O martes pasado un grupo de alumn@s fomos ao centro de día de SANIDÍA de Cangas. Alì fixemos a lectura dramatizada dos contos de medo que representaramos durante a semana pasada na Biblioteca. Penso que os nosos maiores quedaron encantados. Eles déronnos un magnífico concerto de cancións tradicionais como a Rianxeira e o Himno de Cangas. Aí vai unha selección de fotografías.
12/11/10
CONTOS DE MEDO NO CENTRO SANIDIA DE CANGAS
15/6/09
Adjar
O venres estivemos no cole de San Roque representando o conto "Adjar" de Marjane Satrapi. Fixemos dous pases, o primeiro para as nenas e nenos de infantil e o segundo para o resto do colexio.
Os nosos fixérono xenial, ben se notou na entrega do público que berreou, sorriu e aplaudiu sen descanso. Os de infantil agasalláronnos con cadanseu marcador de libros e ao remate convidáronnos a uns pinchos.
NARRADORES:
1. Tania
2. Miguel
3. Fani
4. Iria
PERSONAXES
Matilde................. Uxía
Rei....................... Rubén
Demo Div............. Carmela
Bruxa Piruxa......... Eva
Ajdar......................Abel
FIGURANTES
Futbolista................ Alfonso
Namoradas............. Iris e Nieves
Xornalista............... Moisés e José Antonio
Curiosas................. Leticia e Teresa
Enfermeiras............ Andrea e Sandra
Meniña chorona..... Adriana
Médicos................... Jesús e Yaiza
13/3/08
CHARLA DE MARUXA BARRIO E HENRIQUE HARGUINDEY
O mércores 12 tivo lugar a charla da profesora Maruxa e Henrique Harguindey sobre a creación da súa obra " Antoloxía do conto popular galego".
Entregáronse tamén os DIPLOMAS LECTORES aos rapaces que participaron na actividade sobre os contos.
18/2/08
Contos populares galegos


26/12/07
Imos contar un conto
Como xa veriades no insti, esta andaina comeza con "Simbad o mariño", un dos moitos contos incluídos en "As mil e unha noites".
Aí vos deixo toda a información para que vos animedes a participar. Un saúdo de A Gaivota do Monte Carrasco.
En concreto, imos traballar o xénero do “conto”.
Para fomentar a vosa participación, prometemos agasallos para todos os colaboradores nas actividades que vos propoñamos ao longo do curso:
- Por cada actividade na que participedes, entregarásevos un Diploma Lector.
- As actividades poden ser as que se propoñan desde a biblioteca ou desde calquera materia.
- Ao final do curso, recibiredes un agasallo en función do número de diplomas.
CANTOS MÁIS DIPLOMAS MELLOR!
SIMBAD O MARIÑO
Para este 1º trimestre, queremos presentarvos un conto da literatura universal: “Simbad o Mariño”. Un conto que forma parte da obra anónima “As mil e unha noites”.
Podedes ver diversos exemplares do conto e da obra completa na exposición que estará do 17 ao 21 de decembro na entrada do centro.
O día 21, podedes solicitar un exemplar na biblioteca para ler durante o Nadal.
Tamén o podedes descargar na páxina web do centro:
http://centros.edu.xunta.es/iesmontecarrasco
na sección biblioteca.
Propoñémosvos tamén as seguintes actividades que vos puntuarán para o voso Diploma Lector:
- Ler o conto de “Simbad o Mariño” e entregar un resumo / valoración crítica, á volta do Nadal.
- Recoller lendas / historias relacionadas co mar, da vosa zona e dos vosos achegados (pais, avós, veciños,...)
Podedes entregalo en formato papel nos recreos na biblioteca ou a través do blog “A Gaivota” (http://aghaivota.blogspot.com) , sección “Imos contar un conto”.