12/11/10

CONTOS DE MEDO NO CENTRO SANIDIA DE CANGAS

O martes pasado un grupo de alumn@s fomos ao centro de día de SANIDÍA de Cangas. Alì fixemos a lectura dramatizada dos contos de medo que representaramos durante a semana pasada na Biblioteca. Penso que os nosos maiores quedaron encantados. Eles déronnos un magnífico concerto de cancións tradicionais como a Rianxeira e o Himno de Cangas. Aí vai unha selección de fotografías.

FOTOS GAÑADORAS DO CONCURSO FOTOGRÁFICO

A foto gañadora con 26 votos é de Eva Piñeiro de 3ºB



En 2º lugar quedou a foto de Víctor Montes de 2ºB con 25 votos.



En 3º lugar a fotografía de Anxo Fernández de 4º con 15 votos



E con 14 votos a fotografía de Ana Mariño de 1ºB

5/11/10

Aquí vai un adianto das distintas actividades que tivemos esta semana do medoooooooooo.

Primeiro veremos as cabazas tuneadas:



Escolma das actividades realizadas........UUUUUUUUUUUUUUUUH!!!!!!!!!!!!!!!

As fotografías do concurso

Aí van as fotografías que presentaron @s alumn@s do Carrasco para o concurso fotográfico:



Están todas expostas no Instituto, durante a semana faremos as votacións.

27/10/10

A semana do medoooooo!

O Samaín no Carrasco:

20/10/10

Ruth Matilda Anderson

Non deixedes de visitar a exposición fotográfica de Ruth Matilda Anderson na Fundación de Caixa Galicia en Vigo, està ata o 9 de xaneiro 2011

19/10/10

Libro do mes

Reckless. Carne de pedra, de Cornelia Funke


A obra retrata a vida de Jacob Reckless dende o momento en que comete un erro: despois de moitos anos de precaución, seu irmán Will cruzou o espello e foi tras el a un mundo no que os contos máis tenebrosos se volven realidade e no que a maldición dunha fada sementa carne de pedra. Ese mundo foi fuxida e fogar para Jacob durante anos e nel andou por fragas e outeiros na busca de obxectos máxicos para reis e emperadores. Pero cando a pel de Will se transforma en xade, Jacob marcha na procura dunha única cousa: a menciña que salve a seu irmán.


Nesta obra, Cornelia Funke bota man do símbolo do espello , como metáfora de entrada a un novo mundo, a un espazo que atrae e aterra é vez, co que todos, tarde ou cedo acabamos soñando.


Cornelia Funke (Dorsten / Westfalia, Alemaña, 1958) estudou Pedagoxía e Ilustración en Hamburgo. Axiña comezou a traballar como ilustradora de contos infantís para despois escribir para público xuvenil. É autora de máis de cincuenta libros e guións e actualmente vive en Los Angeles. Coñecida como a Rowling alemá e elixida pola revista Times como unha das cen persoas máis influentes do planeta, xa vendeu máis de 14 millóns de exemplares das súas obras, entre as que destaca Tintenwelt (Mundo de Tinta).

16/10/10

Concurso Fotográfico

Lanzamos o noso primeiro concurso. Espero que vos animedes a participar.....


9/10/10

NOVA ANDAINA DO EDL CURSO 2010-2011

O profesorado dinamizador convídavos o próximo mércores a tod@s á reunión informativa sobre as distintas actividades que levará a cabo o EDL (Non esquezades o bocadillo!).

Traede os vosos carnés de A-xentes da lingua.

Poderedes apuntarvos aos distintos grupos: teatro, blog, revista "A Gaivota" e relacións exteriores.

Este curso temos moitas sorpresas. Ata o mércores.




Os/as nen@s da India Tamén cantan en galego......

23/6/10

A revista do IES Monte Carrasco

E por fin xa temos a nosa revista recén saidiña da imprenta, aínda queima.

