6/5/08

I Concurso de fotografía matemática

Ola a todo o mundo. O Departamento de Matemáticas organiza o...


I CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA
IES MONTE CARRASCO


PARTICIPANTES
Podemos participar TODOS. Todos quere dicir alumnos, profesores, PAS, nais e pais, ex-alumnos (e se non estás entre os anteriores, pregunta). Agora ben, só resultarán premiadas as obras dos alumnos matriculados no centro este ano.

TEMA
O tema das fotografías ten que estar relacionado co mundo das matemáticas: xeometría (simetrías, figuras, etc.), análise (funcións, ecuacións, etc.), probabilidade, aritmética (números, operacións, etc.). Hai un montón de exemplos sen máis que poñer “fotografía matemática” en google.

PRESENTACIÓN
As fotografías entregaranse a calquera membro do departamento de Matemáticas (Uxío e Álex). As fotografías deberán ir montadas nunha cartolina tamaño DIN A4 (tamaño folio) coa seguinte distribución: na parte superior debe ir o título, na parte central a fotografía e, na parte inferior, un breve texto do autor (explicación, interpretación, idea, ...). Na parte posterior da fotografía deberá figurar o nome do autor e a súa relación coa comunidade educativa do IES Monte Carrasco. Ademais deberase entregar a fotografía (con título e texto) en formato dixital (vía memoria USB, CD, correo electrónico a alancoia@edu.xunta.es).
Poderanse presentar un máximo de dous traballos por participante.

PRAZO
O prazo de presentación finaliza o venres 23 de maio.

XURADO
Estará formado polo profesorado do Dpto. de Matemáticas e un profesor do Dpto. de Tecnoloxía e valorará a orixinalidade e idoneidade do título, a calidade plástica e técnica da imaxe, o seu contido matemático e a explicación dada.

PREMIOS
Haberá tres premios: 1º premio (50 €), 2º premio (20 €), premio especial do público (10 €). Os premios serán cambiables por: material fotográfico, electrónico, libros, música ou películas. O xurado poderá declarar deserto calquera dos premios.

AUTORÍA DAS IMAXES
As fotografías deben ser orixinais e en ningún caso se aceptarán fotos descargadas de Internet, nin escaneadas de ningún tipo de medio gráfico. Comprobarase minuciosamente a autoría das fotos (especialmente das premiadas), esixindo aos gañadores que demostren a súa autoría. Si se permiten fotomontaxes e retoques a partir de orixinais.


Déixovos un cantos enlaces para que vos inspiredes (algunhas feitas por alumnos de secundaria coma vós):
http://www.sectormatematica.cl/fotos.htm
http://www.iescarrenomiranda.com/matematicas/matefoto/index.htm
http://catedu.es/matematicas_mundo/FOTOGRAFIAS/fotografia.htm
http://iesandza.educa.aragon.es/Foto%20Matematica.htm
http://www.uam.es/otros/hojavol/hoja8/concurso08.html

2 comentarios:

Bea dijo...

Ei pero que boa idea!! jajaja ex-alumnos... mmm non coñezo a ningún eh?? :P

veña moitos saúdos para TODOS!!!

Nuria RR dijo...

xenial, eu xa teñ a foto pa darlla ao Alex.
bks