13/4/08

PRADOLONGO


- O outro día viñeron ao noso instituto nada menos que os tres actores protagonistas, Rubén Riós(Martiño), Tamara Canosa (Raquel), Roberto Porto (Armando) e o director, Igancio Vila, da película de Pradolongo.

Fixeron unha parada na súa xira promocional da película que practicamente chega ata a porta da túa casa para que Pradolongo, feita con baixo presuposto, saia adiante coma calquera outra superprodución.

Con isto queren dar a coñecer que en Galicia tamén hai cine, e que aínda que sexan pequenas cousas, están aí, e non se valoran todo o que debían.Tentan tamén, que todo o mundo coñeza a Galicia rural, a nosa cultura, as nosas festas, a forma de vida, as relación ente nós. Dentro dese ámbito matizanna amizade dos tres protagonistas, como pasan o verán dos 18 anos sabendo que poida que se separen e todos os problemas que traerá o triángulo amoroso no que se venenvoltos os Martiño, Raquel e Armando.





Aquí vos deixamos as dúas páxinas web onde podedes atopar información sobre a película, sobre os personaxes e se queredes estar en contacto con elesdeixádelles algunha que outra mensaxe !

http://www.meupradolongo.com

http://www.pradolongo.net

Animádevos a pisar o cine anque sexa unha vez, para ver na gran pantalla, un cachiño da nosa terra !






Iris Rocamonde

Nieves Rey

Berta Fernández



4 comentarios:

Álex Cortés dijo...

Ese si que é xeito de vender un produto, porta por porta. Nótase cando a alghén lle ghusta o que fai e cre que vale a pena.

Tamén se nota cando veñen os "ghopos", eh? A eses si que lles fasiades caso. Hainos que contratar de profes... claro que entón perderían o encanto ;P

Por serto, pedaso de entrada. Tedes que publicar máis a miúdo, isto si que é calidade.

Héctor dijo...

Pois si, é certo, isto si que é vender o producto porta a porta, pero productos de calidade, non como as aspiradoras esas e as "termomís". Veña, saúdo people!!

HéctoR!^^

Pdrs..] dijo...

Bueno... non estivo mal...

Aqi deixo emu comentario...
Un saudoo

PdRS..]

Bea dijo...

A nos tamén nos viñeron a presentar a película! ten moi boa pinta si! e a banda sonora do mellor! saúdos!