15/6/10

Estrea mundial "O Imperio contra Paca"

O vindeiro venres 18 de xuño, ás 19:30, estréanse no Auditorio de Cangas dúas superproducións audiovisuais do IES Monte Carrasco:

  • O documental, "Ronseis do salitre", sobre as mulleres da conserva e Massó, realizada no PRIN co alumnado de 1º da ESO polos profesores Rosa, Xaquín e Miguel.
  • A película "O Imperio contra Paca", realizado no Obradoiro de Iniciación ao Audiovisual co alumnado de 3º da ESO baixo a dirección de Miguel, coa colaboración de toda a comunidade educativa e Alféizar como colaboradores de excepción.

Aquí tedes o tráiler da película como aperitivo. Non faltedes!!!


3/6/10

Concurso de Fotografía Tecno-Matemática

A participación no III Concurso de Fotografía Tecno-Matemática foi todo un éxito, non só pola participación (37 fotografías de 22 alumnos), senón pola gran calidade das fotos. Mostra disto foi o axustado das votacións tanto do xurado como do público. Gracias a todos pola vosa participación!!!






Podedes ver os gañadores na páxina do insti: http://centros.edu.xunta.es/iesmontecarrasco/

24/5/10

Roteiro do libro

A semana pasada iniciamos no IES a actividade "O Roteiro do Libro”. Escondemos uns libros polo instituto, e cada rapaz/a tivo que coller un sobre na entrada do centro onde había unha serie de pistas que os levaron aos agasallos. A pesar da dificultade e da calor todo o alumnado atopou o seu libro.



20/5/10

Factorías da Lingua

O alumnado de 1º ESO B participa con este traballo na 2ª convocatoria do Certame "Xentes, espazos e lugares" do Proxectoterra, organizado polo Colexio oficial de arquitectos de Galicia. Con él queremos compartir a nosa visión das xentes, dos espazos e dos lugares do noso pobo, para poñer en valor o seu patrimonio conserveiro ao tempo que recuperar e promocionar o uso da nosa lingua, a lingua de Galicia.


Pantalla completa

13/5/10

Poemas de Uxío Novoneyra

Aquí tendes distintos traballos moi interesantes sobre a poesía de Uxío Novoneyra, como veredes as súas poesías tocaron o corazón de moit@s. Gozádeas!

Na Biblioteca do IES de Arzúa:



Este é un magnifico traballo do ENDL do IES Elviña d'A Coruña



E na Biblioteca do IES de Fene fan estas cousiñas:






Semana das letras galegas 2010 no Carrasco

Espero que participedes tod@s nas distintas actividades


12/5/10

La Ola (Die Welle)


Os alumnos de 4ºA viron hoxe a película alemana La Ola do director Dennis Gansel. Podedes ver a información da película na sú páxina oficial, en filmaffinity. A película está baseada en feitos reais e podedes atopar máis información e reflexións premendo aquí.





Agora toca reflexionar un pouco sobre a película, así que deixade os vosos comentarios. Para que vos inspiredes un pouco, deixo algunhas cuestións:

  • Que che pareceu máis interesante da película?
  • Sénteste identificado con algunha personaxe da película?
  • Comprendes por que algúns estudantes se unen a "A Ola"?
  • Que tiña de malo "A Ola"?
  • Tiña algunha cousa boa?
  • Cres que podería pasar algo parecido no mundo Occidental? E nalgún outro lugar do mundo?

7/5/10

Galegando no IES Pintor Colmeiro

Os do IES Pintor Colmeiro están a última GALEGANDO con Lady Gaga:



Obradoiro de teatro

Seguimos cos ensaios. E esta semana tivemos noticias do CEIP San Roque: creo que xa fixeron os debuxos dos decorados, iremos a buscalos pronto. Tamén nos dixeron que poderemos actuar na semana do 14 de Xuño.

Aí van unhas fotografías dos ensaios:

Campaña desconxele

Reverso Comunicación Cultura e Lingua desenvolve con 2.0 Editora a campaña Desconxele. Este é un proxecto de fomento do hábito lector dirixido a mediadores de lectura (libreiros, bibliotecarios, docentes etc.) que poñemos a andar no Mes das Letras, co obxectivo de implicar a mediadores de lectura na súa función de estímulo do gusto pola lectura.

