Mostrando entradas con la etiqueta Días Sinalados. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Días Sinalados. Mostrar todas las entradas

18/11/09

Magosto no Carrasco

O venres 13 celebramos o magosto no Carrasco. A festa comezou despois do recreo, aínda que a ANPA xa estaba traballando ben cedo para agasallarnos cunhas deliciosas castañas asadas. Os de 4º montaron a cafetería fóra, sempre atentos a recadar cartos para a excursión. Entregáronse os premios dos concursos do outono e botamos unhas risas cos xogos tradicionais. Namentres, Samu agasallounos cunhas pezas de gaita, sen esquecer o himno nacional "Alfonso da herba". Quedou claro quen son os máis fortes do instituto no tiro da corda e, despois de moito insistir, os de 4º conseguiron que ter o seu partido de fútbol contra unha selección de profes e ANPA (victoria dos alumnos por un pobre 1-0). E non deixamos de rir nin de xogar nin de pasalo ben todos xuntos: alumnos, nais e pais, profes... Aí tedes as fotos para probalo.


29/6/09

Fin de curso

Para rematar o curso como se merece, o luns tivemos o festival fin de curso e o martes a xa tradicional excursión a Ons.

O festival estivo xenial e tivo momentos moi moi moi emotivos. Proxectouse a peli "A última clase", estreada o venres anterior; os de 3º fixeron un festival moi divertido e quedamos abraiados coa voz de Dani e Iria (aínda se me encolle o corazón); tivemos unha impresionante exhibición de capoeira coa presenza do grupo Muzenza e a partizipación do alumnado do centro; repartíronse premios e diplomas lectores; e chegou o momento triste da despedida dos de 4º da ESO.





En Ons pasámolo tan ben coma sempre. Non faltaron as queixas pola camiñata, os risos, as fotos (Jesús amosou un gran potencial), os baños (algúns obrigados, mesmo con roupa), as queimaduras e a sensación de que rematou demasiado pronto.



Ata o curso que vén a todos. Espero que o disfrutarades tanto coma min e seguir aquí un ano máis. A pasalo ben nas vacacións!!!

27/2/09

Entroido

O venres pasado celebramos o entroido no Carrasco. Mandoulle, non? A cousa estivo moi ben. A xente animouse, as murgas foron de alto nivel e atacaron os puntos febles.



A xente disfrazouse do máis variopinto, pero mandaran as tribus urbánas.



A xente pasouno ben, as da ANPA alimentáronnos ben e a festa non parou ata que soou o timbre.

19/12/08

Bo nadal

Desexámosvos bo nadal a todos coa postal e os cantos de reis dos nosos alumnos:



SOMOS OS REISES DO KIRIKI:

Cantámosche os reises guedellos de cabra
Cantámosche os reises non nos deches nada

Somos os reises do Kiririki
Vamos a ver que nos botan aquí
Somos os reises do cacaracá
Vamos a ver que nos botan alá

Somos os reises da cabra fanada
Viñemos eiqui non nos deron nada

Aquí vimos catro, cantaremos oito
Danos de aguinaldo, fuciño de cocho
Ao aguinaldo, ao aguinaldo andamos
se nos dan fuciño tamé o levamos

Recollida por Jessica Alfonso Gandón



NO PENDELLO:

No pendello que hai xunto ao camiño
Hoxe ás doce da noite nasceu un meniño pequeniño
Que parece que do ceo caeu
Un meniño pequeniño
Que parece que do ceo caeu

Entre o bafo de dous animais
Pois o pobre cubertas non ten
Nin señales de pañales para tapalo do frío se ven
Nin señales de pañales para tapalo do frío

Levareille logo este mantelo
Anque as frebas boa fallan me fan
E un roxelo de bo pelo.
Pra que faga bos caldos súa nai e un raxelo de bo pelo
Pra que faga bos caldos.

Levareille tamén esta pita
Pois co neno máis guapo que eu vin
E a cabrita máis bonita que pra el do cortello escollín
E a cabrita máis bonita que pra el do cortello escollín

Recollida por Leticia Valente e Uxía Molanes


OS PEIXES BEBEN NO RÍO

A Virxe se está peiteando entre cortina e cortina
Os seus cabelos son de ouro e tamén de prata fina

Pero mira como beben os peixes nese río
Pero mira como beben por ver a Deus nacido
Beben e beben e volven a beber
Os peixes nese río por ver a Deus nacer

Recollido por Sara González



Mirai, mirai que feitiña
a cuna do neno Dios
Quén fóra algunhas palliñas
para quentarlle o corpo ao señor!
Quén fóra algunhas palliñas
para quentarlle o corpo ao señor!

Pastores cántanlle ao neno
porque os ánxeles fuxiron
Quén fora como eles
adorarlle a aquel meniño!
Quén fora como eles
adorarlle a aquel meniño!

La, la, la, la, la, la, la, la, la

Recollida por Xesús Bermúdez Rodas

25/11/08

25 de Novembro: Día Internacional Para a Eliminación da Violencia de Xénero



Hoxe conmemoramos no noso centro o Día Internaciónal Para a Eliminación da Violencia de Xénero. Concentrámonos despois do recreo na porta principal para amosar a nosa repulsa contra a violencia de xénero e o noso apoio a todas as mulleres e familias que a padecen.


24/11/08

Concusos Samaín e Magosto



Un ano máis, os de primeiro entran pisando forte e quedándose con todos os premios.

