26/10/14

Teatro en Cangas

No Auditorio Municipal  a ESCOLA MUNICIPAL DAS ARTES ESCÉNICAS DE CANGAS presenta: SOÑO DUNHA NOITE DE VERÁN martes, 28 de outubro ás 21:00 horas


Ollos de auga nº16

12/10/14

Mafalda cumple 50 anos

Escomenzamos o curso 2014-2015

3/6/14

Contos Dramatizados CEIP San Roque

O alumnado de teatro de 1ºESO A-B preparou uns contos seleccionados pola Biblioteca CEIP San Roque. As obras representadas  foron Chibos e Chibóns, A galiña Roxa, A vaca que puxo un ovo, Imos cazar un oso, O coelliño branco, Croco, Cocorico e O lobo feroz. O venres tivo lugar a representación para o alumnado de Infantil e Primaria.  O espectáculo tivo un éxito rotundo. Velái unha mostra

Intercambio Epistolar

Ao longo deste curso 2013-2014 viñemos desenvolvendo unha actividade denominada: Intercambio epistolar.
Esta actividade tivo varias partes:
A primeira delas consistiu en que, as alumnas e alumnos de terceiro de ESO, se carteasen, en galego, con alumnado doutro centro educativo: IES Carlos Casares.
Esta primeira parte resultou moi satisfactoria, a maior parte do noso alumnado descoñecía os modos tradicionais de comunicarnos: neste caso a carta e tiveron que aprender as fórmulas básicas para a elaboración da carta, cubrir o sobre co remitente e o destinatario, etc.
A seguinte parte da actividade consistiu en establecer a comunicación entre ellas e eles a través das novas tecnoloxías: correo electrónico ou whatsapp.

Rematou a actividade cunha visita guiada á Illa de San Simón. Previamente, o alumnado leu o libro: Noite de voraces sombras de Agustín Fernández Paz e, xa na illa, os monitores organizaron unha vistita guiada e unha xincana ao redor do libro. Esta parte resultou moi interesante porque puidemos coñecer un pouco máis a nosa histoira e sobre todo a historia da illa, dende o ataque dos piratas turcos, a chegada de Xulio Verne, a construción do Lazareto marítimo, o campo de traballo, etc.   

12/5/14

Ennobelando Esperanzas

Mes das Letras Galegas no Monte Carrasco

19/3/14

10/3/14

Día da muller: 8 de marzo 2014









Día de Rosalía

O 24 febreiro celebramos o "Día de Rosalía". A primeira hora repartíronse rosas de papel feitas polo alumnado do centro, e unha selección de poemas.
A última hora o alumnado de 1ºESO recibíu a visita inesperada de Rosalía e do seu home, esta faloulles da súa vida e obra.
Houbo un recital de poesía tanto pola parte do alumnado como de Rosalía.

28/1/14

Día da Paz 2014

Os Paraguas de Lamb pola Paz é un proxecto artístico mundial que implica a pintura e decoración de paraguas. Os participantes en este evento: alumnos, pais, artistas plásticos, etc, deseñaron artísticamente paraguas que representan os seus valores persoais de paz mundial, seguido dun desfile no barrio. Esta é unha manifestación do esforzo individual para levar paz ao redor do mundo onde vivimos. O paraguas é un símbolo de aceptación que inclúe a todos baixo a súa protección sen importar raza, idade, xénero ou cor. O simbolismo do paraguas é o seguinte: a tea representa a enerxía universal que conduce ás varillas que representan a forza de cada individuo. Cada varilla pode representar algo diferente para cada persoa como a familia, amigos, relixión, educación e máis. No IES Monte Carrasco pintar un paraguas foi unha experiencia que potenciou a expresión das nosas esperanzas e os nosos soños.

12/1/14

Abrígate coa lingua

Boletíns de lecturas




3/12/13

Culturgal 2013

O venres 29 de novembro o alumnado que forma parte do grupo do EDLG e mais o alumnado de 3º de ESO fomos ao Culturgal, a feira das industrias culturais de Galicia. 
O alumnado de primeiro e segundo de ESO asistiu a un obradoiro de expresión escrita e mais a un faladoiro co escritor Marcos Calveiro sobre a súa novela: Todos somos, publicada pola Editorial Xerais. 
O alumnado de terceiro de ESO asistiu a dous faladoiros literarios: un a cargo de Sabela González sobre o libro Bágoa de Lúa, primeiro volume da triloxía As crónicas de Landereina, publicado por Galaxia, e o outro a cargo de Manuel Lourenzo González sobre o libro Flor de Area, publicado por Xerais.
O alumnado agasallou aos autores con senllos traballos nos que ilustraron cada un dos libros e expresaron a súa opinión persoal. 
Visitaron a feira durante unha hora e puideron ver toda a produción audiovisual, literaria, gráfica, musical, etc, que se está a realizar en Galicia e en galego.



Culturgal 2013 from luz jares on Vimeo.


23/11/13

Abrígate coa Lingua


14/11/13

Sés: Tempestades de sal

Preparando o 25 de novembro: día contra a violencia de xénero.

12/11/13

Magosto 2013

28/10/13

Samaín

SAMAÍN 2013.1 from luz jares on Vimeo.

SAMAIN 2013.2 from luz jares on Vimeo.

23/10/13

Som do Galpom

13/10/13

Xa estamos de volta........

Xa empezou o curso é a verdadeque este ano retrasámonos, pero non é porque vos olvidamos, nin que imos deixar de pór cousas no blog, senon que nos estamos reunindo para organizar as actividades, temos moitas.E hai sorpresas. Para empezar ben aí vos deixo un vídeo das pinturas de Leandro Lamas e música de Gaudi Gallego e Guillerme Fernández. Espero que vos guste.

26/6/13

13/6/13

O vindeiro venres 14 de xuño ás 21 horas no Auditorio Municipal de Cangas terá lugar a estrea mundial da superprodución audiovisual: 

A LIGA DOS CHARNECOS EXTRAORDINARIOS 

  

Hollywood tembla coa competencia. 
Bollywood baila coas cancións.

27/5/13

Biografía de RVB

17/5/13

Día das Letras Galegas 2013


Presentación que percorre a traxectoria vital e creativa do autor homenaxeado. Autoría: ENDL do IES Félix Muriel (Rianxo)