28/1/08

Full Metal Jacket (A Chaqueta Metálica)

Hoxe os de 3ºB traghámonos a infame película “Full Metal Jacket” (“A Chaqueta Metálica) do sobrevalorado director Stanley Kubrick. Así desidiu conmemorar o titor o día da Pas: paradoxal faselo cunha película bélica, na que a violensia non é pouca. En fin, que se lle vai faser. A entrada vai para dar algho máis de informasión da película “Full Metal Jacket”, do seu director Stanley Kubrick e alghunhas curiosidades. E tamén me ghustaría moito que quen a vira deixara aquí os seus comentarios, impresións, reflexións... Ai vai a miña.


“Born to kill” (“Nacido para matar”) resa o casco no cartel da película “A Chaqueta Metálica”. Quisais debería disir “Educated to kill” (“Educado para matar”). Está claro (creo eu) que as maiores vítimas da gherra son os sivís, tanto os mortos (tamén coñesidos polo eufemismo de “danos colaterais”) como os vivos que sofren o medo, as inclemensias, o desarraigho e o baleiro que queda cando os exércitos marchan (se é que o fan). Pero a veses as vítimas tamén están dentro dos exércitos, persoas enviadas a matar (imaxinade o que lle pode faser iso a unha alma humana) e a morrer (hai cousas moito peores) nunca se sabe ben porqué. E cando se sabe acostuma ser un absurdo, unha loucura, un capricho. Os responsables sempre miran dende fóra, dende arriba, sen dor, sen remordemento, sen alma nin corasón. Non ven que mandan aos seus ighais a matar aos seus ighais por algho que non é nada a carón dunha vida. Non ven cos ollos dos soldados que matan nin ven cos ollos dos fillos que morren. QUE INXUSTO!



Hoxe os de 3ºB tragámonos a infame película “Full Metal Jacket” (“A Chaqueta Metálica) do sobrevalorado director Stanley Kubrick. Así decidiu conmemorar o titor o día da Paz: paradoxal facelo cunha película bélica, na que a violencia non é pouca. En fin, que se lle vai facer. A entrada vai para dar algo máis de información da película “Full Metal Jacket”, do seu director Stanley Kubrick e algunhas curiosidades. E tamén me gustaría moito que quen a vira deixara aquí os seus comentarios, impresións, reflexións... Ai vai a miña.

“Born to kill” (“Nacido para matar”) reza o casco no cartel da película “A Chaqueta Metálica”. Quizais debería dicir “Educated to kill” (“Educado para matar”). Está claro (creo eu) que as maiores vítimas da guerra son os civís, tanto os mortos (tamén coñecidos polo eufemismo de “danos colaterais”) como os vivos que sofren o medo, as inclemencias, o desarraigo e o baleiro que queda cando os exércitos marchan. Pero a veces as vítimas tamén están dentro dos exércitos, persoas enviadas a matar (imaxinade o que lle pode facer iso a unha alma humana) e a morrer (hai cousas moito peores) nunca se sabe ben porqué. E cando se sabe acostuma ser un absurdo, unha loucura, un capricho. Os responsables sempre miran dende fóra, dende arriba, sen dor, sen remordemento, sen alma nin corazón. Non ven que mandan aos seus iguais a matar aos seus iguais por algo que non é naa a carón dunha vida. Non ven cos ollos dos soldados que matan nin ven cos ollos dos fillos que morren. QUE INXUSTO!

17/1/08

ISTO é un cachondeo, TOTAL, e ABSOLUTO!


Que conste que escribo porque, como xa remarquei no título


ISTO É UN CACHONDEO TOTAL E ABSOLUTO !!!





Primeiro nos din que non celebramos o Nadal. Picámonos un pouco, pero dinnos que, en cambio, imos facer unha festiña a finais de xaneiro, polo día da paz. Ninguén volve protestar. Conformámonos como neniños bos e non se volve falar do tema.







A día de HOXE Álex nos comunica que NON TEN NIN IDEA DE NINGUNHA FESTA EN XANEIRO (vamos, que non existe esa festa. UN CACHONDEO!). Aínda por enriba nos propón ver unha peli con motivo do día da paz, pero hai que perder un recreo E RECUPERAR A CLASE DE MATE que perdamos. (Por certo, o recreo que perdemos, TAMÉN O RECUPERAMOS?)







