Mostrando entradas con la etiqueta excursión. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta excursión. Mostrar todas las entradas

2/5/10

Caderno de bitácora da excursión a Barcelona

Día 1:
O pasado venres 19 de marzo os alumnos de 4º da ESO saímos, xunto con Álex e Luis, cara Barcelona, cheos de ilusión e ganas de pasalo ben.
Cando chegamos o albergue, no Passeig de Gracia, quedamos abraiados: futbolín na sala común, cíber, habitacións con vistas xeniais… Desfixemos as maletas e saímos dar una volta.
Baixamos polas Ramblas, gozando da alegría que se respiraba aquel venres pola noite, e admirando a tódolos artistas que alí estaban. Chegamos ata o Maremagnum, onde ceamos e tivemos tempo libre. Logo, voltamos ó albergue.

Día 2:
Á mañá seguinte, despois de moi poucas horas de sono, saímos cara ó MNAC (Museo Nacional de Arte de Cataluña), no que tivemos una visita guiada, e ó rematar, fomos comer algo, e pola tarde visitamos a Sagrada Familia, na que algún subimos ata arriba, e logo tivemos algo de tempo libre.
Despois de cear voltamos ó albergue, onde continuamos divertíndonos.



Día 3:
Despois dunha noite algo máis tranquila, a mañá do domingo fomos visitar a Pedrera, que nos sorprendeu polo seu luxo, e despois de andar un pouco máis por Barcelona fomos comer. Ó rematar, voltamos ó albergue a cambiarnos para ir ó Bosc Urbá, un recinto de tirolinas, redes e demais no que o pasamos xenial. Despois regresamos ó albergue, onde ceamos e, despois de moitas partidas ó futbolín e risas, coma o resto dos días, fomos ás habitacións.



Día 4:
O luns pola mañá fomos ao cine Imax a ver unha película en 3D: Wild Ocean 3D, na que algún aproveitou para durmir un rato. Logo comemos polo Maremagnum, onde tivemos tempo libre.
Logo visitamos o zoo, no que vimos un espectáculo xenial de delfíns, e logo miramos algúns dos outros animais (tigres, leóns mariños, elefantes…)
Cando nos botaron de alí, como aínda era cedo e non había ninguén que nos alugase unha barca no lago do parque, fomos ata Monjuic en funicular e teleférico, e alí vimos o castelo por fóra, e tamén os preciosos arredores. Ó baixar perdémonos, e despois de andar durante un bo rato, collemos o bus e fomos ata as Ramblas. Despois de cear, fomos ata ó albergue a preparar a festa de aniversario de Brais, na que o pasamos xenial.



Día 5:
Pola mañá fomos ó Parc Güel, que a todos nos pareceu moi bonito, e no que o pasamos ben escoitando ós músicos e paseando.
Despois fomos comer ao importante restaurante Les 4 Gats, e despois algún fomos dar unha volta por Barcelona en bici, na que o pasamos xenial, e logo tivemos tempo de compras polo barrio gótico antes de ir ver o musical de “Hoy no me puedo levantar” que a todos nos encantou e que nos resultou moi entretido.
Cando rematou o musical fomos cear, e logo de volta ó albergue.




Día 6:

Como último día en Barcelona, pola mañá fomos ó Museo das Ciencias, no que pasamos un moi bo rato, e logo tivemos tempo libre para comer, dar unha volta e facer as últimas compras polas Ramblas.
Pola tarde fomos á pista de xeo do Camp Nou, no que houbo risas, caídas e moita diversión.
Despois fomos comprar uns bocadillos e cara ó Camp Nou, preparados para ver o partido Barça-Osasuna.
Despois fomos para ó albergue, con ganas de pasalo xenial a última noite.

Día 7:
Desgraciadamente, o día da volta chegou demasiado pronto, aínda que iso significase que pasáramos uns días xeniais que nunca esqueceremos.
Pola mañá fixemos as nosas maletas e abandonamos o albergue para colle-lo tren que nos levou ao aeroporto de Barcelona, onde deixamos atrás a cidade que tan bos momentos nos fixo vivir.



