Ola a todo o mundo. Os departamentos de Tecnoloxía e Matemáticas organizan o...

II CONCURSO DE FOTOGRAFÍA TECNO-MATEMÁTICA
IES MONTE CARRASCO
PARTICIPANTESPodemos participar
TODOS. Todos quere dicir alumnos, profesores, PAS, nais e pais, ex-alumnos (e se non estás entre os anteriores, pregunta). Agora ben, só resultarán premiadas as obras dos alumnos matriculados no centro este ano.
TEMAO tema das fotografías ten que estar relacionado co mundo da tecnoloxía e das matemáticas. Hai un montón de exemplos sen máis que visitar o blog do insti aghaivota.blogspot.com ou poñer “fotografía matemática” en google.
PRESENTACIÓNAs fotografías entregaranse a calquera membro do departamento de Matemáticas (Uxío e Álex) ou Tecnoloxía (José Antonio e Elena). As fotografías deberán ir montadas nunha
cartolina tamaño DIN A4 (tamaño folio) coa seguinte distribución: na parte superior debe ir o
título, na parte central a
fotografía e, na parte inferior, un
breve texto do autor (explicación, interpretación, idea, ...). Na parte posterior da fotografía deberá figurar o nome do autor e a súa relación coa comunidade educativa do IES Monte Carrasco. Ademais deberase entregar a fotografía (con título e texto) en formato dixital (vía memoria USB, CD, correo electrónico a
alancoia@edu.xunta.es).
Poderanse presentar un máximo de
dous traballos por participante.
PRAZOO prazo de presentación finaliza o
mércores 27 de maio.
XURADOEstará formado polo profesorado dos Departamentos de Tecnoloxía e Matemáticas e un profesor doutro departamento e valorará a orixinalidade e idoneidade do título, a calidade plástica e técnica da imaxe, o seu contido matemático e a explicación dada.
PREMIOSHaberá tres premios:
1º premio (50 €),
2º premio (20 €),
premio especial do público (10 €). Os premios non serán entregados en metálico senón por: material fotográfico, electrónico, libros, música ou películas. O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios.
AUTORÍA DAS IMAXESAs fotografías deben ser orixinais e en ningún caso se aceptarán fotos descargadas de Internet, nin escaneadas de ningún tipo de medio gráfico. Comprobarase minuciosamente a autoría das fotos (especialmente das premiadas), esixindo aos gañadores que demostren a súa autoría. Si se permiten fotomontaxes e retoques a partir de orixinais.
Déixovos aquí os enlaces do ano pasado para que lle botedes unha ollada:
http://aghaivota.blogspot.com/2008/05/i-concurso-de-fotografa-matemtica.htmlhttp://aghaivota.blogspot.com/2008/06/fotografa-matemtica.html