11/5/08

Sotavento 06/05/08

Hola a todos, é moi frecuente que cando se fai unha excursión (Barselona, Madrid) actualise un profe dos que foi a excursión, pero para esta entrada sobre Sotavento, non actualisa nin Alex, nin Jose Antonio, nin Ana Pose, senón que a fai faser HéctoR!^^ de 4ºB. Xa que mo suplicou o Alex de rodilla o outro día ;)





A excursión comezou a iso das oito e media da mañá, xa que solo subimos a clases non sei a que. Despois de iso, montamos no bus, e tras dúas horas de viaxe estábamos en Sotavento (a viaxe como supoñeredes non foi moi axitada, xa que todo dios estaba durmido.




Cando chegamos aló, estivemos esperando un ratiño fora, mentres algúns facían as súas cousas....



Despois diso entramos no edificio principal do recinto (o único que había vaia), e antes de dividirnos en dous grupos para comezar coa visita, estivéronnos explicando un pouco o que íamos facer durante a xornada.


Estivéronnos ensinando como se controla a electricidade que producen, as partes dun aeroxerador, como funcionan as enerxías solar e por hidróxeno, como ahorrar, etc


Ó rematar a visita da mañá, xa era un pouco tarde, polo que paramos a comer. Estivemos almorzando nos exteriores do edificio, alguns a sombra dun aeroxerador, outros nun chan cheo de "pinchos" e outro esparrantullados na herba. Alghúns máis que comer estiveron facendo o parvo, e outros, estiveron falando porque non lles gustaba moito a comida (ou simplemente era intragable...pobre Jose Antonio... ;)).


Cando rematamos de comer, fixemos un xogo no que facendo grupos dfe catro persoas, tiñas que ir respondendo unha serie de preguntas, facendo probas e todo iso sen facer trampas, xa que estaban un tanto tiquismiquis. O xogo gañáronno o grupo dos profes (tongoooO!^^) e regaláronlles unha ghorriñas e uns chaveiros.


Despois do xogo, fixemos unha visita a un aeroxerador por dentro, era moi ... bonito? Bueno, que era moi ghrande, deixémolo aí. Alghúns suberon por unhas escaleiras que non sabemos a onde conducirían (ahh, si, conducían arriba, xD). Despois diso volvemos o edifisio principal onde recollemos as mochilas e montamos no autobús rumbo a casa.


Antes de partir, os monitores reghaláronnos uns posters superchulos que nos fixeron a volta un pouco máis amena. Algúns falaban a través deles, outros xogaban ó baloncesto con boliñas de papel, outros fasian o cabestro no autobus, outros cantaban, así que para ghustos colores.


Con isto remato a entrada sobre Sotavento, que dudo que lea alghén, creo que puxen demasiada letras e as fotos tardan hora e media en carghar!!


Veña, despídome cun saudo chicuuuS!


HéctoR!^^

8 comentarios:

Héctor dijo...

Naturalmente son o primeiro en firmar, posto que acabo de facer a entrada.

Bueno, pos non me queda nada que dicir, así que a comentar e moita festaaA!^^

HéctoR!^^ 4ºB!!

Álex Cortés dijo...

Moitas ghrasias pola entrada, pese a todos os seus defectos (que son moitos ;P) e alghunha que outra ocultasión da verdade. Por serto, o meu nome (abreviado) leva til.

E deixo de darche paos que non vas querer faser outra nin aínda que me poña de xeonllos de verdade ;).

Molou moito a vista a Sotavento, non?

Ghrasias moitas de verdade Héctor.

Pdrs..] dijo...

Justame a foto do meu cu!! :)

...

Gustoume moito a excursion estivo interesante.. moi interesante..

sobretodo a parte do bus jajaj :P
...

Saudos!!

Pdrs..] dijo...

Justame a foto do meu cu!! :)

...

Gustoume moito a excursion estivo interesante.. moi interesante..

sobretodo a parte do bus jajaj :P
...

Saudos!!

Luz Jares dijo...

Moi ben Héctor ,non lle fagas caso a Alex. A túa entrada está BÁRBARA.Segue así. Es un fenómeno.

Luz

Héctor dijo...

Luz, dúas cousas, mellor non lle fagho caso ó Alex porque se non este blog deixaría de ser do insti e sería só dos profes e xa sei que a miña entrada está perfecta (fixena eu) ;p

Adriana dijo...

Muuito Héctoor! Buajaa!
Qué sería do bloog sen el? NASTI DE PLASTI! Eseee!^^

~Gran día ese(:

Anónimo dijo...

MUCHA ANA STAS MONISiMA CO PLATANO



ESE DIA PASEINO MOI BN
K RISAS