13/3/09
6/3/09
Xa estamos na Wikipedia
Coa colaboración dos alumnos/as Moisés Pérez, María Donaire e José A. Pérez de 1º A, Jessica Alfonso e Sara González de 1º B, Ángel Iglesias e Jessica Pazó de 2º A, e Santiago Hermelo e Gonzalo Míguez de 2º B, preparamos unha sinxela entrada sobre o noso Centro (IES Monte Carrasco) para facer uso das novas tecnoloxías e familiarizarnos coas posibilidades didácticas da Wiki e aportar unha información da que carecía a Enciclopedia (non estabamos na Wikipedia !) e que pode ser editada por calquera usuario rexistrado que, repectando as normas que comentamos, queira ampliar ou actualizar a información.
27/2/09
Entroido
A xente disfrazouse do máis variopinto, pero mandaran as tribus urbánas.
13/2/09
Saída a Santiago
Que bo é o profe Xaquín que nos levou de excursión a Santiago aos de 2º e 4º da ESO e a Miguel e Álex.
Claro que haberá quen diga que o mellor foi ir a Área Central, pero sobre gustos non hai nada escrito.
10/2/09
Xornadas deportivas no María Soliño
O primeiro día tocoulles aos de 1º e 2º.
O segundo día foron os de 3º e 4º.
8/2/09
Imaxes interactivas: agregar a favoritos.
Estes son algúns exemplos citados polos autores e, estes outros que seguen, moito máis sinxelos pero indicativos do seu potencial, fixémolos coa colaboración dos alumnos e alumnas Sara González de 1º B, Moisés Pérez de 1º A, Jessica Pazó de 2ºA e Gonzalo Míguez de 2º B:
1/2/09
Diversidade: o normal é que sexamos diferentes
* Recursos para diversidade educativa
* Actividades e Recursos educativos
* Wiki de recursos educativos
* Compendio de recursos web 2.0
Creo que calquera tempo educativo pasado foi peor e que, apesares de que a meirande parte dos problemas escolares que vivimos nas aulas son alleos á escola, non podemos fracasar na tarefa de limar as desigualdades de partida e espertar en cada un dos nosos rapaces e rapazas as súas mellores facultades. O reto consiste en ser quen de ofertar a cada un a axuda que precisa, axustando a intervención educativa á individualidade e definindo a función e coordinación de tódolos profesionais necesarios para acadar unha resposta educativa de calidade ás necesidades de formación; é unha responsabilidade non só profesional, senón ética.
Enlaces de interese:
27/1/09
Nace "o faladoiro"
21/1/09
Sarabia no Carrasco
O martes 20 de xaneiro produciuse un deses fenómenos meteorolóxicos que sorprenden e impresionan, polo menos aquí na costa. A primeira hora da mañá, caeu unha sarabiada tal que deixou cuberto todo o Monte Carrasco. Estaba tan branca a cousa que a xente preguntaba dende as fiestras "É xeo ou neve?". Non era neve, pero deixounos unhas fermosas fotografías.
19/1/09
Caderno de Bitácora: IES María Soliño
Capítulo 4:
Boas a todos e a todas, que como nos dixo a profe de lingua, e obrigatorio dicilo, xD
Xa facía un tempo que non había Caderno de Bitácora non?
Pois hoxe volveu nun novo ano, si no 2009.
Hoxe non vou facer un repaso da actualidade no Soliño, senón máis ben
o que me gustaría sería preguntarvos a todos os que vos pasarádes que foi
para vos o ano 2008 como alumnos do IES Monte Carrasco.
Para min foi a despedida dos mellores profesores e compañeiros que encontrei
polo de agora. Foi o ano no que finalicei a ESO ó fin, aínda que comecei co Bacharelato :S
Nese ano fixemos o viaxe de Fin de Curso, a Barna :D :D :D :D :D :D :D !!
En definitiva, e quitando as clases e os examnes, foi un gran ano ;)
Agora tócavos a vós alumnado do Carrasco (e que se digo alumnado non teño que decir
alumnado e alumanada?, xD )
Ata aquí este Caderno de Bitácora, todo isto e moito máis na próxima edición, que sabe dios
cando será :D
Saúdos!!!
