26/12/07

Imos contar un conto

Aí vos estamos tratando de darlle un pouco de vidilla á biblioteca do insti e tentado que a xente lea (enténdase por xente membros da comunidade escolar nun amplo senso, non só alumnado). Así que a alguén se lle ocorriu traballar este ano cos contos e repartir agasallos a quen participe (vedes, os agasallos si que son só para o alumnado, que inxusto!).

Como xa veriades no insti, esta andaina comeza con "Simbad o mariño", un dos moitos contos incluídos en "As mil e unha noites".

Aí vos deixo toda a información para que vos animedes a participar. Un saúdo de A Gaivota do Monte Carrasco.



OS CONTOS

Durante este curso, para dinamizar a biblioteca, queremos darvos a coñecer distintas obras literarias.

En concreto, imos traballar o xénero do “conto”.

Para fomentar a vosa participación, prometemos agasallos para todos os colaboradores nas actividades que vos propoñamos ao longo do curso:
  • Por cada actividade na que participedes, entregarásevos un Diploma Lector.
  • As actividades poden ser as que se propoñan desde a biblioteca ou desde calquera materia.
  • Ao final do curso, recibiredes un agasallo en función do número de diplomas.

CANTOS MÁIS DIPLOMAS MELLOR!




SIMBAD O MARIÑO


Para este 1º trimestre, queremos presentarvos un conto da literatura universal: “Simbad o Mariño”. Un conto que forma parte da obra anónima “As mil e unha noites”.


Podedes ver diversos exemplares do conto e da obra completa na exposición que estará do 17 ao 21 de decembro na entrada do centro.


O día 21, podedes solicitar un exemplar na biblioteca para ler durante o Nadal.


Tamén o podedes descargar na páxina web do centro:

http://centros.edu.xunta.es/iesmontecarrasco

na sección biblioteca.


Propoñémosvos tamén as seguintes actividades que vos puntuarán para o voso Diploma Lector:

  • Ler o conto de “Simbad o Mariño” e entregar un resumo / valoración crítica, á volta do Nadal.
  • Recoller lendas / historias relacionadas co mar, da vosa zona e dos vosos achegados (pais, avós, veciños,...)


Podedes entregalo en formato papel nos recreos na biblioteca ou a través do blog “A Gaivota” (
http://aghaivota.blogspot.com) , sección “Imos contar un conto”.

22/12/07

Felicita o nadal en galego

Envía este nadal postais en galego, sen pagar un euro, dunha forma ecolóxica e ademais son animadas con movemento e música. Desde AQUÍ envía as postais do teu nadal en galego.

21/12/07

Bo Nadal


XOGO DE XEOGRAFÍA

Xa estamos nas vaciones do Nadal, e aquí vos deixo a miña última entrada ata o 2008. É un xogo de xeografía. Tedes que sitúar os países e cidades que vos poñen no menor tempo posible. Eu aínda non cheguei ao último nivel (qué vergoña!.
Bueno, tede un Bo Nadal todo o mundo! Pola miña parte eu penso disfrutalo.
http://www.travelpod.com/traveler-iq

20/12/07

Saída a Santiago

O luns 17 de decembro, o alumnado de 3º e 4º de ESO, fixemos unha saída didáctica a Santiago de Compostela para visitar o Museo de Ciencias Naturais e o Instituto Galego de Consumo. Nun día xeado, case que o máis frío do ano, visitamos o Museo de Ciencias Naturais, sitúado na Facultade de Química do Campus Universitario. Fixemos un percorrido polo contorno do Campus, onde nos mostraron as especies árboreas do campus, de tódolos continentes (o outono, ademais de frío, déixanos unhas cores impresionantes).
Pola tarde, participamos nuns obradoiros no Instituto Galego de Consumo, sobre o teléfonos móbiles e os videoxogos (xa con moita mais calor, a comida tamén axuda)

Centenario do himno galego 1907-2007

Hoxe fanse cen anos da primeira interpretación do himno galego na Habana. De primeiras, pode parecer que hai poucas semellanzas entre aqueles representantes da capital cubana ilustrada de comezos do século XX e mais nós, pero o certo é que o lazo de unión inexorable que é a patria permaneceu ao longo de todo este tempo facendo que nos sintamos galegos.

14/12/07

FAITE DOADOR

Ola a todo o mundo!!!

Hoxe toca poñerse un pouco serios. Como algúns xa veriades polo insti, colgamos uns carteis co seguinte lema

FAITE DOADOR
DE MÉDULA
ÓSEA.

