28/11/10

18 comidas.Unha película galega.

Un músico da rúa reencóntrase co amor da súa vida; un home cociña, cociña e cociña para a muller que nunca chega; unha cociñeira soña con ser cantante; unha moza quere, o que un home non dá, mentres un camareiro morre por ela; un macedonio está perdido por desamor en Santiago de Compostela; unha parella de anciáns que xa se dixo todo almorza, come e cea en silencio. Todas estas historias crúzanse ao longo dun día de ficción en 18 comidas, unha película de emocións servidas en torno a unha mesa, unha viaxe polos sentimentos na máis universal de todas as loitas: a de ser feliz.É un cruzamento constante de camiños ao longo de almorzos, comidas e ceas, cunha fronteira moi difusa entre a risa e o choro. Como a vida mesma.
Podes vela nos cines da Praza Elíptica de Vigo.

1 comentario:

Aldara dijo...

Ten pinta de ser unha película entretida, e se se pode ver cerca da casa mellor. Estaba no centro comercial, plaza elíptica, non?
Saúdos