19/12/08
Bo nadal
Desexámosvos bo nadal a todos coa postal e os cantos de reis dos nosos alumnos:
SOMOS OS REISES DO KIRIKI:
Cantámosche os reises guedellos de cabra
Cantámosche os reises non nos deches nada
Somos os reises do Kiririki
Vamos a ver que nos botan aquí
Somos os reises do cacaracá
Vamos a ver que nos botan alá
Somos os reises da cabra fanada
Viñemos eiqui non nos deron nada
Aquí vimos catro, cantaremos oito
Danos de aguinaldo, fuciño de cocho
Ao aguinaldo, ao aguinaldo andamos
se nos dan fuciño tamé o levamos
Recollida por Jessica Alfonso Gandón
NO PENDELLO:
No pendello que hai xunto ao camiño
Hoxe ás doce da noite nasceu un meniño pequeniño
Que parece que do ceo caeu
Un meniño pequeniño
Que parece que do ceo caeu
Entre o bafo de dous animais
Pois o pobre cubertas non ten
Nin señales de pañales para tapalo do frío se ven
Nin señales de pañales para tapalo do frío
Levareille logo este mantelo
Anque as frebas boa fallan me fan
E un roxelo de bo pelo.
Pra que faga bos caldos súa nai e un raxelo de bo pelo
Pra que faga bos caldos.
Levareille tamén esta pita
Pois co neno máis guapo que eu vin
E a cabrita máis bonita que pra el do cortello escollín
E a cabrita máis bonita que pra el do cortello escollín
Recollida por Leticia Valente e Uxía Molanes
OS PEIXES BEBEN NO RÍO
A Virxe se está peiteando entre cortina e cortina
Os seus cabelos son de ouro e tamén de prata fina
Pero mira como beben os peixes nese río
Pero mira como beben por ver a Deus nacido
Beben e beben e volven a beber
Os peixes nese río por ver a Deus nacer
Recollido por Sara González
Mirai, mirai que feitiña
a cuna do neno Dios
Quén fóra algunhas palliñas
para quentarlle o corpo ao señor!
Quén fóra algunhas palliñas
para quentarlle o corpo ao señor!
Pastores cántanlle ao neno
porque os ánxeles fuxiron
Quén fora como eles
adorarlle a aquel meniño!
Quén fora como eles
adorarlle a aquel meniño!
La, la, la, la, la, la, la, la, la
Recollida por Xesús Bermúdez Rodas
10/12/08
Recursos e actividades educativas
Preséntovos unha nova recompilación de recursos e actividades educativas que poden ser de interese para os vosos traballos e estudos.
Uploaded on authorSTREAM by jvidal
25/11/08
24/11/08
Concusos Samaín e Magosto

Un ano máis, os de primeiro entran pisando forte e quedándose con todos os premios.
CABAZA GAÑADORA

Xesús Bermúdez Rodas (1º A)
BANDA DESEÑADA GAÑADORA
Sara García Santos e Inés Costas Villar (1º A)
PÓSTER GAÑADOR
Inés Costas Villar e Sara García Santos (1º A)
POSTRE GAÑADOR
BOMBÓNS DE CASTAÑAS
INGREDIENTES:
CASTAÑAS
CHOCOLATES
½ VASO DE NATA LÍQUIDA
FIDEOS DE CORES DE CHOCOLATE
Cómo se fai?
Pélanse as castañas e póñense a cocer con auga e dúas culleradas de azucre durante 8 minutos mentres tanto metemos nunha cunca ½ vaso de nata líquida e o chocolate en anacos e quentámolo ao microondas durante dous minutos ata que se derreta.
Cando as castañas están cocidas, bañámolas no chocolate e os fideos de cores.
Poñémolas sobre unha fonte con papel de forno e logo a neveira para que se solidifiquen ben.
Javier Fernández Chapela (1º A)
19/11/08
Magosto
Pois alá foi o magosto e parece que a xente o pasou ben (véxase as caras nas fotos, calquera diría que están no cárcere-instituto). Houbo de todo, futuros alumnos, castañas (gracias a nais e pais), ovos rotos, mazás e moedas de chocolate (ao módico prezo de manchar a cara), chave, moi bo rollo e moita animación.
Pois alá foi o maghosto e parese que a xente o pasou ben (véxase as caras nas fotos, calquera diría que están no cársere-instituto). Houbo de todo, futuros alumnos, castañas (ghracias a nais e pais), ovos rotos, masás e moedas de chocolate (ao módico preso de manchar a cara), chave, moi bo rollo e moita animasión.
E por se fora pouco, recuperouse a tradición do trompo (algúns con máis man ca outros), tiramos da corda con gañas (e con trampas), saltamos á comba e xogamos un memorable partido de fútbol (que os alumnos só lograron empatar por cantada do porteiro profe). Que haxa moitos así...
E por se fora pouco, recuperouse a tradisión do trompo (alghúns con máis man ca outros), tiramos da corda con ghañas (e con trampas), saltamos á comba e xoghamos un memorable partido de fútbol (que os alumnos só loghraron empatar por cantada do porteiro profe). Que haxa moitos así...