Iria Pin

9/11/09

Xoves emprendedores


O martes 3 de novembro os alumnos de Iniciativas Emprendedoras asistimos, no Pazo de Congresos de Pontevedra, a unha Xornada de Orientación e Sensibilización sobre o Espirito Emprendedor na Escola. Alí coincidimos con alumnos de outros centros da nosa provincia (a maioria deles era alumnos de ciclos formativos).

A primeira intervención correspondeulle a secretaria xeral da Cámara de Comercio de Pontevedra que nos falou das funcións de esta corporación. Despóis tocoulle o turno a unha asesora de novas empresas que tiñan en común a súa existencia no mundo virtual: había todo tipo de empresas, moitas delas tiñan en común que as ideas eran orixinais e o seus produtos personalizados. Finalmente foi un xove emprendedor saído do viveiro da Cámara de Comercio de Pontevedra que nos expuso paso a paso o proceso de creación da súa empresa.

A miña opinión persoal é que esta saída foime útil, porque agora sei todo o que teño que facer e en que fixarme antes de montar unha nova empresa, ante todo sempre unha boa idea cunha boa iniciativa.

Estefanía Lagoa Rodríguez

29/6/09

Fin de curso

Para rematar o curso como se merece, o luns tivemos o festival fin de curso e o martes a xa tradicional excursión a Ons.

O festival estivo xenial e tivo momentos moi moi moi emotivos. Proxectouse a peli "A última clase", estreada o venres anterior; os de 3º fixeron un festival moi divertido e quedamos abraiados coa voz de Dani e Iria (aínda se me encolle o corazón); tivemos unha impresionante exhibición de capoeira coa presenza do grupo Muzenza e a partizipación do alumnado do centro; repartíronse premios e diplomas lectores; e chegou o momento triste da despedida dos de 4º da ESO.





En Ons pasámolo tan ben coma sempre. Non faltaron as queixas pola camiñata, os risos, as fotos (Jesús amosou un gran potencial), os baños (algúns obrigados, mesmo con roupa), as queimaduras e a sensación de que rematou demasiado pronto.



Ata o curso que vén a todos. Espero que o disfrutarades tanto coma min e seguir aquí un ano máis. A pasalo ben nas vacacións!!!

8/4/09

San Isidro (versión profe)

A semana pasada, Xaquín e máis eu atrevémonos a acompañar á xentuza (ou xentiña)de 2º á neve.

Alá estabamos o domingo na estación de autobuse cando chegou Secundino (o noso conductor) co autobús cheo de pontevedreses de 1º da ESO, Xan e Xosé Luis (os profes acompañantes) e Carla e Yoli (as nosas monitoras).

Seis horas de bus, con parada na Gudiña a repoñer forzas e en Boñar a recoller a Conde (o noso outro monitor, alias "o Moñañés"), para chegar a Cofiñal, pequeno e nevado pobo a carón de Puebla de Lillo. Alí coñecemos ao resto dos monitores: Zaira (de Cangas tamén) e Abel (un pouco tolo el, e o que máis trasnadas fixo en toda a semana), Despois do reparto de habitacións, a cear.

O luns pola mañá recollemos o material que iamos utilizar toda a semana (botas, esquís, paus e casco). Despois fomos a estación para a nosa primeira clase, pero antes houbo que poñerse as botas de esquí e iso era o máis doloroso, moito peor que as caídas. Cuña para aqui, cuña para alá, acabamos o día mallados.

O martes continuamos coa cuña e a subida en escaleira. Cando practicabamos libremente despois do marabilloso bocata de tódolos días, vai Borre e cae, convertíndose no primeiro lisiado. O pobre quedou sen poder esquiar máis, castigado toda a tarde comigo mentres os demais visitaban o torreón e o museo de Puebla de Lillo, e paseando en muletas a partir de entón.

O mércores seguimos co esquí e, tras engullir o bocata, dereitiños a ducharnos para marchar a León. Tras facer a "cucaracha" e visitar a catedral (moi ben explicada por Max e Xaquín), dúas horas de tempo libre para todos.

O xoves xa case todos xirabamos e eu, coa axuda de Xan e Xosé Luis, alá me fun pola pista azul de Requejines abaixo, caendo cada dous por tres. Pola noite houbo actuación estelar dos diferentes grupos de Pontevedra, Meis, Mosteiro e Cambados, pero a actuación estelar celebrouse no garaxe, onde os nosos monstruíños fixeron unha gran actuación.

