Como xa veriades no insti, esta andaina comeza con "Simbad o mariño", un dos moitos contos incluídos en "As mil e unha noites".
Aí vos deixo toda a información para que vos animedes a participar. Un saúdo de A Gaivota do Monte Carrasco.
En concreto, imos traballar o xénero do “conto”.
Para fomentar a vosa participación, prometemos agasallos para todos os colaboradores nas actividades que vos propoñamos ao longo do curso:
- Por cada actividade na que participedes, entregarásevos un Diploma Lector.
- As actividades poden ser as que se propoñan desde a biblioteca ou desde calquera materia.
- Ao final do curso, recibiredes un agasallo en función do número de diplomas.
CANTOS MÁIS DIPLOMAS MELLOR!
SIMBAD O MARIÑO
Para este 1º trimestre, queremos presentarvos un conto da literatura universal: “Simbad o Mariño”. Un conto que forma parte da obra anónima “As mil e unha noites”.
Podedes ver diversos exemplares do conto e da obra completa na exposición que estará do 17 ao 21 de decembro na entrada do centro.
O día 21, podedes solicitar un exemplar na biblioteca para ler durante o Nadal.
Tamén o podedes descargar na páxina web do centro:
http://centros.edu.xunta.es/iesmontecarrasco
na sección biblioteca.
Propoñémosvos tamén as seguintes actividades que vos puntuarán para o voso Diploma Lector:
- Ler o conto de “Simbad o Mariño” e entregar un resumo / valoración crítica, á volta do Nadal.
- Recoller lendas / historias relacionadas co mar, da vosa zona e dos vosos achegados (pais, avós, veciños,...)
Podedes entregalo en formato papel nos recreos na biblioteca ou a través do blog “A Gaivota” (http://aghaivota.blogspot.com) , sección “Imos contar un conto”.
1 comentario:
O link da biblioteca funciona pero na páxina da biblioteca non aparece o texto para baixar. Saúdos.
Publicar un comentario