Aínda para máis, HOXE, a MEDIO MES do Entroido, resulta que van a dar un premio ao mellor (ou mellores de grupo) disfraz de CONTOS. OUTRO CACHONDEO! Pero claro, os aguillas dos profes tíñano gardado para ter máis tempo para os traxes e gañar eles. Gggg... Pécoras!











QUEREMOS MÁIS FESTAS!!!

30 DE XANEIRO DÍA DA PAZ


12/1/08

EOOOOOOOOOOOoooooooooo

Morreu A Ghaivota???????
Pois nonnnnnnnnnnn!!!!!!!
Veña, ESPERTADE, preghiseiros do foghar de Breoghan.
Déixovos algo de Dance galego tipical saturday night. Camonebribadi.


Podes descargala de balde
aquí.Dj son1c.
Dance galego en Vieiros.

7/1/08

Radio BloGaliza

Si, mañá non queda outra. Rematou o que se daba e toca voltar ás aulas. Para que a cousa se nos faga un chisco máis levadeira tráivos unha suxestión musical, Radio BloGaliza.
RadioBloGaliza é un proxecto sen ánimo de lucro que pretende fomentar a música feita en Galiza, nomeadamente a música libre ou difundida masivamente polos seus creadores na internet. RadioBloGaliza consta dunha páxina web, que presenta información instantánea sobre a música e programas que están sendo emitidos ao vivo e que permite votar as cancións, así como dun fluxo de son que pode ser escoitado en calquera reprodutor co codec adecuado.

É moi sinxelo, escoitas o que outros piden ou vas á listaxe, escolles o que queres oír e en pouco tempo xa está soando para ti. Espero que vos guste.

4/1/08

Bloody Sunday

Feliz ano a todo o mundo. Estaba agardando pola primeira entrada do ano no noso blog (confiaba en Pilar ou Adriana, por que será? :-P), pero está visto que aínda dura o empacho de marisco e a emoción de que traerán os reis magos. Eu empachado estou, pero o espírito consumista escapoume hai tempo, así que aí vai un video musical moi especial (creo que aínda non puxera ningún).

Non é que U2 sexa o meu grupo favorito nin moito menos (aínda que en concerto son impresionantes). É o que representa esta canción, a historia do que aconteceu o 30 de xaneiro de 1972 "Bloody Sunday" (Domingo Sanguento) en Derry, Irlanda, cando o exército inglés asasinou a 14 persoas (6 delas menores) durante unha manifestación pacifista en prol dos Dereito Civís. Eu coñecín a historia gracias á película homónima "Bloody Sunday" dirixida por Paul Greengrass (e chorei escoitando a canción de U2 ao final da peli). E estremecinme cando, tempo despois, visitei en Derry o lugar onde aconteceran os feitos.

En fin, o video mestura un directo da canción con imaxes da peli. Que vos preste!


Felis ano a todo o mundo. Estaba aghardando pola primeira entrada do ano no noso blogh (confiaba en Pilar ou Adriana, por que será? :-P), pero está visto que aínda dura o empacho de marisco e a emosión de que traerán os reis maghos. Eu empachado estou, pero o espírito consumista escapoume hai tempo, así que aí vai un video musical moi espesial (creo que aínda non puxera ninghún).


Non é que U2 sexa o meu ghrupo favorito nin moito menos (aínda que en conserto son impresionantes). É o que representa esta cansión, a historia do que aconteseu o 30 de xaneiro de 1972 "Bloody Sunday" (Domingo Sanguento) en Derry, Irlanda, cando o exército inghlés asasinou a 14 persoas (6 delas menores) durante unha manifestasión pasifista en prol dos Dereito Sivís. Eu coñesín a historia ghrasias á película homónima "Bloody Sunday" dirixida por Paul Greengrass (e chorei escoitando a cansión de U2 ao final da peli). E estremesinme cando, tempo despois, visitín en Derry o lughar onde aconteseran os feitos.

En fin, o video mestura un directo da cansión con imaxes da peli. Que vos preste!