30/11/10
28/11/10
O FOTÓGRAFO VIRXILIO VIÉITEZ
É un dos grandes da fotografía española. Cartier-Bresson, que o coñeceu en París, incluíu unha imaxe do fotógrafo galego no seu libro 'As miñas fotos favoritas'. É tamén un caso único, un talento en estado puro, que nunca se considerou un artista.
18 comidas.Unha película galega.
Un músico da rúa reencóntrase co amor da súa vida; un home cociña, cociña e cociña para a muller que nunca chega; unha cociñeira soña con ser cantante; unha moza quere, o que un home non dá, mentres un camareiro morre por ela; un macedonio está perdido por desamor en Santiago de Compostela; unha parella de anciáns que xa se dixo todo almorza, come e cea en silencio. Todas estas historias crúzanse ao longo dun día de ficción en 18 comidas, unha película de emocións servidas en torno a unha mesa, unha viaxe polos sentimentos na máis universal de todas as loitas: a de ser feliz.É un cruzamento constante de camiños ao longo de almorzos, comidas e ceas, cunha fronteira moi difusa entre a risa e o choro. Como a vida mesma.18/11/10
25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
PRESENTAMOS UNHA SELECCIÓN DE VIDEOS MUSICAIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Vía o blog "Trafegando Ronseis" atopamos este vídeo:
Día Internacional contra a Violencia de Xénero 2009 from trafegandoronseis on Vimeo.
O mundo da literatura contra a violencia de xénero:
Gran Magosto
Un día fabuloso de Magosto.Pensabamos que ía chover pero ao final tivemos bo tempo e poidemos gozar das castañas, dos xogos populares e da entrega de premios.....Noraboa. Moitas Grazas a ANPA pola súa colaboración!
12/11/10
CONTOS DE MEDO NO CENTRO SANIDIA DE CANGAS
O martes pasado un grupo de alumn@s fomos ao centro de día de SANIDÍA de Cangas. Alì fixemos a lectura dramatizada dos contos de medo que representaramos durante a semana pasada na Biblioteca. Penso que os nosos maiores quedaron encantados. Eles déronnos un magnífico concerto de cancións tradicionais como a Rianxeira e o Himno de Cangas. Aí vai unha selección de fotografías.
FOTOS GAÑADORAS DO CONCURSO FOTOGRÁFICO
A foto gañadora con 26 votos é de Eva Piñeiro de 3ºB
En 2º lugar quedou a foto de Víctor Montes de 2ºB con 25 votos.
En 3º lugar a fotografía de Anxo Fernández de 4º con 15 votos
E con 14 votos a fotografía de Ana Mariño de 1ºB
5/11/10
As fotografías do concurso
Aí van as fotografías que presentaron @s alumn@s do Carrasco para o concurso fotográfico:
Están todas expostas no Instituto, durante a semana faremos as votacións.

