Mostrando entradas con la etiqueta pensar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pensar. Mostrar todas las entradas

12/5/10

La Ola (Die Welle)


Os alumnos de 4ºA viron hoxe a película alemana La Ola do director Dennis Gansel. Podedes ver a información da película na sú páxina oficial, en filmaffinity. A película está baseada en feitos reais e podedes atopar máis información e reflexións premendo aquí.





Agora toca reflexionar un pouco sobre a película, así que deixade os vosos comentarios. Para que vos inspiredes un pouco, deixo algunhas cuestións:

  • Que che pareceu máis interesante da película?
  • Sénteste identificado con algunha personaxe da película?
  • Comprendes por que algúns estudantes se unen a "A Ola"?
  • Que tiña de malo "A Ola"?
  • Tiña algunha cousa boa?
  • Cres que podería pasar algo parecido no mundo Occidental? E nalgún outro lugar do mundo?

2/12/09

Día mundial contra a violencia de xénero

A semana pasada conmemorouse no Monte Carrasco o 25 de novembro, día mundial contra a violencia de xénero.

Entre outras actividades, os alumnos de 1º da ESO fixéronse siluetas de muller coas víctimas neste ano.

O alumnado de 2º da ESO trouxo zapatos para simbolizar a terrible realidade que nos acompaña día a día.

24/5/09

Alta tecnoloxía escolar

Estes son os chamados "niños del cable", estudiantes colombianos que cada mañá teñen que utilizar este transporte escolar gratuíto para ir a escola. Que vos parece?.



25/11/08

25 de Novembro: Día Internacional Para a Eliminación da Violencia de Xénero



Hoxe conmemoramos no noso centro o Día Internaciónal Para a Eliminación da Violencia de Xénero. Concentrámonos despois do recreo na porta principal para amosar a nosa repulsa contra a violencia de xénero e o noso apoio a todas as mulleres e familias que a padecen.


15/10/08

Terry Fox Run


Uns desde o Barco de Valdeorras, e outros dende o outro lado do charco, Canadá.


Aquí, entre horas libres e clases de cociña tamén facemos outras cousas como por exemplo, correr 2km entre bloques de casa de madeira para loitar contra o cancro. A isto chámanlle Terry Fox Run, debido a que Terry Fox foi un deportista que cando só era un adolescente diagnosticáronlle cancro de tibia. Intentou loitar contra el mediante quimioterapia pero cando viron que non era posible tomaron a decisión de amputarlle media perna. Pero a noite antes de que isto sucedera o seu entrenador de baloncesto ensinoulle un artigo dunha revista que falaba dun home cunha perna amputada que correra na maratón de Nova York, esto fixo pensar a Terry que decidiu correr para loitar, cunha perna de metal correu maratóns e fixo campañas contra o cancro. Pero isto non era suficiente, xuntou xente e decidiu comezar a maior carreira, propúxose recorrer Canadá dun lado a outro.


Desafortunadamente Terry Fox non puido rematar esa carreira, pois morreu con soamente 22 anos nun hospital de Port Cuquitlam (pobo que está a unha hora de onde eu vivo). En honor á gran persoa que foi Terry Fox todos os anos organízanse maratóns por todo o país nos que participan millóns de persoas.


Nós participamos e demos as nosas donacións na carreira que organizarou o noso instituto. Tamén tivemos o honor de asistir a unha charla que veu dar o entrenador de Terry Fox, a persoa que o empuxou a correr para loitar, e ademais diso o noso colexio organizou unha 'actividade' para todos aqueles que quixeran rapar a cabeza en sinal de apoio a todas as persoas con cancro, no cal participaron numerosos alumnos.




3/6/08

5 XUÑO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

A Terra non pertence ó home, senón que o home pertence á Terra, por iso todo o que fai, faino a si mesmo.!!!


Paga a pena reflexionar sobre as imaxes que vas ver e a mensaxe que nos transmite a canción!

ESTÁ NAS NOSAS MANS AXUDAR AO PLANETA!!!

5 de Xuño Día Mundial do Medio Ambiente


6/5/08

I Concurso de fotografía matemática

Ola a todo o mundo. O Departamento de Matemáticas organiza o...


I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
IES MONTE CARRASCO


PARTICIPANTES
Podemos participar TODOS. Todos quere dicir alumnos, profesores, PAS, nais e pais, ex-alumnos (e se non estás entre os anteriores, pregunta). Agora ben, só resultarán premiadas as obras dos alumnos matriculados no centro este ano.

