29/10/07

MANIFESTO DO NOSO BLOG

Nace o blog "A Gaivota" do Monte Carrasco. Este blog pretende ser un lugar de reunión de todos os membros do noso centro. A idea é sinxela: por un lado publicar e estar ao día das novas que acontecen no centro; por outro participar cos nosos traballos, ideas, suxestións... O blog está aberto a todos nós e a todas as nosas ideas e intereses, por iso o manifesto do blog é moi sinxelo:

  • A lingua vehicular do blog é o galego. As novas entradas do blog deberán estar redactadas en galego, se ben poderemos presentar traballos en calquera das linguas coas que se traballa no centro: galego, castelán, inglés e francés.
  • Non se poderá publicar nada que falte ao respecto a calquera persoa e/ou institución. A linguaxe empregada deberá ser axeitada. En todo caso, débese respectar o recollido no Regulamento de Réxime Interno do centro. O administrador do blog (o ENL) será o encargado de revisar as novas entradas e modificalas/eliminalas de ser preciso.
  • O importante é participar. Os temas a tratar e a forma de facelo só depende dos nosos intereses, as nosas gañas e a nosa imaxinación.

ANIMÉMONOS A PARTICIPAR

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Olaaaaa!
jajaja Matáchesme!
Vaia idea a de informatizar a ghaivota... Como se nota que imprimir custaban cartos... jeje

Para ser o blog dun instituto xa lle chega ben o comentario.

Chaoooooo!

Por certo>> PRiMEiRA!^^




adRi[ana]

Anónimo dijo...

Olaaaaasss!!!

Opino igual que Adri, como se nota que imprimir custa, jjaaj, pero imos votar de menos aquelas revistas....

Pois iso, que eu xa me marcho que teño prisa

HéctoR!^^

PD: SegundO!^^