2/7/11

VACACIÓNS

Boas vacacións a tod@s! Ata setembro.....

19/6/11

A revista "A GAIVOTA"

Acaba de saír a revista! Aínda bota fume !

16/6/11

A película do ano

Como todos os anos chéganos a super produción do Obradoiro de Iniciación ao Audiovisual ás pantallas Canguesas. Aí vai o TRAILER.



Non perdades a estrea no Auditorio Municipal de Cangas o Venres 17 de xuño 2011 ás 21h00.

30/5/11

IIIºFestival de poesía do IES Monte Carrasco

Hoxe tivo lugar o IIIº Festival de Poesía, onde o alumnado de 1º e 2º ESO de Teatro recitou poemas de Lois Pereiro, de Eusebio Lorenzo Baleirón, Ana Romaní, Manuel Rivas, Angel González, Paul Valéry, Ana Rossetti, Pilar Pallarés, José Angel Valente, Boris Vian e Giaconda Belli. A nosa lectora de inglés, Karolina Cieslik, colaborou amablemente recitando uns poemas en polaco e alemán de Wislawa Szymborska(Premio Nóbel de Literatura en 1996) e Georg Trakl respectivamente.

Canción gañadora do "IIIºTONADAS +" 2011

A canción gañadora do "IIIºTonadas +" 2011 foi "GA-A-LEGO" de Puto Coke, en 2ºlugar quedou Som do galpóm "QUEDAMOS NESA PRAZA"




24/5/11

Nantes

Onte pola mana o alumnado asistiu a clases, fomos facer un piquenique a un xardin de estilo xapones; despois fixemos unha travesia en barco polo rio Erdre de onde se vian"les follies Nantaises", unha serie de pazos ao longo do rio.

23/5/11

Viaxe a Nantes

O venres o alumnado asistiu a clases; comeu na cantina do centro e pola tarde estivemos en "Les machines de l'Île": unha enorme nave industrial onde un grupo de teatro "Royal de Luxe" fai uns artiluxios mecanicos interactivos, inspirandose na obra do novelista Nantes: Xulio Verne. Ai vai unha mostra: un elefante xigante que andaba polo recinto bufando e cuspindo auga. Os/as nenos/as pasarono en grande.
(Este texto esta sen acentuar porque nos teclados franceses non hai tiles.....)

20/5/11

Intercambio Nantes

O alumnado de 2°ESO de Francés està a realizar un intercambio co Collège Aristide Briand de Nantes, onte estivemos nas famosas vinas de Muscadet, e hoxe recibiunos o Concelleiro de Cultura da vila.

15/5/11

MES DAS LETRAS GALEGAS 2011

Máis poemas de Lois Pereiro recitados por membros do EDLG e membros da comunidade educativa. Moitas grazas pola súa colaboración....

9/5/11

MES DAS LETRAS GALEGAS 2011

Vía EDLG IES Lagoa de Antela


Vía coordinadora EDLG:

8/5/11

Poemas Lois Pereiro

Dous poemas recitados polo alumnado de 1ºA e 1ºB de Teatro, espero que vos guste!!!

6/5/11

MES DAS LETRAS GALEGAS 2011

Outro vídeo para gozar:

4/5/11

Mes das letras galegas 2011

Video gañador do Concurso Correlingua 2011, destinado a promocionar o noso idioma. Moi bon traballo do EDLG e Biblioteca do IES IES Fontem Albei.



Vía Blog Mesturas

3/5/11

MES DAS LETRAS GALEGAS 2011

Máis vídeos interesantes:






1/5/11

MES DAS LETRAS GALEGAS

"3ªTONADAS +"
Como todos os anos volve o "TONADAS+" do EDLG.
Porase na entrada do centro unha urna para que poidades votar. Xa podedes ir escoitando!!!!!

24/3/11

NACE UN BLOG PARA A EXCURSIÓN AO VAL DAS ELJAS

Os tres institutos que imos compartir viaxe ao Val das Ellas ou de Xálima (IES Prieto Nespereira, IES Lagoa de Antela e IES Monte Carrasco) creamos un blog para colgar todo o material (investigación, actividades, vídeos...) sobre este proxecto.
Monte Lagoa Nespereira no Val de Xálima

20/3/11

Representación de Ramón de Sergi Belbel

Exitosa representación de "Ramón" de Sergi Belbel, na Biblioteca do IES Monte Carrasco

9/3/11

Día Internacional da Muller Traballadora


EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS DE MULLERES DO MUNDO E MULLERES ANÓNIMAS QUE TERÀ LUGAR DURANTE ESTA SEMANA NO IES MONTE CARRASCO
MULLERES DO MUNDO:
MULLERES ANÓNIMAS

IMAXE DA MULLER A MEDIADOS DO SÉCULO XX.

Mulleres Galegas Relevantes. Fonte a páxina culturagalega.org

Carteis de diversas campañas do día da muller traballadora:

27/2/11

ENTROIDO NO MONTE CARRASCO


FOTOGRAFÍAS DO ENTROIDO NO CARRASCO

Os premios foron os seguintes:
  • Murga gañadora: 3ºA
  • Comparsa con mellores disfraces: 4ºA
  • Mellor disfraz: Abrán Santos de 2ºB


MATERIAL CEDIDO POLA COORDINADORA DOS EDLG





O ENTROIDO EN XINZO DE LIMIA

23/2/11

125º aniversario do pasamento de Rosalía de Castro

Con esta selección de poesías queremos recordar unha das grandes poetas da nosa cultura, que soubo dignificar a nosa lingua e o pobo galego.

13/2/11

Poemas de amor

Aí vai unha escolma de poesías:

25/1/11

SEMANA DA PAZ

Vía o Blog do IES Lagoa de Antela descubrimos estes interesantes videos:



23/1/11

SEMANA DA PAZ

Aí van uns vídeos interesantes de denuncia da violencia:



Agora unha entrevista que houbo na TVG a Manuel Dios do Seminario Galego para a Paz do 18 de decembro de 2007:


E para acabar unhas músicas pola paz:

16/1/11

Representación teatral no CEIP San Roque

Exposición "Unha mirada matemática"

Estos días temos unha exposición moi interesante: "Unha mirada matemática", Nieves Díaz Fernández móstranos as simetrías da natureza ao traves do ollo fotográfico. Para poder vela podedes ir ao blog da autora.

Espero que vos guste.

http://abelgalois.blogspot.com/2010/04/unha-mirada-matematica.html

23/12/10

Agasallos Nadal

Vía o blog "O falar non ten cancelas" do EDL de Xinzo de Limia, atopamos esta proposta de agasallos para Nadal.

Representación teatral no CEIP San Roque

O día 21 de decembro o grupo de teatro do EDL do Monte Carrasco representou no CEIP San Roque O león que non sabía ler
de Martin Baltscheit. Despois de moitos ensaios e moito traballo penso que a obra foi todo un éxito. Todo o mundo quedou encantado.
Aí vai unha escolma das fotografías da actuación, para despois de Nadal presentaremos a mini película. Bo Nadal a tod@s

22/12/10

Calendarios- Marcapáxinas EDL

Por fin chegaron os calendarios marcapáxinas.
Moitas grazas a tod@s os que colaboraron na súa elaboración especialmente as diseñadoras Sheila Acuña Ferradanes e Ana Rosa Salgado Diz





Entrega dos calendarios a distintos membros do IES