2/5/10

Caderno de bitácora da excursión a Barcelona

Día 1:
O pasado venres 19 de marzo os alumnos de 4º da ESO saímos, xunto con Álex e Luis, cara Barcelona, cheos de ilusión e ganas de pasalo ben.
Cando chegamos o albergue, no Passeig de Gracia, quedamos abraiados: futbolín na sala común, cíber, habitacións con vistas xeniais… Desfixemos as maletas e saímos dar una volta.
Baixamos polas Ramblas, gozando da alegría que se respiraba aquel venres pola noite, e admirando a tódolos artistas que alí estaban. Chegamos ata o Maremagnum, onde ceamos e tivemos tempo libre. Logo, voltamos ó albergue.

Día 2:
Á mañá seguinte, despois de moi poucas horas de sono, saímos cara ó MNAC (Museo Nacional de Arte de Cataluña), no que tivemos una visita guiada, e ó rematar, fomos comer algo, e pola tarde visitamos a Sagrada Familia, na que algún subimos ata arriba, e logo tivemos algo de tempo libre.
Despois de cear voltamos ó albergue, onde continuamos divertíndonos.



Día 3:
Despois dunha noite algo máis tranquila, a mañá do domingo fomos visitar a Pedrera, que nos sorprendeu polo seu luxo, e despois de andar un pouco máis por Barcelona fomos comer. Ó rematar, voltamos ó albergue a cambiarnos para ir ó Bosc Urbá, un recinto de tirolinas, redes e demais no que o pasamos xenial. Despois regresamos ó albergue, onde ceamos e, despois de moitas partidas ó futbolín e risas, coma o resto dos días, fomos ás habitacións.



Día 4:
O luns pola mañá fomos ao cine Imax a ver unha película en 3D: Wild Ocean 3D, na que algún aproveitou para durmir un rato. Logo comemos polo Maremagnum, onde tivemos tempo libre.
Logo visitamos o zoo, no que vimos un espectáculo xenial de delfíns, e logo miramos algúns dos outros animais (tigres, leóns mariños, elefantes…)
Cando nos botaron de alí, como aínda era cedo e non había ninguén que nos alugase unha barca no lago do parque, fomos ata Monjuic en funicular e teleférico, e alí vimos o castelo por fóra, e tamén os preciosos arredores. Ó baixar perdémonos, e despois de andar durante un bo rato, collemos o bus e fomos ata as Ramblas. Despois de cear, fomos ata ó albergue a preparar a festa de aniversario de Brais, na que o pasamos xenial.



Día 5:
Pola mañá fomos ó Parc Güel, que a todos nos pareceu moi bonito, e no que o pasamos ben escoitando ós músicos e paseando.
Despois fomos comer ao importante restaurante Les 4 Gats, e despois algún fomos dar unha volta por Barcelona en bici, na que o pasamos xenial, e logo tivemos tempo de compras polo barrio gótico antes de ir ver o musical de “Hoy no me puedo levantar” que a todos nos encantou e que nos resultou moi entretido.
Cando rematou o musical fomos cear, e logo de volta ó albergue.




Día 6:

Como último día en Barcelona, pola mañá fomos ó Museo das Ciencias, no que pasamos un moi bo rato, e logo tivemos tempo libre para comer, dar unha volta e facer as últimas compras polas Ramblas.
Pola tarde fomos á pista de xeo do Camp Nou, no que houbo risas, caídas e moita diversión.
Despois fomos comprar uns bocadillos e cara ó Camp Nou, preparados para ver o partido Barça-Osasuna.
Despois fomos para ó albergue, con ganas de pasalo xenial a última noite.

Día 7:
Desgraciadamente, o día da volta chegou demasiado pronto, aínda que iso significase que pasáramos uns días xeniais que nunca esqueceremos.
Pola mañá fixemos as nosas maletas e abandonamos o albergue para colle-lo tren que nos levou ao aeroporto de Barcelona, onde deixamos atrás a cidade que tan bos momentos nos fixo vivir.



Iria Pin

No hay comentarios: