19/4/08

Un día en Madrid.18-04-08

Despois de moito madrugar, aí estabamos todos, familias,alumnos/as e profesorado.
Despois de ver lóstregos e tronos chegamos ao aeroporto.
Todos moi nerviosos, sobre todo os que ían coller por primeira vez un avión.

E fixemos colas, e embarcamos , e pegámonos aos asentos e despegamos....






Chegamos a Madrid. Fumos facer unha visita panorámica a Madrid. Moi interesante xa que percorremos a capital do reino. Aínda que a algúns non nos gustou moito porque non nos deixaban cantar no autobus.

E estivemos paseando polo Retiro.A primavera chegara. Facía frío e aire .











Algúns como bos/boas mariñeiros/as de Cangas non se poideron resistir e probaron a soltar amarras no grandioso estanque do Retiro. E "golpe de remo" a "golpe de remo" loitaron contra os axentes da natureza : ciclóns, tsunamís etc. E con moita dificultade chegaron a bon porto.







A seguinte parada foi no "ZOOOOO"
Os golfiños bailaron ,cantaron , brincaron e nadaron para nós.







Pasaron polos nosos ollos imaxes moi tenras.







Álgúns estaban durmindo a sesta





Outros mirábanos un pouco tristes








No Aquarium vimos todos tipo de peixes tiburóns, raias,medusas, tartarugas ata algunha víu unha vaca mariña.








Os osos pedían a berros saír









Outras foron de Safarí fotográfico



Alex levaba unhas orelliñas no peto



E, xa para rematar estivemos no Museo da Reina Sofía, onde descubrimos e analizamos os seguintes cadros de Picasso e de Dalí:






2 comentarios:

Bea dijo...

Aiss!! este Álex apúntase a todas eh?? e se non me equivoco, Luz coa cámara :P!! pero... mira que ir a Madrid e non ir a Warner... :D

Luz Jares dijo...

Quen é esa enmeigada?