HOXE POR MIN,
MAÑÁ PODERÍA
SER POR TI.


Os carteis, así como esta entrada no blog, buscan apoiar a campaña de doazón de médula ósea, difundila o máximo posible e concienciar da importancia de que haxa doadores para que se poidan salvar todas as vidas posibles. Hai moita xente esperando que apareza unha médula compatible que lles dea a esperanza de poder estar sans e levar unha vida como a vosa. Seguro que hai alguén esperando máis preto do que pensades.

Os menores de idade non podedes ser doadores, pero sí podedes difundir esta información na casa e pola rúa. Se non podes doar, podes salvarlle a vida a alguén atopando un doador para el. Todos podemos facer algo: pouco sempre é mellor que nada.

As persoas que estean interesadas en doar poden chamar ao teléfono 900 100 828 (de luns a venres antes das 17 h). Aí daranvos toda a información precisa e diranvos o que podedes facer.

Eu vou chamar e dicirllo a toda a xente que poida. E ti?

12/12/07

Desestrésate co Rober Bodegas

Como esta semana é moi dura con tanto exameeeeeeeeeeee déixovos aquí algo para que vos desestresedes durante uns minutiños que é o que acabo de facer eu.
Non sei se o coñecedes, é Rober Bodegas, o último gañador do programa televisivo El rey de la comedia.
O Rober é un rapaz de Carballo, disque é un estudante, en fin, creo que leva oito anos dicindo que fai a carreira na Coruña.
Estudar non estudará pero ao de facer rir non lle dá mal, espero que vos guste.

9/12/07

Por algo se empeza

Din os expertos que avalían os resultados do rendemento dos estudantes de quince anos en lectura (Informe PISA 2006) que temos algunhas dificultades para comprender o que lemos. Aínda que a lectura semella un proceso aparentemente doado, require do dominio de certas técnicas. Empecemos pola primeira: abrir o libro. Aínda que o comezo custa un pouco, os resultados finais son sempre sorprendentes.




E si con isto non é dabondo, aquí tendes unhas TÉCNICAS DE ESTUDIO que sempre axudan, sobor de todo en época de exames. Un saúdo.

8/12/07

DÍA DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

Cun pouco de retraso aquí fago unha entrada sobre o Día da Constitución, 6 de decembro.
Como a maioría de vos(refírome aos alumnos, os profes xa quixeran)nacíchedes nos anos 90 aquí vos deixo uns videos da etapa electoral de 1977, que se elexiron as Cortes que logo farían a Constitución. Non teñen desperdicio. No primeiro vese que eramos un país totalmente alleo ao concepto de democracia, e no segundo podemos ver a vellos coñecidos (Fraga, Carrillo, Felipe González ou Suárez), así como discursos que agoran volven a soar en boca de políticos actuais.


4/12/07

Jorge Drexler

Seguro que moitos non sabedes quen é Jorge Drexler... Pois o certo é que eu tampouco jaja! Pero coñezo algunhas das súas cancións e cunden moito (:
Non sei poñer vídeos do YouTube así que vos deixo a dirección dalgunhas cancións que me gustan... jiji! A ver se vos gustan! Non me extrañaría que a moitos non lles gustasen ('x

Mi guitarra y vos



Milonga del moro judío



Todo se transforma



Un saúdo!^^

2/12/07

DÍA MUNDIAL CONTRA A SIDA (1 decembro)

Aquí vos deixo información e datos recentes sobre a SIDA en Galicia publicados pola Xunta por motivo do Dia Mundial Contra a SIDA. Segue a ser un problema tamén en Occidente así que ollo!

Tamén vos deixo un anuncio que vos non coñeceredes pero que foi moi famoso na miña nenez

Máis do 50 por cento das novas infeccións polo VIH en Galicia nesta década prodúcense por ter relacións sexuais sen protección
Obsérvase nos últimos anos unha diminución relativa nos casos de Sida asociados á práctica de compartir material de inxección de drogas, e un aumento da transmisión polas relacións heterosexuais non protexidas
É necesario que a poboación galega heterosexual comece a ser consciente do risco que supón non percibir o perigo asociado ás súas prácticas sexuais habituais
Unha terceira parte das persoas galegas infectadas polo VIH non saben que o están, polo que a prevención da infección segue sendo a mellor estratexia
Dende 1981, e ata o 31 de decembro de 2006, notificáronse ao Rexistro Galego da Sida un total de 3.582 casos desta enfermidade