TEMA
O tema das fotografías ten que estar relacionado co mundo das matemáticas: xeometría (simetrías, figuras, etc.), análise (funcións, ecuacións, etc.), probabilidade, aritmética (números, operacións, etc.). Hai un montón de exemplos sen máis que poñer “fotografía matemática” en google.

PRESENTACIÓN
As fotografías entregaranse a calquera membro do departamento de Matemáticas (Uxío e Álex). As fotografías deberán ir montadas nunha cartolina tamaño DIN A4 (tamaño folio) coa seguinte distribución: na parte superior debe ir o título, na parte central a fotografía e, na parte inferior, un breve texto do autor (explicación, interpretación, idea, ...). Na parte posterior da fotografía deberá figurar o nome do autor e a súa relación coa comunidade educativa do IES Monte Carrasco. Ademais deberase entregar a fotografía (con título e texto) en formato dixital (vía memoria USB, CD, correo electrónico a alancoia@edu.xunta.es).
Poderanse presentar un máximo de dous traballos por participante.

PRAZO
O prazo de presentación finaliza o venres 23 de maio.

XURADO
Estará formado polo profesorado do Dpto. de Matemáticas e un profesor do Dpto. de Tecnoloxía e valorará a orixinalidade e idoneidade do título, a calidade plástica e técnica da imaxe, o seu contido matemático e a explicación dada.

PREMIOS
Haberá tres premios: 1º premio (50 €), 2º premio (20 €), premio especial do público (10 €). Os premios serán cambiables por: material fotográfico, electrónico, libros, música ou películas. O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios.

AUTORÍA DAS IMAXES
As fotografías deben ser orixinais e en ningún caso se aceptarán fotos descargadas de Internet, nin escaneadas de ningún tipo de medio gráfico. Comprobarase minuciosamente a autoría das fotos (especialmente das premiadas), esixindo aos gañadores que demostren a súa autoría. Si se permiten fotomontaxes e retoques a partir de orixinais.


Déixovos un cantos enlaces para que vos inspiredes (algunhas feitas por alumnos de secundaria coma vós):
http://www.sectormatematica.cl/fotos.htm
http://www.iescarrenomiranda.com/matematicas/matefoto/index.htm
http://catedu.es/matematicas_mundo/FOTOGRAFIAS/fotografia.htm
http://iesandza.educa.aragon.es/Foto%20Matematica.htm
http://www.uam.es/otros/hojavol/hoja8/concurso08.html

27/4/08

Que desastre!!!!!!!!!!!!!!!!

Isto é o que vemos cando paseamos por unha praia do concello de Santa María de Oia:








Está todo feito un vertedoiro (redes,ferros...). Pero o peor está por chegar...

Sabedes o que son???

Pois anque parece imposibel son tres golfiños mortos (ni máis ni menos), nas rochas e a menos de 50m de separación.... Non me parece raro que logo digan que están en perigo!!!!!!

7/3/08

8 marzo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA


A SITUACIÓN ACTUAL DA MULLER NO MUNDO (ONU):
  • O 60% dos pobres do mundo son mulleres.
  • Entre 3 e 4 millóns de mulleres son golpeadas cada ano no mundo.
  • As mulleres constituen o 40 por cento de adultos infectados por SIDA no mundo.
  • As mulleres representan dous tercios dos adultos analfabetos do mundo.
  • 500 mil mulleres morren ao ano por complicaciones no embarazo.

A SITUACIÓN DA MULLER EN ESPAÑA:

  • As mulleres españolas que cobran o salario mínimo duplica aos homes.
  • A tasa de desemprego das mulleres é dun 14,4%, nos homes sólo do 7,6%.
  • 89 mulleres mortas por violencia machista no 2007.
A PUBLICIDADE SEGUE A SER SEXISTA (como mostra un botón):












28/1/08

Full Metal Jacket (A Chaqueta Metálica)

Hoxe os de 3ºB traghámonos a infame película “Full Metal Jacket” (“A Chaqueta Metálica) do sobrevalorado director Stanley Kubrick. Así desidiu conmemorar o titor o día da Pas: paradoxal faselo cunha película bélica, na que a violensia non é pouca. En fin, que se lle vai faser. A entrada vai para dar algho máis de informasión da película “Full Metal Jacket”, do seu director Stanley Kubrick e alghunhas curiosidades. E tamén me ghustaría moito que quen a vira deixara aquí os seus comentarios, impresións, reflexións... Ai vai a miña.


