29/11/11



Este luns tivo lugar a primeira xuntanza do club de lectura para adultos do IES Monte Carrasco. As profes e as nais acordaron ler neste trimestre o cómic Persépole de Marjane Satrapi. Trátase dun dos mellores cómics dos últimos tempos, premiado internacionalmente e levado ao cine con nominción aos Óscar incluida. A autora iraní narra a súa propia traxectora vital, dende a Revolución en Irán, que vive de pequena, até a emigración a Occidente. O choque de culturas, a situación da muller, a soidade, son temas tratados cunha áceda ironía e moita sensibilidade. O 12 de Xaneiro faremos a posta en común e proxectaremos o filme, dirixido pola propia autora. Cómpre reslatar que temos tradución en galego grazas á editorial Rinoceronte, de Cangas. Ben por eles.

No hay comentarios: