27/1/09
Nace "o faladoiro"
3/5/08
O neno do pixama a raias

21/2/08
20/11/07
Todo vai ir ben
Título: Todo vai ir ben
Autor: Silvestre Gómez Xurxo
Editorial: Xerais
Minia está moi preocupada e cóntalle todo o que lle acontece ao seu osiño de peluche Churbi e á súa mellor amiga Raquel.
Cando á nai de Minia lle din que ten un cancro recorda o que lle acontecera a última vez; cando tivera que someterse a un tratamento contra o cancro de mama que a deixara moi debilitada e lle tiveran que amputar unha mama.
A Minia e ao seu irmán Tomé mándanos ir pasar unha tempada á casa dos avós mentres a súa nai se vai sometendo ao tratamento. Pero un día a nai de Minia ponse mala e teñen que ingresala urxentemente no hospital. Ao final a nai de Minia ponse ben e segue vivindo coa súa familia.
(Texto de Manuel González Poses, 1º ESO)
Arnoia, Arnoia
Título: Arnoia, Arnoia
Autor: Xosé Luís Méndez Ferrín
Editorial: Xerais
Trata sobre un príncipe chamado Nmógadah, un Príncipe Segredo das terras de Arnoia que é capturado e obrigado a exiliarse polos habitantes de Veciños, despois de que estes invadisen o seu país. Pero é axudado polo Mestre Lionel e polo Libredón libérase dos seus captores e comenza toda unha aventura na que logran vingar a morte de Mai Loretta.(Texto de Gabriel Portela Núñez, 3º ESO)
Muletas
Título: Muletas
Autor: Peter Härtling
Editorial: Kalandraka
A historia transcorre despois da segunda guerra mundial.
Thomas era un rapaz que cando ía montar no tren, para escapar da pobreza que deixara a guerra, se perdeu.
Despois de andar varios meses sen rumbo buscando a súa nai, atopou un home e fixéronse amigos e el mandoulle que lle chamase Muletas porque andaba con muletas e ese era o seu alcume.
Foron vivir á casa dunha amiga de Muletas. Despois duns meses marcharon a Alemaña onde viviron nun campamento de refuxiados durante uns meses, e despois foron por catro casas diferentes onde os acollían.
(Texto de Elena Álvarez Martínez, 2º ESO)
O que lemos
Ola, este é o comezo dun novo proxecto colaborativo baseado nas lecturas realizadas por todas as persoas que formamos parte do IES MONTE CARRASCO de Cangas do Morrazo.Funcionamento do proxecto:
1) Nesta sección da Gaivota iremos recollendo resumos propios das lecturas e, o que é máis importante, as nosas opinións sobre as obras para que lles sirvan de referencia aos futuros lectores.
2) Debaixo de cada resumo figurará entre parénteses o seu autor ou autora.
3) Non haberá censura nas opinións realizadas sempre e cando sexan respectuosas co autor e coa obra e non sexan anónimas.
Aquí tes o índice dos títulos publicados.
A banda sen futuro
Título: A banda sen futuro
Autora: Marilar Aleixandre
Editorial: Xerais
Carlota é unha rapaza de 16 anos, ten cancro e teñen que rapala para poder facerlle a quimioterapia.Acábase de mudar a unha vila nova e ao primeiro non quere ir ao colexio polo de estar rapada.
Ten unha foto dun cantante dun grupo de música que se chama Poch e que morreu pouco despois de que se mudara. Empeza a falar con el, é dicir, coa foto, e cóntalle os seus problemas.
No colexio coñece a Paulina que logo se fai amiga dela, a Nacho que quere ser o seu superheroe, a Moncho, o delegado da clase, do que se fai moi amigo e a Miguel, do que namora.
Un día, a nai de Carlota cóntalle que viu a Paulina bicándose con Miguel e ela entristécese moito.
Moncho, certo día, dille que está namorado dela...
A expedición do Pacífico
Título: A expedición do Pacífico
Autora: Marilar Aleixandre
Editorial: Xerais
(Texto de Adriana Pérez, 3º ESO)
Cartas de amor
Título: Cartas de amor
Autor: Fran Alonso
Editorial: Xerais
Blog do autor: Cabrafanada
Cartas de amor é un libro que non trata de cartas de amor como o seu propio nome indica, non. O libro trata de cartas escritas por mulleres que se envían unhas persoas a outras de temas normalmente tristes.
Por exemplo, unha carta trata de que unha amiga lle envía unha carta a outra amiga na que lle di que ela apreza moito a súa amizade pero que non só sente iso por ela senón que está namorada dela. Noutro dos textos unha muller envíalle unha carta á súa cuñada dicíndolle que mentres viñan emigrando nunha patera cara a España, o seu marido caeu ao mar e morreu afogado e que pariu o seu fillo que está ben e a salvo.
(Texto de Sheila Martínez Taboada, 2º ESO)
Cartas de inverno
Título: Cartas de Inverno
Autor: Agustín Fernández Paz
Editorial: Xerais
Tareixa, a irmá do escritor Xabier Louzao, que leva dous meses sen noticias del, recibe un sobre con cartas dun pintor chamado Adrián dirixidas a Xabier.
Este pintor dille que acaba de mercar unha casa embruxada e cóntalle que: recibiu mensaxes de socorro, encontrou un libro cunha imaxe que cambiaba cada vez que a ollaba, e outros extraños sucesos. Xabier decide acudir a axudar o seu amigo Adrián. Os dous amigos teñen que se enfrontar a misterios que nós non somos quen de imaxinar.
(Texto de Guilhem Galceran, 2º ESO)
Atrapasoños
Título: Atrapasoños
Autor: Milan Vukotic
Editorial: Kalandraka
Un rapaz tiña que loitar contra o neno máis forte do seu colexio. Tiña que facer unha serie de probas e unha delas era xogar ás bólas. Ese rapaz contra o que tiña que loitar era o mellor xogando ás bólas. A súa tía-avoa contoulle que se lle dicías unhas palabras máxicas á cadeira que tiña na cociña atada, transformábase nun cabalo e ías á terra dos soños. Contoulle tamén que na terra dos soños vivía alguen chamado Atrapasoños. Xogaba ás bolas cos soños e tocáballes a harmónica para que fosen os soños máis bonitos. Atrapasoños tiña unha bóla máxica que con ela gañaba a todos. O rapaz foi á terra dos soños a loitar contra a raiña Raña para que liberara o Atrapasoños. El queria encontralo para que lle prestase a bóla máxica. Atopará o Atrapasoños?
(Texto de Anxo Piñeiro Barcia, 1º ESO)
Game Over
Título: Game over
Autor: Santiago Lopo
Editorial: Biblos
A un mestre de universidade os fillos regálanlle un xogo de ordenador chamado PARALELL CITY.
No xogo estaba a gañar cartos. Xa estaba a piques de formar PARALELL CITY 2 e gañar cartos na vida real cando recibe un mail dicindo que o teñen que executar no xogo e na vida. Como pensaba que era unha broma, non fixo caso ata que lle mandaron unha carta ao seu domicilio dicíndolle o mesmo.
Tiña tanto medo que fixo un pacto cos que lle mandaron a carta, el non morrería se se encargaba de matar aos que non cumprían as normas do xogo.
Podes ler o comezo do libro aquí.
(Texto de Nuria Ruiz Ruiz, 1º ESO)
O Principiño
Título: O Principiño
Autor: Antoine de Saint-Exupéry
Editorial: Editorial Galaxia
Cóntalle que vén dun planeta moi pequeniño e explícalle o que hai nel. Antes de chegar á Terra percorreu varios planetas e cóntalle o que lle pasou en cada un deles. Na Terra pensou que ía haber máis persoas das que atopou. Cando xa ía facer un ano que se atopaba fóra do seu planeta, era hora de volver.
(Texto de Rut Martínez Vaqueiro. 1º de ESO)
18/11/07
O Hobbit
Título: O hobbit
Autor: J. R. R. Tolkien
Editorial: Xerais
Bilbo é un hobbit que vivía tranquilamente no seu burato hobbit ata que un día aparece por alí o mago Gandalf xunto con trece ananos. Bilbo non era moi aventureiro pero desa vez atreveuse a ir de aventuras con eles. Tiñan que conseguir un tesouro vixiado por un dragón. O tesouro era dun avó dos ananos que o acompañaban e chamábase Thorin.Máis adiante sepáranse de Gandalf e cruzan o bosque escuro, non sen problemas. E atopan a montaña do dragón. Métense dentro e agardan. Un día o dragón vaise amolar a xente dunha aldea, e alí mátano. Hai unha batalla polo tesouro entre: ananos, homes e aguias contra trasnos e lobos. Gaña o grupo de Bilbo e este volve ao seu burato hobbit.
(Texto de Brais Sotelo Mariño, 2º de ESO)
