Vía Trafegando Ronseis:
Revista editada polo Concello de Lugo:
Unha lecturiña: "la cenicienta que no quería comer perdices" de Nunila López Salamero e Myriam Cameros Sierra, ilustradora
Manifesto 25 de novembro 2012
Esta semana no IES Monte Carrasco celebramos o "día da Biblioteca". Tivemos unha serie de actividades, velaí os carteis:
Despois de moitas horas de traballo, por parte do grupo da Revista do EDLG, por fin a temos acabadiña de saír das máquinas, aínda bota fume....... Moitas grazas a tod@s os/as colaboradores.
As cancións máis votadas foron "vaiche boa" de Heredeiros da Crus (25 votos) e "Ninguém" Dios Ke Te Crew & Quempallou (18 votos).
Onte, venres organizamos unha andaina co IES Mª Soliño. Tivemos unha xornada moi agradable, coñecemos un pouquiño máis a nosa zona, grazas a presentacións, que fixeron o alumnado dos 2 centros, das Parroquias de Darbo e de Limens. Esperamos que se poida repetir para o curso 2012-2013
Vexamos a selección de fotos para o concurso: Que é o que é? O alumno de 4º ESO, Pablo Castro foi o único que acertou todas.
Aquí tedes unha serie de videos sobre o polifacético: Valentín Paz Andrade
Acabamos a 2ªavaliación co fabuloso recital poético de María Lado e Lucía Aldao, e hoxe comenzamos a 3ªavaliación coa presentación da película "Vilamor". Viñeron a visitarnos o director, Ignacio Vilar e os tres actores protagonistas: Sabela Arán, Rubén Riós e Xoel Yáñez. Estiveron encantadores, e acercáronnos un pouco máis ao mundo do cine. Esperamos que teñan moito éxito.
Hoxe estrénase a película ás 20h00 nos Cines Gran Vía en Vigo.
No CEIP de Antas de Ullas fixeron un lipdub cunha nova versión de "Eu si te pego"
Este é o blog A Gaivota do IES Monte Carrasco, onde poderedes deixar comentarios, intercambiar imaxes e todo o que queirades do acontecido no noso centro.
ANIMÉMONOS A PARTICIPAR!