2/5/10

Caderno de bitácora da excursión a Barcelona

Día 1:
O pasado venres 19 de marzo os alumnos de 4º da ESO saímos, xunto con Álex e Luis, cara Barcelona, cheos de ilusión e ganas de pasalo ben.
Cando chegamos o albergue, no Passeig de Gracia, quedamos abraiados: futbolín na sala común, cíber, habitacións con vistas xeniais… Desfixemos as maletas e saímos dar una volta.
Baixamos polas Ramblas, gozando da alegría que se respiraba aquel venres pola noite, e admirando a tódolos artistas que alí estaban. Chegamos ata o Maremagnum, onde ceamos e tivemos tempo libre. Logo, voltamos ó albergue.

Día 2:
Á mañá seguinte, despois de moi poucas horas de sono, saímos cara ó MNAC (Museo Nacional de Arte de Cataluña), no que tivemos una visita guiada, e ó rematar, fomos comer algo, e pola tarde visitamos a Sagrada Familia, na que algún subimos ata arriba, e logo tivemos algo de tempo libre.
Despois de cear voltamos ó albergue, onde continuamos divertíndonos.



Día 3:
Despois dunha noite algo máis tranquila, a mañá do domingo fomos visitar a Pedrera, que nos sorprendeu polo seu luxo, e despois de andar un pouco máis por Barcelona fomos comer. Ó rematar, voltamos ó albergue a cambiarnos para ir ó Bosc Urbá, un recinto de tirolinas, redes e demais no que o pasamos xenial. Despois regresamos ó albergue, onde ceamos e, despois de moitas partidas ó futbolín e risas, coma o resto dos días, fomos ás habitacións.



Día 4:
O luns pola mañá fomos ao cine Imax a ver unha película en 3D: Wild Ocean 3D, na que algún aproveitou para durmir un rato. Logo comemos polo Maremagnum, onde tivemos tempo libre.
Logo visitamos o zoo, no que vimos un espectáculo xenial de delfíns, e logo miramos algúns dos outros animais (tigres, leóns mariños, elefantes…)
Cando nos botaron de alí, como aínda era cedo e non había ninguén que nos alugase unha barca no lago do parque, fomos ata Monjuic en funicular e teleférico, e alí vimos o castelo por fóra, e tamén os preciosos arredores. Ó baixar perdémonos, e despois de andar durante un bo rato, collemos o bus e fomos ata as Ramblas. Despois de cear, fomos ata ó albergue a preparar a festa de aniversario de Brais, na que o pasamos xenial.



Día 5:
Pola mañá fomos ó Parc Güel, que a todos nos pareceu moi bonito, e no que o pasamos ben escoitando ós músicos e paseando.
Despois fomos comer ao importante restaurante Les 4 Gats, e despois algún fomos dar unha volta por Barcelona en bici, na que o pasamos xenial, e logo tivemos tempo de compras polo barrio gótico antes de ir ver o musical de “Hoy no me puedo levantar” que a todos nos encantou e que nos resultou moi entretido.
Cando rematou o musical fomos cear, e logo de volta ó albergue.




Día 6:

Como último día en Barcelona, pola mañá fomos ó Museo das Ciencias, no que pasamos un moi bo rato, e logo tivemos tempo libre para comer, dar unha volta e facer as últimas compras polas Ramblas.
Pola tarde fomos á pista de xeo do Camp Nou, no que houbo risas, caídas e moita diversión.
Despois fomos comprar uns bocadillos e cara ó Camp Nou, preparados para ver o partido Barça-Osasuna.
Despois fomos para ó albergue, con ganas de pasalo xenial a última noite.

Día 7:
Desgraciadamente, o día da volta chegou demasiado pronto, aínda que iso significase que pasáramos uns días xeniais que nunca esqueceremos.
Pola mañá fixemos as nosas maletas e abandonamos o albergue para colle-lo tren que nos levou ao aeroporto de Barcelona, onde deixamos atrás a cidade que tan bos momentos nos fixo vivir.



Iria Pin

1/5/10

Onde se fala galego?

En Croacia tamén se fala en galego





En Xapón?