“Born to kill” (“Nacido para matar”) resa o casco no cartel da película “A Chaqueta Metálica”. Quisais debería disir “Educated to kill” (“Educado para matar”). Está claro (creo eu) que as maiores vítimas da gherra son os sivís, tanto os mortos (tamén coñesidos polo eufemismo de “danos colaterais”) como os vivos que sofren o medo, as inclemensias, o desarraigho e o baleiro que queda cando os exércitos marchan (se é que o fan). Pero a veses as vítimas tamén están dentro dos exércitos, persoas enviadas a matar (imaxinade o que lle pode faser iso a unha alma humana) e a morrer (hai cousas moito peores) nunca se sabe ben porqué. E cando se sabe acostuma ser un absurdo, unha loucura, un capricho. Os responsables sempre miran dende fóra, dende arriba, sen dor, sen remordemento, sen alma nin corasón. Non ven que mandan aos seus ighais a matar aos seus ighais por algho que non é nada a carón dunha vida. Non ven cos ollos dos soldados que matan nin ven cos ollos dos fillos que morren. QUE INXUSTO!



Hoxe os de 3ºB tragámonos a infame película “Full Metal Jacket” (“A Chaqueta Metálica) do sobrevalorado director Stanley Kubrick. Así decidiu conmemorar o titor o día da Paz: paradoxal facelo cunha película bélica, na que a violencia non é pouca. En fin, que se lle vai facer. A entrada vai para dar algo máis de información da película “Full Metal Jacket”, do seu director Stanley Kubrick e algunhas curiosidades. E tamén me gustaría moito que quen a vira deixara aquí os seus comentarios, impresións, reflexións... Ai vai a miña.

“Born to kill” (“Nacido para matar”) reza o casco no cartel da película “A Chaqueta Metálica”. Quizais debería dicir “Educated to kill” (“Educado para matar”). Está claro (creo eu) que as maiores vítimas da guerra son os civís, tanto os mortos (tamén coñecidos polo eufemismo de “danos colaterais”) como os vivos que sofren o medo, as inclemencias, o desarraigo e o baleiro que queda cando os exércitos marchan. Pero a veces as vítimas tamén están dentro dos exércitos, persoas enviadas a matar (imaxinade o que lle pode facer iso a unha alma humana) e a morrer (hai cousas moito peores) nunca se sabe ben porqué. E cando se sabe acostuma ser un absurdo, unha loucura, un capricho. Os responsables sempre miran dende fóra, dende arriba, sen dor, sen remordemento, sen alma nin corazón. Non ven que mandan aos seus iguais a matar aos seus iguais por algo que non é naa a carón dunha vida. Non ven cos ollos dos soldados que matan nin ven cos ollos dos fillos que morren. QUE INXUSTO!

4/1/08

Bloody Sunday

Feliz ano a todo o mundo. Estaba agardando pola primeira entrada do ano no noso blog (confiaba en Pilar ou Adriana, por que será? :-P), pero está visto que aínda dura o empacho de marisco e a emoción de que traerán os reis magos. Eu empachado estou, pero o espírito consumista escapoume hai tempo, así que aí vai un video musical moi especial (creo que aínda non puxera ningún).

Non é que U2 sexa o meu grupo favorito nin moito menos (aínda que en concerto son impresionantes). É o que representa esta canción, a historia do que aconteceu o 30 de xaneiro de 1972 "Bloody Sunday" (Domingo Sanguento) en Derry, Irlanda, cando o exército inglés asasinou a 14 persoas (6 delas menores) durante unha manifestación pacifista en prol dos Dereito Civís. Eu coñecín a historia gracias á película homónima "Bloody Sunday" dirixida por Paul Greengrass (e chorei escoitando a canción de U2 ao final da peli). E estremecinme cando, tempo despois, visitei en Derry o lugar onde aconteceran os feitos.

En fin, o video mestura un directo da canción con imaxes da peli. Que vos preste!


Felis ano a todo o mundo. Estaba aghardando pola primeira entrada do ano no noso blogh (confiaba en Pilar ou Adriana, por que será? :-P), pero está visto que aínda dura o empacho de marisco e a emosión de que traerán os reis maghos. Eu empachado estou, pero o espírito consumista escapoume hai tempo, así que aí vai un video musical moi espesial (creo que aínda non puxera ninghún).