CABAZA GAÑADORA



Xesús Bermúdez Rodas (1º A)

BANDA DESEÑADA GAÑADORA



Sara García Santos e Inés Costas Villar (1º A)

PÓSTER GAÑADOR



Inés Costas Villar e Sara García Santos (1º A)

POSTRE GAÑADOR

BOMBÓNS DE CASTAÑAS

INGREDIENTES:
CASTAÑAS
CHOCOLATES
½ VASO DE NATA LÍQUIDA
FIDEOS DE CORES DE CHOCOLATE

Cómo se fai?
Pélanse as castañas e póñense a cocer con auga e dúas culleradas de azucre durante 8 minutos mentres tanto metemos nunha cunca ½ vaso de nata líquida e o chocolate en anacos e quentámolo ao microondas durante dous minutos ata que se derreta.
Cando as castañas están cocidas, bañámolas no chocolate e os fideos de cores.
Poñémolas sobre unha fonte con papel de forno e logo a neveira para que se solidifiquen ben.

Javier Fernández Chapela (1º A)

19/11/08

Magosto

Pois alá foi o magosto e parece que a xente o pasou ben (véxase as caras nas fotos, calquera diría que están no cárcere-instituto). Houbo de todo, futuros alumnos, castañas (gracias a nais e pais), ovos rotos, mazás e moedas de chocolate (ao módico prezo de manchar a cara), chave, moi bo rollo e moita animación.

Pois alá foi o maghosto e parese que a xente o pasou ben (véxase as caras nas fotos, calquera diría que están no cársere-instituto). Houbo de todo, futuros alumnos, castañas (ghracias a nais e pais), ovos rotos, masás e moedas de chocolate (ao módico preso de manchar a cara), chave, moi bo rollo e moita animasión.



E por se fora pouco, recuperouse a tradición do trompo (algúns con máis man ca outros), tiramos da corda con gañas (e con trampas), saltamos á comba e xogamos un memorable partido de fútbol (que os alumnos só lograron empatar por cantada do porteiro profe). Que haxa moitos así...

E por se fora pouco, recuperouse a tradisión do trompo (alghúns con máis man ca outros), tiramos da corda con ghañas (e con trampas), saltamos á comba e xoghamos un memorable partido de fútbol (que os alumnos só loghraron empatar por cantada do porteiro profe). Que haxa moitos así...

2/11/08

Samaín e Magosto

Este ano no Monte Carrasco celebramos o Samaín e o o Magosto o mesmo día, o 14 de novembro.2008, teremos:

·Exposición de cabazas e de figuriñas feitas con castañas.
·Postres elaborados con cabazas e castañas, coas súas receitas.
·Exposición de bandas deseñadas.
·Magosto organizado pola AMPA


PREPARA A TÚA CABAZA, RECEITA OU BANDA DESEÑADA
Anímate a participar!

BASES:

Poden participar tódolos/as alumnos/as do Centro cunha cabaza, unha composición con castañas, postres de cabaza ou de castaña, banda deseñada dun conto de medo.

DATAS:

·Entrega dos traballos na Conserxería entre os días 30 outubro, 4 e 5 de novembro.
·O fallo do concurso e entrega de premios será o día 14 de Novembro, no recreo.



PREMIO:
Un diploma lector e un CD para os mellores traballos.


Anímate a participar!

3/6/08

5 XUÑO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

A Terra non pertence ó home, senón que o home pertence á Terra, por iso todo o que fai, faino a si mesmo.!!!


Paga a pena reflexionar sobre as imaxes que vas ver e a mensaxe que nos transmite a canción!

ESTÁ NAS NOSAS MANS AXUDAR AO PLANETA!!!

5 de Xuño Día Mundial do Medio Ambiente


7/3/08

8 marzo DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA


A SITUACIÓN ACTUAL DA MULLER NO MUNDO (ONU):
  • O 60% dos pobres do mundo son mulleres.
  • Entre 3 e 4 millóns de mulleres son golpeadas cada ano no mundo.
  • As mulleres constituen o 40 por cento de adultos infectados por SIDA no mundo.
  • As mulleres representan dous tercios dos adultos analfabetos do mundo.
  • 500 mil mulleres morren ao ano por complicaciones no embarazo.

A SITUACIÓN DA MULLER EN ESPAÑA:

  • As mulleres españolas que cobran o salario mínimo duplica aos homes.
  • A tasa de desemprego das mulleres é dun 14,4%, nos homes sólo do 7,6%.
  • 89 mulleres mortas por violencia machista no 2007.
A PUBLICIDADE SEGUE A SER SEXISTA (como mostra un botón):












21/2/08


Hoxe é xoves 21 de febreiro do ano 2008!!


Iso significa que por fin sae a venta o novo libro de Harry Potter que será o sétimo e derradeiro da saga. Eu non sei vos, pero ás seis e media la tarde de hoxe teño pensado estar na libraría para mercar o libro!!


O seu título é Harry Potter y las Reliquias de la Muerte!!


Que pasará no libro? Morrerá Harry? Morrerá Voldemort? Morrerá alguén?


Bueno, con isto xa é todo xa que o único que quería era informarvos da súa saída.


Veña, saúdos para todos!





HéctoR!^^

14/2/08

San Valentín 2008

E o amor estendeuse por todo o edificio e ata @s que traballamos tivemos o noso corazonciño


Pero a cousa non quedou nas paredes, hai a quen o amor lle encheu o corpo todo


Aquí a máis namoradísima do insti, como vedes estaba tan emocionada que non podía parar nin para quitar a foto :D



E descubríronse algúns e algunhas rompecorazóns do insti.



Que calado o tiñan!!!!










E cómpre dicilo porque é de ben nacidos, ser agradecidos, e se non fose polos alumnos e alumnas de 3ºB nastideplasti, aquí algunhas das CULPABLES.


E isto foi todo este

o ano que vén MÁIS.
É que conste que

A MIN O SAN VALENTÍN, PLIN