Vídeopoema creado por Andrea Nunes, Lorena Souto e Mario Regueiro co motivo do recital "Ergueremos a esperanza" celebrado en Deusto en abril de 2012, baseado no famoso poema de Celso Emilio Ferreiro:
Esta semana no IES Monte Carrasco celebramos o "día da Biblioteca". Tivemos unha serie de actividades, velaí os carteis:
Despois de moitas horas de traballo, por parte do grupo da Revista do EDLG, por fin a temos acabadiña de saír das máquinas, aínda bota fume....... Moitas grazas a tod@s os/as colaboradores.
As cancións máis votadas foron "vaiche boa" de Heredeiros da Crus (25 votos) e "Ninguém" Dios Ke Te Crew & Quempallou (18 votos).
Onte, venres organizamos unha andaina co IES Mª Soliño. Tivemos unha xornada moi agradable, coñecemos un pouquiño máis a nosa zona, grazas a presentacións, que fixeron o alumnado dos 2 centros, das Parroquias de Darbo e de Limens. Esperamos que se poida repetir para o curso 2012-2013
Vexamos a selección de fotos para o concurso: Que é o que é? O alumno de 4º ESO, Pablo Castro foi o único que acertou todas.
Este é o blog A Gaivota do IES Monte Carrasco, onde poderedes deixar comentarios, intercambiar imaxes e todo o que queirades do acontecido no noso centro.
ANIMÉMONOS A PARTICIPAR!