Non é que U2 sexa o meu ghrupo favorito nin moito menos (aínda que en conserto son impresionantes). É o que representa esta cansión, a historia do que aconteseu o 30 de xaneiro de 1972 "Bloody Sunday" (Domingo Sanguento) en Derry, Irlanda, cando o exército inghlés asasinou a 14 persoas (6 delas menores) durante unha manifestasión pasifista en prol dos Dereito Sivís. Eu coñesín a historia ghrasias á película homónima "Bloody Sunday" dirixida por Paul Greengrass (e chorei escoitando a cansión de U2 ao final da peli). E estremesinme cando, tempo despois, visitín en Derry o lughar onde aconteseran os feitos.

En fin, o video mestura un directo da cansión con imaxes da peli. Que vos preste!


21/12/07

XOGO DE XEOGRAFÍA

Xa estamos nas vaciones do Nadal, e aquí vos deixo a miña última entrada ata o 2008. É un xogo de xeografía. Tedes que sitúar os países e cidades que vos poñen no menor tempo posible. Eu aínda non cheguei ao último nivel (qué vergoña!.
Bueno, tede un Bo Nadal todo o mundo! Pola miña parte eu penso disfrutalo.
http://www.travelpod.com/traveler-iq

14/12/07

FAITE DOADOR

Ola a todo o mundo!!!

Hoxe toca poñerse un pouco serios. Como algúns xa veriades polo insti, colgamos uns carteis co seguinte lema

FAITE DOADOR
DE MÉDULA
ÓSEA.

HOXE POR MIN,
MAÑÁ PODERÍA
SER POR TI.


Os carteis, así como esta entrada no blog, buscan apoiar a campaña de doazón de médula ósea, difundila o máximo posible e concienciar da importancia de que haxa doadores para que se poidan salvar todas as vidas posibles. Hai moita xente esperando que apareza unha médula compatible que lles dea a esperanza de poder estar sans e levar unha vida como a vosa. Seguro que hai alguén esperando máis preto do que pensades.

Os menores de idade non podedes ser doadores, pero sí podedes difundir esta información na casa e pola rúa. Se non podes doar, podes salvarlle a vida a alguén atopando un doador para el. Todos podemos facer algo: pouco sempre é mellor que nada.

As persoas que estean interesadas en doar poden chamar ao teléfono 900 100 828 (de luns a venres antes das 17 h). Aí daranvos toda a información precisa e diranvos o que podedes facer.

Eu vou chamar e dicirllo a toda a xente que poida. E ti?

23/11/07

Charla Asociación para o Estudio da Lesión Medular


Onte, xoves 22 de novembro, o alumnado de 2º de ESO, participou nunha charla-coloquio da Asociación para o Estudio da Lesión Medular. Nesta charla impartida por dous membros da asociación, afectados por lesión medular, trata de informar sobre as conductas axeitadas para previr accidentes, sobre todo de tráfico, como comportarse ante un accidentado e as consecuencias das lesións medulares e os seus diferentes graos.

22/11/07

"Optimista y soñador"

- Jelouuu a todas e a todos !

- Quixen poñer o vídeo directamente na páxina, pero son demasiado patosa e non dou feito. xD




É de Frank-T, está en castelán, pero encántame ! Espero que a vós tamén ! ^^
Reparade na liberdade das imaxes e na beleza das palabras.
Grazas por ser "O de mates" (:

12/11/07

Responsabilidade de tod@s

Atopei este video na bitácora do compañeiro Domingo Méndez, mestre en Cieza, no que amosa intervencións do xuíz de menores de Granada, Emilio Calatayud Pérez. Creo que paga a pena que todos e todas, profesores, alumnos, pais, autoridades, lle botemos unha ollada e ... reflexionemos.




Esta é a continuación.

11/11/07

Krt m8

Hoxe lin isto de María Yáñez en Lingua de @mor:

"A verdade é que me fai moita graza: mentres nalgúns (poucos pero moi concorridos) sitios de internet a xente non fai máis que discutir sobre se é mellor usar a normativa oficial ou a reintegrada co portugués, no outro lado da galaxia interneteira, pero moito máis preto do que pensan, hai unha lexión de galegos nacidos nos 90 reinventando a maneira de escribir o noso idioma. Pódense ver en centos de fotologs e myspaces, e choutar dun a outro sen enterarse da misa á metade, que é do que se trata. Non podo evitar sentirme unha anciá cando intento descifrar oracións como as que seguen.

