos protagonistas non lles importe saír retratados.

8/2/08

consurso de fotografía

A CARÓN DO MAR EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE CANGAS CONVOCA O 1º CONCURSO DE FOTOLOG SAN VALENTÍN 08 .
-PODEN PARTICIPAR TODAS AS PERSOAS QUE QUEIRAN DAR A SUA VISIÓN DO SAN VALENTÍN POR MEDIO DE FOTOS DIXITAIS (CÁMARA OU TELÉFONO) MÁXIMO 4 FOTOS POR PARTICIPANTE.
- O FORMATO SERÁ JPG
-AS FOTOS DEBERANSE ENVIAR POR CORREO ELECTRÓNICO A SEGUINTE DIRECCIÓN : acarondomar@hotmail.com
-AS FOTOS DEBERAN SER ORIXINAIS, FIGURARÁ O NOME DO AUTOR-A, IDADE, DIRECCIÓN DE CORREO E TELÉFONO DE CONTACTO.
-O PRAZO PARA ENVIALAS REMATA O DÍA 12 DE FEBREIRO DO 2008
-A CARÓN DO MAR FARÁ UNHA EXPOSICIÓN DE TODALAS FOTOS SELECCIONADAS, NA SUA SEDE (RÚA DO PROGRESO Nº 2 1º EN CANGAS DO MORRAZO) DENDE O 14 ATA O 29 DE FEBREIRO.
-OS PREMIOS SERÁN UN TELÉFONO MÓBIL E UNHA CÁMARA DE FOTOS DIXITAL.
-OS PREMIOS ENTREGARANSE NA INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN PREVIA DELIBERACIÓN DO XURADO.
-TODOS OS PARTICIPANTES DEBERAN ACEPTAR DITAS BASES

ten que haber polo menos 100 fotos para que o concurso se faga asi que xa sabedes.. a concursar.. '^^


: )

un besazooo

7/2/08

Fotolog do insti

Por petición popular (dunhas poucas tolas) acaba de nacer o fotolog do Monte Carrasco. A Gaivota creouno, pero pasa de mantelo. Así que buscarase un equipo redactor... quen se apunta?


O fotolog é de todos así que estás convidado a participar. Só tes que enviar a foto e o que queiras escribir ao correo do fotolog do Monte Carrasco fotolog.iesmontecarrasco@gmail.com poñendo nome e curso e xa actualizaremos.