Uns desde o Barco de Valdeorras, e outros dende o outro lado do charco, Canadá.
Aquí, entre horas libres e clases de cociña tamén facemos outras cousas como por exemplo, correr 2km entre bloques de casa de madeira para loitar contra o cancro. A isto chámanlle Terry Fox Run, debido a que Terry Fox foi un deportista que cando só era un adolescente diagnosticáronlle cancro de tibia. Intentou loitar contra el mediante quimioterapia pero cando viron que non era posible tomaron a decisión de amputarlle media perna. Pero a noite antes de que isto sucedera o seu entrenador de baloncesto ensinoulle un artigo dunha revista que falaba dun home cunha perna amputada que correra na maratón de Nova York, esto fixo pensar a Terry que decidiu correr para loitar, cunha perna de metal correu maratóns e fixo campañas contra o cancro. Pero isto non era suficiente, xuntou xente e decidiu comezar a maior carreira, propúxose recorrer Canadá dun lado a outro.
Desafortunadamente Terry Fox non puido rematar esa carreira, pois morreu con soamente 22 anos nun hospital de Port Cuquitlam (pobo que está a unha hora de onde eu vivo). En honor á gran persoa que foi Terry Fox todos os anos organízanse maratóns por todo o país nos que participan millóns de persoas.
Nós participamos e demos as nosas donacións na carreira que organizarou o noso instituto. Tamén tivemos o honor de asistir a unha charla que veu dar o entrenador de Terry Fox, a persoa que o empuxou a correr para loitar, e ademais diso o noso colexio organizou unha 'actividade' para todos aqueles que quixeran rapar a cabeza en sinal de apoio a todas as persoas con cancro, no cal participaron numerosos alumnos.
5 comentarios:
Que pasada! E ti rapaches a cabesa tamén? ;-)
Aperta forte dende este lado do charco.
Unha actualizacion intercontiental!!
Este blog xa é a ostia!!
Bueno, un saúdo enorme Iris!
Espero q o esteas a pasar xeniaL!
Aparte de iso, a entreda está moi ben, non coñecía eu esa historia pero está xenial, sobre todo o que fixo o teu insti!
Bo traballo Iris! ;)
Un saúdo a todos!
Non sabía da historia esa, gústanme os heroes anónimos.
Filla, cando cría que chegarías lonxe non me refería precisamente a Canadá. aprts e bks dsd GZ
Héctor! Dez céntimos! jajajajajaja!
Iriii!(L) Pois eu raparíame, un día destes chego a clase sen pelo :D Ía cundir... (H) Ao fin e ao cabo os dese lado non están tan mal do seu, non? jajaa! :P
(Uoh Uoh Uooohh! Pilar por estes larees? :O Entre Héctor, a canadiense esta e a ex-profe calquera diría que é o blog do instituto! Máis ben parece unha páxina como a que estamos a dar en English, 'Friendsreunited', que existe de verdade, e é para localizar a xente que estodou nun mesmo centro, e se rexistrou, claro, como dixo Belén, e posteriormente partiuse o cú!)
Bicoooos! :D
Publicar un comentario