“eu ps xip!e ox encma ver a tnya aish xa fcia tmp k nn te via(dnd a fstuki d mmnta) e xa tiña gniñas!!”
“bkñs pa tos!!krvs m88!”

“wNoO Q aSiaS & Q oSqUerO a td0sS!!*”

“ps na o iwal k ye dixn a pi, k m alegr d k o psarads bn! o sbdo xa vos vin a ti e a sheila kndo viñsteis sludr k si k o tbais psndo bn jij e o dmngo k vos tokou andr kas rifas, peo s slo foi ata as 2 kdouvos noite e noite!! jj”

“bsuks wp”

Estes exemplos foron escritos hoxe mesmo por rapazas da miña aldea, que está na Terra Chá de Lugo, e que andan polos 16 anos. Pode que un 30 por cento da súa clase teña un fotolog, e esa porcentaxe repítese en maior ou menor medida en moitos máis institutos do rural, como tiven ocasión de comprobar nun par de visitas recentes a estes centros. Para que logo digan que non se escribe en galego, ou que a escrita pública en galego está reducida a uns cantos autores. Ou que só escriben en galego os profesores de instituto. Diso nada. Son os alumnos de instituto os que máis están a facer pola lingua ultimamente: usala, usala e usala, ata estragala, darlle a volta, quitarlle as vogais abertas ou pechadas. Sentila como algo útil para expresar calquera inquedanza da súa cabeciña adolescente. Non podo ver máis que futuro e esperanza cada vez que leo por aí un

“krt m8”.

A lingua galega morreu. Viva a lingua galega."

A verdade é que me intriga saber que pensades sobre o tema, ou simplemente saber se non pensades nada.

8/11/07

O xogo do tangram

Xa sei que me ides chamar pesado, pero aí vai unha nova entrada. Seguimos co de pensar, pero agora cun pouco máis de diversión e xeometría. Pequena historia do tangram e como fabricarse un... sae moito máis barato que mercalo!!!

Xa sei que me ides chamar pesado, pero aí vai unha nova entrada. Seghimos co de pensar, pero aghora cun pouco máis de diversión e xeometría. Pequena historia do tangram e como fabricarse un... sae moito máis barato que mercalo!!!


Historia do tangram


O tangram é un xogo chinés moi antigo chamado “Chi Chiao Pan” que significa “xogo dos sete elementos” ou “táboa da sabedoría”. Existen varias versións sobre a orixe da palabra “tangram”. Unha das máis aceptadas conta que a inventou un inglés unindo a palabra cantonesa “tang” (que significa chinés) coa raíz latina “gram” (que significa escrito ou gráfico). Outra versión conta que a orixe do xogo remóntase aos anos 618 a 907 da nosa era, época na que reinou en China a dinastía Tang de onde derivaría o nome.


Non se sabe con seguridade quen inventou o xogo nin cando. As primeiras publicación chinas nas que aparece o xogo datan do século XVIII, época na cal o xogo xa era moi coñecido en varios países do mundo. en China, o tangram era moi popular e considerábase un xogo para mulleres e nenos.


A partir do século XVIII, publicáronse en América e Europa varias traducións de libros chineses nos que se explicaban as regras do tangram. Chamaban ao xogo “o crebacabezas chinés” e fíxose tan popular que o xogaban tanto nenos como adultos, persoas comúns e personalidades do mundo das ciencias e as artes. Napoleón Bonaparte volveuse un verdadeiro especialista no tangram dende que foi exiliado á illa de Santa Elena.


En canto ao número de figuras, a maior parte das publicacións occidentais copiaron as figuras chinesas orixinais, que ascendían a algúns centos. Ao principio o tangram foi publicado en forma de libro, en torno a 1870 concedíase máis atención ao xogo mesmo e as súas sete pezas, de xeito que o tangram era producido e vendido como un obxeto: pezas de marfil, tarxetas coas siluetas e envoltorio en forma de caixa.


