1/12/11
29/11/11
28/11/11
23/11/11
Animacións,videos e glosters contra a violencia de xénero
Animación de plastina contra os malos tratos:Olivia y Popeye.
Violencia de xénero on PhotoPeach
Maltrato as mulleres on PhotoPeach
Vía trafegando Ronseis
Vía blog IES Elviña

Carteis 25 de novembro 2011
Aquí vai unha escolma dos carteis presentados para o concurso que temos este ano no IES Monte Carrasco, organizado polo Departamento de Debuxo, o profesor de Atención Educativa e o EDLG. Espero que vos gusten! Mañà poremos a exposición, a ver quen gana.
22/11/11
25 de novembro-Día contra a violencia cara a muller
O Departamento de Orientación proponnos este ano unha serie de actividades para realizar nas titorías:
- Que é a violencia de xénero: mitos e prexuizos
2.-Análise de cancións de amor actuais
15/11/11
12/11/11
10/11/11
Un libro que mete medo
Arrepíos e outros medos é unha recopilación de historias de medo recollidas por moitos pobos de Galicia polos escritores Xosé Miranda e Antonio Reigosa. Lobishomes, pantasmas, a Santa Compaña, meigas e feitizos percorren as páxinas deste libro no que se basean os contos de medo que estamos a ler esta semana na Biblioteca.
9/11/11
Ollos de auga
A novela Ollos de auga de Domingo Villar forma parte dos 5 títulos finalitas que compiten en Suecia polo premio á mellor novela negra traducida en 2010. Un gran éxito para este escritor galego, esperamos que gañe.
4/11/11
Cabazas tuneadas 2011
Aínda que tivemos pouca participación, noraboa a tod@s que fixestes as cabazas tuneadas..... e por suposto a que gañou o premio.......Para a semana esperámovos na Biblioteca nos recreos para o gran espectáculo dos contos de medo, lecturas dramatizadas polo alumnado de teatro de 1º e 2º ESO.
3/11/11
Simbad, no cine

Dende o pasado 28 de outubro pódese ver nas salas comerciais de toda Galiza a longametraxe Simbad, adaptación cinematográfica da obra de Álvaro Cunqueiro: Se o vello Simbad volvese ás illas.
A dirección e o guión da película son de Antón Dobao e entre os actores están Xosé Olveira Pico, Sara Casasnovas, Mariña Sampedro, Luís Castro Zahera e Antonio Duran Morris.
Para máis información, pinchade aquí
2/11/11
Un pouco de música
Velaí tendes a un grupo morracense da miña aldea, cunha canción moi apropiada para o obxetivo deste blogue: sacar a Lingua!
24/10/11
20/10/11
Compoñentes do EDLG-CURSO 2011-2012
Fotografía que fixemos despois da reunión que tivemos no recreo, na que perfilamos os grupos do EDLG.
Aí están tod@s: @s do Blog "A gaivota", @s de Relacións Exteriores e @s da Revista "A Gaivota".
Espero que tod@s participen con moito ánimo en todas as actividades que organicemos durante o curso 2011-2012.
OllO! as próximas celebracións: SAMAÍN, MES DO MEDO NA BIBLIOTECA, MAGOSTO........Hai moitos premios.
BENVID@S A TOD@S!!!!!!!!!!
10/10/11
Convocatoria alumnado
Xa estamos de novo aquí, preparad@s para comenzar un novo curso...............
19/6/11
A revista "A GAIVOTA"
Acaba de saír a revista! Aínda bota fume !
16/6/11
A película do ano
Como todos os anos chéganos a super produción do Obradoiro de Iniciación ao Audiovisual ás pantallas Canguesas. Aí vai o TRAILER.
Non perdades a estrea no Auditorio Municipal de Cangas o Venres 17 de xuño 2011 ás 21h00.
30/5/11
IIIºFestival de poesía do IES Monte Carrasco
Hoxe tivo lugar o IIIº Festival de Poesía, onde o alumnado de 1º e 2º ESO de Teatro recitou poemas de Lois Pereiro, de Eusebio Lorenzo Baleirón, Ana Romaní, Manuel Rivas, Angel González, Paul Valéry, Ana Rossetti, Pilar Pallarés, José Angel Valente, Boris Vian e Giaconda Belli. A nosa lectora de inglés, Karolina Cieslik, colaborou amablemente recitando uns poemas en polaco e alemán de Wislawa Szymborska(Premio Nóbel de Literatura en 1996) e Georg Trakl respectivamente.
Canción gañadora do "IIIºTONADAS +" 2011
A canción gañadora do "IIIºTonadas +" 2011 foi "GA-A-LEGO" de Puto Coke, en 2ºlugar quedou Som do galpóm "QUEDAMOS NESA PRAZA"
24/5/11
Nantes
Onte pola mana o alumnado asistiu a clases, fomos facer un piquenique a un xardin de estilo xapones; despois fixemos unha travesia en barco polo rio Erdre de onde se vian"les follies Nantaises", unha serie de pazos ao longo do rio.
23/5/11
Viaxe a Nantes
O venres o alumnado asistiu a clases; comeu na cantina do centro e pola tarde estivemos en "Les machines de l'Île": unha enorme nave industrial onde un grupo de teatro "Royal de Luxe" fai uns artiluxios mecanicos interactivos, inspirandose na obra do novelista Nantes: Xulio Verne. Ai vai unha mostra: un elefante xigante que andaba polo recinto bufando e cuspindo auga. Os/as nenos/as pasarono en grande.
(Este texto esta sen acentuar porque nos teclados franceses non hai tiles.....)
20/5/11
Intercambio Nantes
O alumnado de 2°ESO de Francés està a realizar un intercambio co Collège Aristide Briand de Nantes, onte estivemos nas famosas vinas de Muscadet, e hoxe recibiunos o Concelleiro de Cultura da vila.
15/5/11
MES DAS LETRAS GALEGAS 2011
Máis poemas de Lois Pereiro recitados por membros do EDLG e membros da comunidade educativa. Moitas grazas pola súa colaboración....