E o venres todo rematou. Todos os que quixeron tiráronse Requejines abaixo cos monitores. Cando parecía que Borre sería a nosa única baixa, uníronse Carmela e Laura. Repartiron diplomas e batidos de fresa para todos. Despois de devolver o material, uns engulimos o bocata mentres outros se cambiaban. Con todo ese aroma a humanidade, marchamos para Cangas, parando novamente na Gudiña e deixando a Yoli en Porriño. E para que houbese anécdota final, tiveron que vir os pais da estación ao concello porque a semana santa xa comezara en Cangas.

Aquí van as mellores fotos da semana:



E algunhas máis das paisaxes:



E xa sabedes, todo o que se me esqueceu contar para os comentarios... ou quizais unha entrada (versión alumnos).

13/2/09

Saída a Santiago



Que bo é o profe Xaquín que nos levou de excursión a Santiago aos de 2º e 4º da ESO e a Miguel e Álex.

Estivo ben a visita á catedral, ás fermosas rúas de Santiago, ao Museo do Pobo Galego, gracias ás historias que nos contaba Xaquín. Só un pequeno problema... a choiva. Pero como a choiva en Santiago é arte, vimos unha gran obra de arte ese día (e ata a sentimos en nós mesmos).

Claro que haberá quen diga que o mellor foi ir a Área Central, pero sobre gustos non hai nada escrito.

11/5/08

Sotavento 06/05/08

Hola a todos, é moi frecuente que cando se fai unha excursión (Barselona, Madrid) actualise un profe dos que foi a excursión, pero para esta entrada sobre Sotavento, non actualisa nin Alex, nin Jose Antonio, nin Ana Pose, senón que a fai faser HéctoR!^^ de 4ºB. Xa que mo suplicou o Alex de rodilla o outro día ;)





A excursión comezou a iso das oito e media da mañá, xa que solo subimos a clases non sei a que. Despois de iso, montamos no bus, e tras dúas horas de viaxe estábamos en Sotavento (a viaxe como supoñeredes non foi moi axitada, xa que todo dios estaba durmido.




Cando chegamos aló, estivemos esperando un ratiño fora, mentres algúns facían as súas cousas....



Despois diso entramos no edificio principal do recinto (o único que había vaia), e antes de dividirnos en dous grupos para comezar coa visita, estivéronnos explicando un pouco o que íamos facer durante a xornada.


Estivéronnos ensinando como se controla a electricidade que producen, as partes dun aeroxerador, como funcionan as enerxías solar e por hidróxeno, como ahorrar, etc


Ó rematar a visita da mañá, xa era un pouco tarde, polo que paramos a comer. Estivemos almorzando nos exteriores do edificio, alguns a sombra dun aeroxerador, outros nun chan cheo de "pinchos" e outro esparrantullados na herba. Alghúns máis que comer estiveron facendo o parvo, e outros, estiveron falando porque non lles gustaba moito a comida (ou simplemente era intragable...pobre Jose Antonio... ;)).


Cando rematamos de comer, fixemos un xogo no que facendo grupos dfe catro persoas, tiñas que ir respondendo unha serie de preguntas, facendo probas e todo iso sen facer trampas, xa que estaban un tanto tiquismiquis. O xogo gañáronno o grupo dos profes (tongoooO!^^) e regaláronlles unha ghorriñas e uns chaveiros.


Despois do xogo, fixemos unha visita a un aeroxerador por dentro, era moi ... bonito? Bueno, que era moi ghrande, deixémolo aí. Alghúns suberon por unhas escaleiras que non sabemos a onde conducirían (ahh, si, conducían arriba, xD). Despois diso volvemos o edifisio principal onde recollemos as mochilas e montamos no autobús rumbo a casa.


Antes de partir, os monitores reghaláronnos uns posters superchulos que nos fixeron a volta un pouco máis amena. Algúns falaban a través deles, outros xogaban ó baloncesto con boliñas de papel, outros fasian o cabestro no autobus, outros cantaban, así que para ghustos colores.


Con isto remato a entrada sobre Sotavento, que dudo que lea alghén, creo que puxen demasiada letras e as fotos tardan hora e media en carghar!!


Veña, despídome cun saudo chicuuuS!


HéctoR!^^