Cara 1900 engadíranse novas figuras e formas xeométricas, chegando a un total de máis de 900. En 1973, os deseñadores holandeses Joost Elffers e Michael Schuyt produxeron unha edición en rústica con 750 figuras novas, acadando así un total de máis de 1600. Da edición de 1973 vendeuse ata o de agora máis dun millón de exemplares en todo o mundo. Actualmente pódense realizar co tangram arredor de 16000 figuras distintas.



Constrúe o teu propio xogo do tangram




É mellor empregar unha folla cuadriculada, senón precisaremos regra e escuadra ou cartabón.


1.
Debuxa un cadrado de 10 cm por lado. (20 cadradiños da folla).

2. Traza unha das diagonais do cadrado e a recta que une os puntos medios de dous lados consecutivos do cadrado; esta recta debe ser paralela á diagonal.

3. Debuxa a outra diagonal do cadrado e lévaa ata a segunda liña.

4. A primeira diagonal que trazaches deberás partila en catro partes iguais (cada pedaciño medirá 5 cadradiños).

5. Traza a recta que se amosa no debuxo.

6. Por último traza estoutra recta.



Se o pegas nun cartón ou unha chapa de madeira antes de recortar, mellor que mellor.


Agora xa podedes construír figuras, tanto as que atopedes en libros e internet como as que vós inventedes. As regras son moi sinxelas: hai que empregar as sete pezas e non se poden poñer unhas enriba das outras.





A DIVERTIRSE!!!


7/11/07

Frases para pensar

Propúxenlle aos meus titorandos/as unhas frases cun obxectivo moi simple: PENSAR. Xa sei que non está moi de moda iso de pensar, pero resulta que a min gústame e paréceme interesante. Ademais estou seguro de que teño na clase trece persoas con demasiada intelixencia como para gardala toda dentro da cabeza e non compartila cos demais. Seguro que moitos de vós tamén, así que deixo aquí as frases por se a alguén lle apetece darlle un pouco á cabeciña ou simplemente ler algo interesante.


Propúxenlle aos meus titorandos/as unhas frases cun obxectivo moi simple: PENSAR. Xa sei que non está moi de moda iso de pensar, pero resulta que a min ghústame e paréseme interesante. Ademais estou seghuro de que teño na clase trese persoas con demasiada intelixencia como para ghardala toda dentro da cabesa e non compartila cos demais. Seghuro que moitos de vós tamén, así que deixo aquí as frases por se a alghén lle apetese darlle un pouco á cabesiña ou simplemente ler algho interesante.



INSTRUCIÓNS


  • Pensa nesta frase durante os seguintes días (estaría ben que a memorizases ou a levases escrita para lembrala).
  • Non precisas sentarse ex profeso, podes aproveitar calquera momento.
  • Estaría ben que tratases de descubrir cal é a súa orixe (se a dixo alguén coñecido, é un proverbio, etc.).
  • Trata de expresar coas propias palabras o que significa.
  • Tes que pensar se estás de acordo co que di a frase ou en desacordo ou depende da situación; estaría ben que exemplificaras cada pensamento.
  • Trata de discutir a frase con outras persoas: familiares, amigos, compañeiros, profesores, etc.

FRASES


“A xente nova é o futuro.”


“A veces, lavándonos a mans, ensuciamos a conciencia.”


“Aínda que a todos lle está permitido pensar, moitos afórrano.”


“Cando o carro xa está roto moitos diranvos por onde había que pasar.”


“Cando fales, procura que as túas palabras sexan mellores que o silencio.”


“De humanos é equivocarse; de tolos persistir no erro.”


“Onde todos pensan igual, ninguén pensa moito.”


“O diñeiro pode ser a cobertura de moitas cousas, pero non che da o principal. Dáche comida
pero non apetito; medicina pero non saúde; coñecidos pero non amigos; servidores pero non lealdade; días de alegría pero no paz nin felicidade.”


“O mundo non está en perigo polas malas persoas senón por aquelas que permiten a maldade.”


“O respecto ao dereito alleo é a paz.”


“O talento é algo corrente. Non escasea a intelixencia, senón a constancia.”


“A única persoa que non se equivoca é a que nunca fai nada.”


“É mellor estar calado e parecer idiota que falar e despexar as dúbidas definitivamente.”


“Hai persoas que loitan un día e son boas. Hai outras que loitan un ano e son mellores. Están as que loitan moitos anos e son moi boas. Pero están as que loitan toda a vida: esas son as imprescindibles.”


“Hai un pasado que marchou para sempre pero hai un futuro que aínda é noso.”